Grandes Pilotos: #1 Ari Vatanen

Arrancamos unha serie de entradas dedicadas a grandes pilotos da historia dos Rallyes. Para seguir un orde,  irán aparecendo alfabéticamente.

Hoxe:  ARI VATANEN.

ari-vatanen-miticos-coches-grupo-b_5.jpg

 

Ari Pieti Uolevi Vatanen, naceu no ano 1952 e foi un dos grandes dentro do famoso Grupo B. Conseguiu o  título de campeón no 1981…Gañou o Rally Dakar en catro ocasións: 1987-89-90 e 1991, sumando máis de 50 victorias de etapa. Gañador do Campeonato Británico de Rally en dúas ocasións, 1976 e 1980… e  tamén foi moi famosa a súa participación na Pikes Peak International Hill Climb. (fonte: Wikipedia)

Famoso foi tamén o seu accidente no Rally de Argentina en setembro do 1985.

Este fenómeno, que xa pasou incluso polo parlamento europeo como diputado, foi protagonista dunha serie de videos que pasaron á historia do mundo do motor.  Nós escollemos 4. Amárrate que veñen curvas!

#1 Ano 1983. Daquela non había Go-Pro. As cámaras eran enormes e utilizábanse cintas para grabar. Aínda así, as imaxes son espectaculares. Ari Vatanen montado nun Opel Manta… medidas de seguridade? Casco.

#2  Ano 1991. Para os afeccionados á F1, o adiantamento máis famoso pode ser o de Senna a Mansel no GP de España no ano  1991 (Ver vídeo<–), pero os afeccionados ó Dakar quedámonos co adiantamento que o holandés De ROOY lle fixo  ó mesmísimo Ari Vatanen. Sitúate: ano 1988 (xa naceras?) Deserto de Mauritania. Un camión arráncalle as pegatinas a un PEUGEOT 405.

Que non é que o PEUGEOT correra pouco… é que o DAF de De Rooy era un “mostrenco” con dous motores, que pasaba de 1000cv e alcanzaba fácilmente os 200km/h.

#3 Ano 1990. Ari Vatanen participa na famosa Pikes Peak, montado no seu sempiterno PEUGEOT 405 T16.  Esta película de pouco máis 5 min, gañou moitos premios de cine internacionais. No seu momento foi o máximo: varias cámaras interiores, exteriores, planos con helicóptero…  Os vídeos de youtube de hoxe en día, son os netos de este.

#4 Ano 2015. Como dixemos, o vídeo anterior, acadou moitos premios internacionais e forma parte da historia do motor…  anos despois, no 2015, fíxose unha homenaxe a esta película xuntando a Loeb, Vatanen e os dous Peugeot 208 T16 e Peugeot 405.

Enjoy!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: