O SEAT 124 de Pepe Mieres.

Esto que vos contamos hoxe non é unha entrevista. É a reproducción dunha simple conversa con Pepe; o noso Pepe Mieres. Unha conversa acompañada dun pitillo e o xesto de refregar unha man contra a outra tan habitual do noso amigo.

Venres 10 de novembro. 9 da noite. Quedaramos tod@s no garaxe de Mieres para ver o novo Fiesta R2. Entre caras de admiración e comentarios sobre a nova montura, eu escoitaba espectante as opinións dos entendidos na materia:

-corre menos que o 206…

-sí, pero ten mellor paso por curva.

Os nenos e as nenas presentes, suben ás baquets do Fiesta e simulan conducir o coche facendo o típico “brummmm, brummm”. Hai pequenas disputas por pillar o posto  de conducción e facer xirar o volante. Pasan os minutos e afástome un pouco para facer unhas fotos do momento.

IMG-20171113-WA0017.jpg

Coma quen non quere a cousa, reparo en Pepe. Estaba co pitillo na man e a gorra calada ata as orellas. Absorto no seu mundo, coa mirada fixada no fondo do garaxe. Qué estará mirando este tipo?

Mentres os demáis alaban a nova adquisición do “Neno”,  pégome á beira de Pepe e pregunto, abusando unha vez máis da súa confianza.

-Pepe, qué?

-Ahí o tes…

124

E alí estaba, medio escondido entre motores, rodas e un vetusto compresor de dous cilindros. Xusto alí, detrás do elevador onde está subido o Peugeot 206. Xusto alí (e perdón pola reiteración), descansaba o chasis dun Seat 124 con aletíns nos pasos de roda e imprimación gris. Completo pero cos demais elementos desmontados. Subido en 4 tacos e agardando por ver de novo a luz do sol. Esperando ansioso, como un condenado a morte que espera impaciente e nervioso  a chegada dun indulto de última hora con selo da casa Real, ou a firma dun “jerifalte” do Vaticano.

– Anda! Este é o teu, non?

– É o meu, é. Pero esto é outra historia, Damián… Esto é outro tema. -conta Pepe mentres recoloca a gorra e se lle vai iluminando o rostro- Mecánica pura. Sen axudas, sen controles, sen caixas secuenciais, nin centralitas de electrónica. 2.000 centímetros cúbicos, 4 carburadores. Tracción traseira. Chispa, gasolina… E lume ata chegar á meta!

A historia de Pepe como piloto non está chea de laureis… Sí, claro. Claro que hai algún trofeo, pero non é o importante. O importante neste caso é o espíritu de Pepe: Pura paixón pola velocidade. Xa cando era novo, na época dos Seat 850 coupé, dos Simca 1000 e os R8 azuis con raia branca, o noso amigo escapaba da casa e ía ás famosas gymcanas que organizaban moitas comisións de festas ou equipos de fútbol. Como piloto ou como copiloto, daba igual. O tema era estar metido na allada… Aínda que na casa non soubesen nada.

El foi o que meteu no tema das carreiras a seu fillo José Manuel “Neno”. Tamén á súa filla Merchi (unha das poucas rapazas que correron en cars e rally alá polos ’90) e tamén ó seu sobriño Toño. No fondo, tod@s estamos metidos nesto por culpa de Pepe.

Silencio. Os dous seguimos ca vista perdida no chasis. Pepe co seu eterno pitillo e a súa gorra. Volvemos á conversación:

 Sabes? A mín o que me gusta é o campeonato de montaña. As subidas a rebosar de xente nas cunetas. Fas unha pasada, dúas pasadas…  Memorizas o recorrido e vas forzando, buscando os límites do coche. -Conta mentres simula levar un volante nas mans– Forzas o coche cada vez máis, xogando ca tracción traseira nas curvas… A tracción traseira en seco é outro conto. Unha maravilla.

– Haberá que montalo outra vez entonces… Non? Pregunto azuzando a imaxinación de Pepe

– Un día destes, xa verás… Un día destes.

A última vez* que o 124 participou nunha proba automobilística foi no Rally do Albariño 1999. Daquela ainda pasaba o percorrido pola Pontenova, entre Cuntis e Moraña. Daquela, a xente ateigaba a ponte sobre o río Umia animando ós participantes… E Daquela, conducía o “Neno” Mieres.

albariño99.jpg

Pero tranquil@s tod@s: durante a conversación, percibín unha luz ó final do túnel. Un atisbo de esperanza para o vello SEAT. Unha esperanza que se resume nesta frase:

 Gústame moito a subida á Estrada… Un día destes, xa verás. Un día destes.

2017-11-15-19-58-47

Fé de erratas: según Darío Couso Abraldes, esta foto pertence ó ano 2002: “Ufff es que para los nombres de los tramos….. pero si que es si.
De echo crítica constructiva esa foto es del Ferrol 2002. Un pequeño lapsus en la maravillosa crónica, de echo me encanta leer todas las crónicas de Cuntisvt porque me recuerdan muchas viejas vivencias.”

Gracias Darío!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: