HISTÓRICOS: Renault R4 irmáns Morreau.

Esta semana presentouse a flota de X-Raid para o Dakar2018. Nestes últimos anos, demostrouse que o vehículo máis veloz para afrontar o actual Dakar americano son os buggys e Mini quere volver a mandar no Dakar. Para iso presentaron dous modelos de Mini que participarán neste DAKAR 2018: un Mini 4×4 e un Mini de dúas rodas motrices, tipo buggy. A nós chamounos a atención o buggy… máis que nada porque o frontal é clavado o Renault 4 dos irmáns Marreau. tweet morreau.jpg

Os Marreau, eran dous irmáns franceses que se lanzaron a aventura do París-Dakar cun R4 modificado. Claude era o piloto e Bernard o copiloto. Enfrentáronse a máis de 10.000km atravesando Francia, Argelia, Níger, Mali e Senegal nun simple utilitario. Modificaron o seu pequeno Renault cambiando catro cousas:

1º- O R4, aínda que é de tracción dianteira, leva o motor montado lonxitudinalmente (90% dos turismos montan transversal) e a caixa de cambios do R4 ten saída para transmisión traseira. Aprobeitando a xogada, acopláronlle un kit de tracción traseira da casa SIMPAR para ter tracción 4×4 (a día de hoxe ese kit custa un pastizal, encontrar un deses é como se che tocase o cupón dos cegos)

2º- Cambiaron o sistema de suspensión e metéronlle os triángulos dedun R5 COPA Alpine. Con esta modificación gañaron altura.

3º- Modificaron o escape… pasárono para o teito, para poder vadear os ríos.

4º- Inxertáronlle o motor dun R5 COPA Alpine que lles daba 140cv.

Con esta configuración, participaron dúas veces no dakar. A primeira fai 38 anos, no 1979. A segunda  no ano 1980. Daquela quedaron segundos na xeral. Xusto por detrás dun Range Rover 4×4.  Disfruta do vídeo: un r4 pedíndolle paso a un todo terreno!

Moitas maravillas nos deixou o Dakar daqueles anos… ata chegaron participar VESPAS!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: