Ford Fairlane Sunliner 1955… en CUNTIS!

A ver cómo vos explico eu esto, sen que notedes como se me iluminan as pupilas cando o recordo. Resulta que o sábado, grabando un vídeo cos compañeiros da Escudería Cuntis V.T. (para algo que coñeceredes en breve), xusto ó final da tarde, cando entramos nunha casa a facer unha das últimas tomas, aparece isto:

Ford1.jpg

Un Ford Fairlane Sunliner producido no ano 1955-56 nos EE.UU.  Pero ollo, que aquí ven a noticia: eu preguntei coa cara iluminada coma un gusiluz, que como era posible que iso estivera ahí…

de entrada sorprendeume que todo o mundo o sabía (todo o mundo menos eu, claro) e o mellor de todo foi a explicación do dono: “eso? ah, si… un Fairlane dos que eran escolta de Franco. Era descapotable… pero un carrocero pasoumo a fúnebre, porque a caixa de cambios automática era boísima para os enterros”. -O QUE?? (preguntei eu mentres disparaba fotos), -si home, contestou o propietario: “este compreino nunha subasta do Gobierno de Franco. Era un Fairlane descapotable que participaba nas  escoltas”. -E como o tes aquí?, seguía eu co meu particular interrogatorio. -“Pois porque me gusta…  e téñolle cariño”.

Puxémonos a investigar e de entrada xa apareceu isto. Un anuncio en Milanuncios, donde xa se vendera outro… por tanto, aínda que non sabemos cantos Fairlane tiña a escolta do dictador, sabemos que como mínimo, dous deles foron parar a Galicia. milanunciosford.jpg

“Se le desmontó el blindaje” reza o anuncio… no de Cuntis creemos que tamén se lle desmontou, xa que a blindaxe era cara, pesada e aumentaba moito o consumo do motor. Atención ós números do bicho: 4.8L V8 a gasolina con carburador de dúas cubas (o que chupa esto non debe estar nos escritos).

Seguimos investigando. Buscamos fotos da escolta de Franco para corroborar a explicación. Bingo:

Si, xa sei que non son as mellores fotos, pero coinciden coa explicación que nos deron.

Alucinante, ou polo menos a min parécemo. Ainda que o coche non formara parte da escolta do dictador, seguiría sendo fascinante.  Mirade que elegancia nos embellecedores e nos emblemas: sunliner.jpg

Por non falar do interior, con ese toque de verde na tapicería estilo anos 50 e o asiento corrido. Nena, imos ó autocine?  fordinterior.jpg

A estas alturas, máis de un (ou de unha) xa suspirou profundo 3 veces. Queredes ver o bicho de 4.500cc, V8? aquí está: Motor ford.jpg

E a pregunta do millón: como sería totalmente restaurado? Tal que así: 445d31a6ce39ff0c4f5106b77a0f9eea.jpg

Aaaaaai… que cousas ten a vida. Para rematar, aquí vos deixamos o anuncio para tv que promocionaba este espectacular Ford… Por certo: restauradiños andan nos 70.000€.  Enjoy!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: