Noia 2018

Menudo Rally de Noia nos espera: tramos espectaculares, gran ambiente, moitos participantes… e asfalto mollado. Ou polo menos, eso din as previsións metereolóxicas. Resulta curioso que as tres primeiras probas do ano, sexan en mollado e con condicións moi duras: primeiro foi o noso RallyMix Cuntis V.T., despois o Rally do Cocido e agora… Noia.

Baixo a enseña da nosa escudería concurren 5 equipos…

– Martínez e Rodríguez: O último equipo en subirse ó carro da nosa Escudería. Participan na Agrupación 4 a bordo do seu Peugeot 206. #Benvidos!!

– Maceiras e Iglesias: Despois do abandono no Rally Da Coruña por culpa dunha peza en mal estado, queren facer un bo papel nunha das súas probas favoritas. Hai que recordar que o ano pasado quedaron segundos na súa agrupación neste mesmo Rally. Correrán na Agr4 e na Volante FGA. Haberá choiva…  e a Maceiras gústalle a choiva. #OlloConEles.

-Sangiao e Hermida: Na súa última participación no Rally da Coruña,  sufriron unha saída de pista e acabaron volcando o seu Peugeot 106. Desde aquela, levan tempo traballando arreo para estar en Noia. Correrán dentro da Agr 4 e na copa PIRELLI AMF. #SangueFríaRapaces

– Mieres e Calvo: Estrenan o seu Fiesta R2 dentro do campeonato galego na Agrupación 3. Copa TOP TEN PIRELLI. Estrenan coche e Motor Home. Carreira de adaptación, pés na terra. Xa se entenden moi ben, pero terán que adaptarse de novo ó ritmo da competición cun coche prácticamente descoñecido para eles. Únicamente fixeron unha xornada de test alá por decembro. #MieresVaiteTranquilo.

-Caeiro e Fabeiro: Tamén sufriron no Rally da Coruña… este será un rally para disfrutar e facer un bo papel, algo ó que xa nos teñen acostumados.  Correrán co seu Peugeot 106 dentro da Agr 4 e na PIRELLI AMF.  #TempleChavales.

Ademáis dos nosos corredores, teremos un feixe de amigos repartidos polo parque de traballo. Estaremos moi atentos á dupla Longas/Iglesias, que acadaron a victoria na Agr4 no pasado Rally Da Coruña.

29695065_973204756164642_3424451636030783306_n

placa-rally-noia-2018-e1521540334523

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: