I Carreira de Rolos en CUNTIS.

 

IMG-20170726-WA0010.jpg

En colaboración co Concello de Cuntis en calidade de organizador, ofrecémosvos a I Carreira de Rolos de herba seca. Ollo ó piollo!

✓Equipos de 3 persoas maiores de idade

✓data límite de inscrición 14 de agosto ás 20:00h

✓límite 24 equipos!!

I CARREIRA DE ROLOS de HERBA SECA <- descarga o reglamento antes de anotarte!!!

XII Slalom Concello de Valga

Memorial Xosé R. Santos.

Como di o título, este fin de semana celébrase en Valga -Pontevedra- o XII Slalom Concello de Valga, proba puntuable para o Campeonato Galego de Slalom. A proba está organizada pola Escudería Charly Romeo, á que desde aquí, lle dexexamos o maior dos éxitos.

Ollo porque nesta proba teremos representantes: Pepe “Mieres” e o seu fillo José Manuel “Neno”. Pepe, que é amante dos Slaloms desde moi novo, foi un dos armadanzas daquel Slalom que antigamente se facía no Campo do Barazal, en Cuntis.

Aquí vos deixamos un video da edición do ano pasado e tamén o cartel e os horarios. Enjoy!!

 

Ford Fairlane Sunliner 1955… en CUNTIS!

A ver cómo vos explico eu esto, sen que notedes como se me iluminan as pupilas cando o recordo. Resulta que o sábado, grabando un vídeo cos compañeiros da Escudería Cuntis V.T. (para algo que coñeceredes en breve), xusto ó final da tarde, cando entramos nunha casa a facer unha das últimas tomas, aparece isto:

Ford1.jpg

Un Ford Fairlane Sunliner producido no ano 1955-56 nos EE.UU.  Pero ollo, que aquí ven a noticia: eu preguntei coa cara iluminada coma un gusiluz, que como era posible que iso estivera ahí…

Seguir lendo “Ford Fairlane Sunliner 1955… en CUNTIS!”

Videos Subida a Chantada 2017

Este fin de semana celebrouse a Subida a Chantada 2017, que xunto coa da Estrada é unha das favoritas dos afeccionados. O gañador foi Andrés Vilariño, que pulverizou as anteriores marcas e fixo un “total” que seguramente pasará a historia: 1:44:615 Leer crónica completa en DenegaGT <–

A nada que busquedes por internet, atoparedes crónicas, fotos e videos por todos lados. Nós deixámosvos dous vídeos que nos gustaron bastante.

A cámara on board de  Alejandro Fraguas e o seu C2 (con Alejandro xa correu no Rally de Ourense acompañado polo noso copi Sergio Iglesias)

E o video resumen da edición 2017, elaborado por Moucho Racing. Enjoy!

Condado 2017. Onboard TC6

Seguimos saboreando o 2° posto de Marcos e Sergio no #RallySurDoCondado. Hoxe deixámosvos o vídeo a bordo do Tc6, donde os nosos rapaces acadaron un tempo de 8’13”624, colocándose no 8° da xeral, 1° da Agrupación4 e 1° da AMF.

E para rematar, un resumen do Condado feito por Moucho Racing. Enjoy!

Condado 2017

Que sí, que xa está aquí o Rally Sur do Condado 2017. Dentro de unhas horiñas de nada (o que dura un Luar, dous LandRober e catro telexornais), arranca o primeiro coche do parque pechado en Salvaterra. Concretamente ás 7:30 da mañá.

E alá están xa os nosos rapaces, Marcos e Sergio, que con máis cabeza que coche, intentarán de novo subir ó podium da copa AMF.

IMG-20170707-WA0020

Non estaba nos seus plans correr no Condado, pero os tipos están nun momento tan especial, cunha compenetración tan apaixoante, que decidiron correr este fin de semana para seguir pola senda dos bos resultados. E se non hai bo resultado, polo menos pasalo ben e non levar un golpe.

De entrada xa nos mandaron a foto da cena… Non é a máis recomendada para dous deportistas, pero seguro que lles prestou que nin o demo. Enjoy, pinflois!

IMG-20170708-WA0001

 

Marcos e Sergio ó Condado 2017

2017_placa

Marcos Maceiras e Sergio Iglesias suman e seguen: despois do seu segundo posto en Noia e Narón, agora intentarán repetir unha boa actuación no Rally Sur do Condado 2017.

2017-07-06-22-38-02.jpg

Neste fin de semana intenso no mundo do Rally en Galicia (coinciden Ferrol e o Condado) Marcos, Sergio Iglesias e a súa sartén con rodas, serán de novo os representantes da Escudería Cuntis Vila Termal nesta nova edición do Rally Sur do Condado. Ata alá desprazarase unha recua de amigos capitaneados por Toño “Tranganillo”, para animar ós nosos rapaces. Ollo, porque desta volta a motivación é extra, xa que os nosos intrépidos aventureiros queren adicarlle o rally a unha persoa moi especial da Escudería.

2017-07-06-19-13-42
Foto: Crono Motor

Enjoy, pinflois! Disfrutade, facédenos disfrutar!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑