Viva a carreira de ROLOS!!

Estamos na resaca dos rolos, e a nós que nos doe todo o corpo, tócanos agradecer o bo traballo de moita xente, así que ahí vai:

Gracias ós participantes. Estiveron á hora que se lles pedíu (e moitos viñan de lonxe), acataron as normas e respetaron ós rivais, á organización e ó público. Gracias ós nosos amigos Daniel Iglesias (Sonido) e Alberto Torres (EneA Fotógrafos). Sodes grandes. Gracias tamén á Comisión das festas e a Alfonso Iglesias, que estando convalecente veu darnos ánimos e botar unha man.

IMG-20170815-WA0021
2º- Os Escornabois.      1º- Puente2.         3º Enrólate.

Gracias ó publico asistente, que abarrotou a vila de Cuntis durante as dúas horas que durou a competición. Disque os coches chegaban ó Carrapucho…

(NOTA para os foráneos: en Cuntis, para medir o éxito dun evento, medimos o espazo utilizado polos coches tomando como referencia os bares da circunvalación: O Foxos, o Iowa, a antiga “Casa España” e o Carrapucho, sendo o Carrapucho a nota máis alta nunha escala do 1 ó 10. A última vez que pasou tal cousa, foi nunha actuación da PANORAMA, que por certo, tamén naceu en Cuntis.)

IMG-20170815-WA0017

Gracias ó Concello de Cuntis, Diputación de Pontevedra e Protección Civil de Cuntis, Catoira, Valga e Moraña e á Escudería Charly Romeo. O traballo da nosa escudería non se podería levar a cabo sen eles.

Gracias ós patrocinadores: Traballos Agrícolas Puente, Contratas Manuel Formoso e Central Lechera Gallega, Agrícola e Ferretería Mieres, que sufragaron os premios e aportaron materiais.

Gracias tamén ós medios de Comunicación, que estaban tan “a tope” coa competición de Rolos, que nos chamaron nada máis rematar a carreira.  Aquí vos deixamos as fotos e enlaces que atopemos a partir de agora. Videos? no Facebook da Escudería Cuntis V.T. 

http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20170816inf/4167039/?media=tve  

http://www.motorgallego.com/noticia.asp?idno=3811&se=OPINION

http://pontevedraviva.com/xeral/38937/cuntis-i-carreira-rulos-herba-seca/

https://www.lavozdegalicia.es/video/pontevedra/2017/08/15/rolos-cuntis-adelante-media-tonelada-hierba-seca/0031_2017085541723321001.htm

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/08/16/cuntis-divierte-carreira-rolos/1734082.html 

Unha opinión sobre “Viva a carreira de ROLOS!!

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: