Éxito total no I RallyMix Cuntis V.T.

O cuntiense José Miguel Martínez Barreiro proclamouse campeón do I RallyMix Cuntis Vila Termal na categoría AG1, despois de conseguir un tempo total de 49:51.476.

O dúas veces campión galego de Rally, foi o piloto máis rápido nas dúas xornadas, marcando cada pasada con cadanseu scrach. O segundo clasificado, Abel Jurado Palacio marcou un tempo total de 50:25.952 (+34.476). Pechou o pódium Óscar Añón Sande, que consigueu pechar o crono en 51:54.604 (+2:03.128).

Na categoría AG2 o pódium foi para Daniel Álvarez Rivas, Francisco Cotón Martínez e Luis Caridad Varela. 1º, 2º e 3º clasificado respectivamente.
Na categoría AG3, completaron as primeiras prazas Celestino Iglesias Cores, Pablo Moledo Leal e José Luis Estévez Nieto.
Na categoría AG4, Esteban Pérez Iglesias, Javier Martínez Carracedo e Daniel Martínez Almeida completaron as tres primeiras posicións.
Na categoría AG5 pecharon o pódium José Fernández Gay e Sandra García Cambón, a única muller piloto participante. Este pódium non quedou completo por abandono dos demáis participantes da categoría.

Éxito sen precedentes.

Era a primeira proba realizada pola xoven Escudería Cuntis V.T. e o éxito foi total. Tódolos pilotos loubaron a organización da proba e sobre todo a seguidade da mesma: “moito público e ben colocado”, era a frase coa que remataban as súas conversas a maioría dos pilotos ó finalizar o tramo. Un tramo que calificaron de difícil e técnico, pero moi divertido. A proba rematou sen accidentes destacables e sen feridos.

Pepe e Manuel, as estrelas do RallyMix.

Non hai dúbida;  eles foron as estrelas do RallyMix: o veterano Pepe “Mieres” e o copiloto Manuel Campos Velay, alcalde cuntiense. Ó seu paso, as masas enfervorecidas facían máis ruído que o propio vehículo. Aínda que remataron a proba na última posición da táboa, a 19`37” do seguinte clasificado, cabe recordar que comezaron o día na posición 42 e mellorando os seus tempos, pasada tras pasada. A culpa do descalabro final foi dunha saída de pista na derradeira pasada, na que ademáis do susto, Pepe e Manuel, perderon moito tempo. Aínda así, o alcalde cuntiense quixo engadir para ledicia dos presentes, que: “nesta última pasada disfrutamos ó máximo, xa que a pista estaba moito mellor e Pepe, no fondo, ten unhas mans de ouro. Ir de copiloto de Pepe é unha experiencia única e irrepetible da que me sinto moi orgulloso”

Sen descanso.

Pero non todo rematou despois da entrega de premios. A escudería Cuntis V.T. consciente da suciedade e dos males causados nos viais, está a levantar acta dos desperfectos causados. Aprobeitan tamén para recoller os 26km de cintas de seguridade e a basura desperdigada polo tramo. Neste sentido, o rexedor cuntiense aclarou que mañá luns a primeira hora, os operarios do concello pasarán recoñecemento ó tramo para arranxar posibles desperfectos.

 

I Rallymix Cuntis Vila Termal, organizado polo Excmo. Concello de Cuntis e a Escudería Cuntis V.T.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: