Mieres Vs Maceiras: duelo fraticida.

A historia do automobilismo está chea de grandes duelos. En F1 a cousa vai así: Alain Prost Vs Airton Senna. Senna Vs Schumacher. Schumacher Vs Alonso. Alonso VS Hamilton… sigo? Igual pasa coas marcas de coches. 24h de Lemans: Ford Vs Ferrari. Ferrari Vs Peugeot. Toyota Vs Porsche.  Tamén no apaixoante Paris/Dakar: Citroën VS Mitsubishi… ou últimamente MINI vs Peugeot. Nas motos: Pedrosa Vs Lorenzo. Lorenzo Vs Rossi. Rossi Vs  Márquez. Ducati Vs Honda. Honda Vs Yamaha… máis? Nós en Galicia tamén tivemos o tridente Villar Vs Bamarti Vs Senra… que tempos!

No cine tamén temos varias referencias: Dark Vader VS Han Solo. Batman VS Joker. Daniel San Vs Equipo Cobra Kai. Rocky Vs Drago… tantos e tantos duelos históricos.

Pois queridos amantes do motor, preparádevos porque este tamén vai ser épico:

Próximo Rally Ribeira Sacra! David e Mieres VS Sergio e Maceiras. Dous equipos da mesma escudería enfrontados nun duelo fraticida.

A cousa empezou coma sempre, con frases como:

-da igual o coche que teñas… te papo!!

-Que dirás tí… que cando ti naciches eu xa era campeón da copa Driver!

Son coma nenos… e a cuestión chegou a tales extremos, a tales afrontas  e desplantes, que para saber qué equipo é máis completo, teremos que desprazarnos en masa á Ribeira Sacra.  Aquí xa non importan copas, xa non importan clasificacións, isto é algo personal e hai que arranxalo coma cabaleiros: nun duelo no asfalto donde o resto dos participantes, tan só serán espectadores.

O mestre quérelle demostrar ó alumno que aínda ten moita grava que morder. O alumno querelle demostrar ó mestre, que os seus tempos xa pasaron. Mimadriña como se poñen as cabezas!! eso si, pero sempre de bo rollo (que isto non é o futbol), e recordando que o importante é pasalo ben e non levar un golpe.

E vós que opinades? Quén gañará, o mestre, ou o alumno?

Maceiras Vs Mieres

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: