Mieres e Calvo gañan no RallyMix A Gudiña 2017

Menudo idilio coa boa sorte estamos vivindo na Escudería Cuntis V.T.

Fai uns meses contabamos en directo o segundo posto de Marcos e Sergio no Rally de Noia. Despois, vivimos a victoria de Fran Pazos na subida a Oia (que non é membro da escudería, pero case)… e esta fin de semana vibramos na distancia con Neno e David na Agr2.

Ardía o grupo de Whatsapp da Escudería, mentres Jose Antonio, Sergio, Andrés e Marcos ían mandando noticias. O amigo Sierra da Esc. Charly Romeo, pedindo os tempos coma se dun WRC se tratara, e outros, comendo as uñas ó borde do infarto.

Comezou a fin de semana con Fran Pazos, Marcos Maceiras e o “Neno” cargando os trastes para enfilar rumbo á Gudiña: “se non gañamos, polo menos papamos un chuletón”. Esa era a premisa; pasalo ben e desestresarse a golpe de acelerador.

Sábado: “Neno” e David, rematan a primeira pasada no tramo ourensán da Gudiña en segunda posición, por detrás de “Tini”. Continuaron así nas dúas restantes pasadas do sábado. Sempre en segunda posición.

Mentres tanto, chegaban as primeiras imaxes do “gomazo” de Daniel M. e Álvaro G. Parece ser que deron unhas cantas voltas de campana… a pesar de todo esto, arranxaron o coche pola noie e participaron na xornada do domingo. Noraboa rapaces e moito ánimo!

Domingo: “Neno” e David comezaron a primeira pasada do domingo correndo coma avións, pero no medio da pista atoparon a “Tini” parado, polo que tampouco puideron marcar tempo. Quedaba todo para a derradeira pasada… que emoción! Ardía o grupo de Whatsapp… parecía un “chat caliente” A todo esto, tamén estabamos pendentes do amigo Moledo, da Agr3, que ía en 2ª posición.

Entra “Tini” e Sierra canta os tempos: 9:15.456. Vai andar xusta a cousa. “Neno en meta!” apunta Merchi, vice-presidenta da Escudería e irmán do “Neno”. Mentres tanto, o noso corresponsal de guerra, o copi Sergio, envíanos este video:

Van como cazas de guerra! Tempos, tempos, tempos… “PRIMEIROS Agr2!” canta Sierra no chat. Toda a escudería eufórica! mimadriña… ían papar un chuletón, e os tipos gañan.  Estou empezando a pensar que me toman o pelo… eso, ou que esta escudería da sorte. Case prefiro quedarme coa segunda. Noraboa, rapaces!! 

PD: Noraboa tamén ó amigo Moledo, gañador da Agr3 e á escudería HC. Os que por alí andiveron, comentan que a organización do RallyMix estivo de 10.

IMG-20170604-WA0010

Unha opinión sobre “Mieres e Calvo gañan no RallyMix A Gudiña 2017

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: