Rally Narón 2017

Se a semana pasada foi Ourense, a que nos fixo vibrar coa 50º edición do seu Rally, este fin de semana tócalle o turno a Narón, que tamén está de aniversario coa súa 30º convocatoria.

O Venres 16 comezarán as verificacións xa pola mañá. A partir das 16:30 celebrarase unha ceremonia de saída no Centro Comercial Odeón e ás 19:45 haberá  un tramo espectáculo xunto ó Pazo de A Cultura. O sábado será cando se decida o gañador desta edición, despois de disputarse os tramos. carteldescarganaron.jpg

Se queres ter unha boa guía de horarios e tramos, recomendámosche a lectura do último artigo de Pé á Chapa. Neste enlace tes todos os detalles do Rally de Narón <–

Como non podía ser doutro xeito, a Escudería Cuntis V.T.  tamén terá representantes nesta proba, que por certo, chegou ó tope da Federación Galega de Automobilismo: 150 participantes.

Falamos de Marcos Maceiras e Sergio Iglesias. Os cuntienses, intentarán ratificar o seu 2º posto no Rally de Noia. Deixámosvos aquí a ámara interior gravada durante a súa participación no I RallyMix Cuntis Vila Termal.

Unha opinión sobre “Rally Narón 2017

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: