Hoxe en día, cada vez que hai unha competición automobilística, aparecen ó momento cantidade de videos sobre a proba en cuestión. Algúns teñen un toque profesional, cunha edición potable, boa música e incluso voces en off… e ollo, porque grabar un tramo, editalo e subilo son moitas horas de traballo que se “regalan” para disfrute dos demáis. Así que cando vexades algún video destes, “porfa”, polo menos dádelle ó like para valorar dalgún xeito as horas de curro que non se cobran.
Dito isto -e vaia por diante a miña* admiración a todas esas persoas que se adican a grabar nos rallys e a ofrecernos gratis o seu producto- cando aparece algo distinto, algo feito doutro xeito, algo con carisma, quedamos todos coa boca aberta. Ese efecto solo se consegue cunha cousiña chamada guión.
Non é o mesmo mostrar imaxes que se filman e montan a modo de testimonio (que repito, é de agradecer e alabar) a xuntar imaxes e contar “algo”, unha historia… e aínda por riba, contalo ben e con gusto. Iso só se consegue cun bo guión… e para facer un bo guión hai que gastar mooooitas horas revisando imaxes e poñendo a traballar a tuneladora da cabeza.
O amigo Andrés mandounos hoxe un enlace de youtube… pero menudo enlace! Rally, The Great Aventure. Un documental de hora e media de Antti Kalhola donde se recolle parte da historia do noso deporte favorito.
Así que señoras e señores, póñanse cómodos, collan o seu refrixerio favorito, apaguen as luces, o teléfono, deiten os nenos, arromben os animáis… e a disfrutar.
*Esta é unha opinión persoal de Damián Cortés. A Escudería Cuntis V.T. non se fai responsable das “idas de olla” deste elemento.