Ilusión en vena

Atrás queda xa o Rally Ribeira Sacra, un rally no que tiñamos grandes espectativas: Por un lado, esta proba servía como termómetro ó estado de forma de Mieres/Calvo, xa que levaban 2 anos sen disputar un rally do campeonato galego. Por outro, pretendía ser o asalto definitivo de Maceiras/Iglesias á copa AMF… Ou polo menos, intentar ganar un rally. Para darlle máis emoción, os dous equipos airearon publicamente un pique entre “irmáns”… tonterías para rir mentres se comparten unhas estrellas.

O día comezou moi ben, con Marcos/Sergio mandando na copa AMF e Mieres/Calvo defendéndose de maravilla. Todo era idílico para nós… Incluso varias webs como Pé á chapa, ou Motor Gallego (non podemos citar a todos, non nos chega a páxina XD), estaban moi pendentes do que sucedía. Marcos e Sergio rodaban rapidísimos, tal e como demostra a súa cámara a bordo:

A sorpresa chegou de súpeto, tal e como aparecen as malas novas: “Salímonos. Estamos ben”, escribía o copi Sergio no grupo de whatsapp da escudería. Xerra de auga fría para tod@s. “Ánimo rapaces!”, “Sodes grandes!” Chovían mensaxes de ánimo un detrás do outro.

img-20170924-wa0016.jpg

Pé á chapa publica as imaxes do accidente e toda a Escudería aguanta a respiración. Como é posible que esta saída só quedara nun susto? “Cosas veredes, amigo Sancho”, decía o Quijote.

A saída non só provocaba desánimo na Escudería… Imaxinadevos a cara de Mieres/Calvo ó ver o 106 de Marcos/Sergio na cuneta. Aínda así, seguiron dando gas e acabaron remontando 15″ no último tramo. Grandes!

IMG-20170923-WA0000.jpg

Mieres e Calvo remataron o rally, ganaron o particular duelo e salvaron os mobles da escudería.  Pero a posición non importa… A nós polo menos. Non somos unha escudería de grandes presupostos e infraestrutura infalible. Non aspiramos a grandes trofeos, nin a  titulares na prensa… Pero somos ricos en soños e ilusións. E mentres soñamos, seguimos vivos.

Así que esta mensaxe vai para os dous equipos: nunca deixedes de pisar o acelerador da ilusión que corre polas nosas venas. Nós seguiremos animando desde as cunetas.

Gracias.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: