D. Álvarez e A. Vázquez: victoria en Barbadás e Campionato!

De entrada, deixádenos mandarlle unha aperta ben forte e a nosa sincera noraboa á Escudería Barbadás. Según os amigos que pasaron por alí este fin de semana, TODO FOI PERFECTO e o cambio de sentido do tramo, disque foi un acerto. Noraboa, compañeiros!

Como xa sabedes, o campeonato gañouno o asturiano Abel Jurado. Felicidades guaje, esperamos verte de nuevo por Cuntis!

Pero imos ó noso: como membros que son da nosa escudería, queremos facer mención especial a Abraham Duarte e ó seu copi Adrián Abal. Participaron a bordo do 205 do amigo Moledo e estiveron dando guerra todo o finde. De feito, remataban o sábado 1º da Agr3, 6º en carrozados e 2º na copa Pirelli K6. Lástima dun taco motor que rompeu, meteuse no medio da correa da transmisión e fixo unha desfeita na mecánica… Cabeza alta, rapaces!

IMG-20171105-WA0004
Foto: Sergio Iglesias (Esc. Cuntis V.T.)

E agora, turno para Daniel Álvarez e Adrián Vázquez: atacaron fortemente durante todo o fin de semana (máximun attack, que din os modernos) para conseguir ser 1º Agr2, 1º Pirelli K6 e 2º de carrozados. E ademáis, CAMPEÓNS na súa Agr. NORABOA!! 

Dito esto, atrás queda xa o Campeonato Galego de RallyMix 2017. Un campeonato que deixou moi bo sabor de boca, pero que tan solo contou con 4 probas, entre elas, a nosa. Unha pena, porque modalidade de RallyMix (30% asfalto -70% terra) ten moi boa acollida na afición e os pilotos que proban, repiten.

Desde a nosa posición de novatos na organización dunha proba deste estilo, animamos ó resto de escuderías galegas a montar o seu propio RallyMix.

Senón, non imos ter máis remedio, que facer nós dúas probas anuais. E non hai corpo, nin familia que o resista.

Era broma! enjoy!

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: