Proxecto Rally 2018

Moitos foron os rumores destas últimas semanas cando se publicou que tanto Maceiras como Mieres vendían os seus coches. Incluso se chegou a falar de que Mieres mercaba o R2 para poñelo en mans de seu primo Maceiras… (moito vos traballa a cabeza), que como idea non está mal, pero deportivamente falando, o equipo Mieres/Calvo aínda ten moito que decir.

Veredes, nós encaramos o 2018 con moitísima ilusión:  enfrentámonos á segunda edición do noso RallyMix e estamos traballando a reo para confirmar que o noso nin é flor  dun día, nin pararemos no RallyMix (Subida, Rally?… Xa se verá). De entrada, xa sabedes que esto non é posible sen patrocinadores. Para eles, o noso máis sincero agradecemento.

Dentro da nosa escudería temos equipos moi diversos que seguramente darán que falar neste vindeiro ano:

  • Abraham Duarte e Adrian Abal seguirán co seu periplo polo campeonato de RallyMix, a igual que o Campeón J. M. Bamarti.
  • Marcos Maceiras e Sergio Iglesias seguirán dando caña coa súa #SarténVoladora…  ojito porque preparan unha decoración do seu Peugeot 106 que dará moito para falar.
  •  J. M. Pazos “Mieres” e David Calvo intentarán adaptarse rápido ó seu Fiesta R2, para facer un bo papel no Campeonato Galego de Rally.
  • Por non falar, da posibilidade de que no II RallyMix de Cuntis, o veterano Pepe “Mieres” corra co Fiesta R2 de seu fillo… “Está tirado! é máis facil levar o Fiesta que o 206… home, corre bastante máis o Peugeot!” decíanos onte á noite.

Nós iremos informando dos plans dos nosos equipos e tamén das probas nas que participen. Seguiremos brindando o noso apoio e colaboración ás probas realizadas polos veciños do Slalom Valga e a Subida á Estrada.

O amigo Maceiras xa confirmou que participará en varias Subidas de Montaña e no Campeonato Galego de Rally. Mieres/Calvo participarán nalgunha proba do territorio nacional antes de que acabe o ano para poder ir adaptándose ó Fiesta R2. Moi posiblemente, Bamarti e Duarte/Abal, participarán no II RallyMix… en definitiva, que o 2018 preséntase animado e nós estamos aquí apoiando para disfrutar e sobre todo para soñar. Atrevédesvos a soñar con nós? (en camas separadas, claro).

PD. Onte celebramos o bautizo da #Freidora de Mieres/Calvo. O flamante Fiesta R2 que en breve poderedes ver nalgunha proba. Deixámosvos unhas fotos:

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: