Documental. Rally The Great Aventure

Hoxe en día, cada vez que hai unha competición automobilística, aparecen ó momento cantidade de videos sobre a proba en cuestión. Algúns teñen un toque profesional, cunha edición potable, boa música e incluso voces en off… e ollo, porque grabar un tramo, editalo e subilo son moitas horas de traballo que se “regalan” para disfrute dos demáis. Así que cando vexades algún video destes, “porfa”, polo menos dádelle ó like para valorar dalgún xeito as horas de curro que non se cobran.

Dito isto -e vaia por diante a miña* admiración a todas esas persoas que se adican a grabar nos rallys e a ofrecernos gratis o seu producto- cando aparece algo distinto, algo feito doutro xeito, algo con carisma, quedamos todos coa boca aberta. Ese efecto solo se consegue cunha cousiña chamada guión.rally the great.jpg

Non é o mesmo mostrar imaxes que se filman e montan a modo de testimonio (que repito, é de agradecer e alabar) a xuntar imaxes e contar “algo”, unha historia… e aínda por riba, contalo ben e con gusto. Iso só se consegue cun bo guión… e para facer un bo guión hai que gastar mooooitas horas  revisando  imaxes e poñendo a traballar a tuneladora da cabeza.

O amigo Andrés mandounos hoxe un enlace de youtube… pero menudo enlace! Rally, The Great Aventure. Un documental de hora e media de Antti Kalhola donde se recolle parte da historia do noso deporte favorito.

Así que señoras e señores, póñanse cómodos, collan o seu refrixerio favorito, apaguen as luces, o teléfono, deiten os nenos, arromben os animáis… e a disfrutar. 

 

*Esta é unha opinión persoal de Damián Cortés. A Escudería Cuntis V.T. non se fai responsable das “idas de olla” deste elemento.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: