“A subida é o de menos.”

Este fin de semana celebrouse a XXII Subida á Estrada con éxito rotundo de participación e espectadores. O tempo foi espectacular: ceos completamente despexados e sol radiante. Calor no asfalto. O público era moi numeroso e estaba  ben situado. Incluso a Escudería Estradense colocou unhas esqueiras de madeira para facilitar o acceso ós sitios altos. Todo un detalle que marcará época. escaleiras.jpg

Había emoción pola resolución do Campeonato Galego de montaña. Radio Estrada e todo o equipo do amigo Alberto Pérez, informaban puntualmente dos tempos e facían entrevistas a pé de pista. Senra e Carradedo loitaban pola primeira posición en carrozados e o noso Marcos Maceiras levantaba aplausos ó seu paso polo tramo… Todo rodaba á perfección.

Pero na madrugada do domingo, a eso das 4 da mañá saltaba a lebre: “malas novas: hai unha mancha de aceite de 2 km polo tramo.” Nerviosismo, carreiras, chamadas de teléfono… coa saída do sol, compróbase a magnitude da desfeita. aceite.jpg

Sen dubidalo, póñense mans á obra e movilizan a un equipo de autobombas de protección civil da Estrada para limpar o tramo desde a primeira raiola do sol.

Un equipo da escudería dedícase á limpeza, mentres outro se reune cos pilotos para intentar buscar unha solución: acortar o tramo a 3km e escoller de cada piloto, os mellores tempos de sábado e domingo. Con todo o mundo de acordo, reanúdase a subida. 

A subida celebrouse e  houbo ganadores…  pero nesta subida solo houbo un equipo perdedor:  o inconsciente que pensou que por manchar un tramo con aceite, conseguiría botar abaixo unha proba tan especial como é a subida á Estrada.

Tal e como dixeron os membros da escudería Estradense, a subida é o de menos. Os responsables deste acto vandálico (ó mesmo tempo que delito ecolóxico), derramaron o aceite sen ter en conta que calquera persoa allea á subida, podía circular a esa hora e levar un golpe. Imaxinades por un momento, que alguén que circulase por esa vía, sufrira unha saída e morrera no golpe? 

A media tarde do domingo, xa se empeza a falar da aparición dun bidón de 1.000L abandonado nunha pista que une A Estrada con Cuntis. Pola tarde, en twitter xa rulan as fotos do mesmo. Screenshot_20171008-203725.png

Pode que sexa o bidón do delito, ou pode que non… de averigualo, xa se está encargando a Garda Civil, o SEPRONA e resto de autoridades competentes. De entrada, estariamos falando presuntamente,  dun acto cometido con nocturnidade, premeditación e mala fé. Porqué premeditación? porque o trazado da mancha da a entender, que quen o fixo utilizou un remolque e fíxoo ás presas, xa que trazou coma se fose correndo. Poderíamos incluso pensar nunha persoa que trasladaba un bidón de 1.000L ás 3-4 da mañá (raro), que lle rompeu polo camiño e ó asustarse foino tirar ó monte…  pero os indicios, a simple vista, non apuntan a iso. Semella unha sabotaxe en toda regla.

Se chegaches lendo ata aquí, deixanos comentarche agora o noso sentir como Escudería amiga da Escudería Estradense:

A preparación dunha proba automobilística conleva un traballo que non está pagado, pode xerar tensións entre amigos e acarrea discusións na casa. As persoas que conforman unha escudería traballan de forma desinteresada durante todo o ano para sacar a diante unha proba que obtén sempre un retorno económico na vila, aínda que eles nunca vexan un peso.

Os membros da Escudería Estradense traballaron a reo durante a noite do venres, para entre outras cousas, cravar máis de 1.400 estacas e sinalizar zonas prohibidas con máis de 21.000M de cinta. Repartiron extintores polo tramo, colocaron escaleiras para o público e posiblemente xuntaron a máis de 20.000 persoas para ver a 54 participantes.

Se o “lumbreras” que artellou semejante crime ecolóxico, pensou que derramando uns 200L de aceite ía parar o traballo e o esforzo de 120 persoas e sobre todo, que ía quedar impune, está moi enganado. A estas horas xa están revisadas tódalas cámaras de seguridade da Estrada e posiblemente nos vindeiros días, os responsables de tal fechoría pasen polo xulgado a declarar.  Hai indicios, hai restos de aceite, hai marcas de neumáticos…  Non fai falta ser do CSI para elaborar unhas conclusións. De tódolos xeitos, confiamos na Garda Civil e no seu traballo. Só é cuestión de tempo.

Noraboa á Escudería Estradense por levar a cabo a XXII Subida á Estrada, posiblemente, a máis fermosa, técnica e emocionante de todo o campeonato galego de Montaña.

PD:  o noso Marcos Maceiras conseguiu o 1º posto na AG4 e a Pos. 12 na Xeral. #SarténGanadora!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: