Resumo Noia 2018

Se o que buscas é un resumo do rally de Noia,  con resultados, gañadores e tempos, recomendámosche este da web Pé á Chapa. Dito isto,  imos dar conta dos equipos que correron baixo a  bandeira da nosa escudería:

-Martínez e Rodríguez: Remataron o Rally e conseguiron aupar o seu Peugeot 206 ata o posto nº36 dentro da Agr4. POS 71º XERAL.

Levar o coche ata o último parque pechado é toda unha satisfacción. Rally rematado! Felicidades!

-Maceiras e Iglesias: Hai que recordar que aínda que corren na Agr4, este ano fano cun coche totalmente de serie, xa que participan na COPA Pxp 19. O coche non dou un solo problema. Continúan adaptándose a esta modalidade de coches de serie (a configuración do ano pasado era totalmente distinta). No penúltimo tramo, deron unha machada coa súa #SarténVoladoraDeSerie e chegaron a sacarlle 40″ a coches moi superiores. Foron de menos a máis e remaraton POS 34º XERAL. 5º volante FGA e 3º na COPA Pxp 19. Rally rematado! Felicidades!

-Sangiao e Hermida: Sufriron. Incluso tiveron problemas mecánicos na segunda pasada por Mazaricos. Non podemos olvidar que no pasado Rally Da Coruña volcaron o seu Peugeot 106. A súa meta era acabar o Rally de Noia… e conseguírono: 46º da Agr4. POS 90º DA XERAL. Rally rematado! Felicidades!

-Mieres e Calvo: Rally de Nota. Estrenaban o coche e simplemente querían adaptarse, xa que facía moito tempo que non corrían nunha proba do campeonato galego de rally con tanto nivel.  Super concentrados toda a fin de semana. 4º da Agr3 e 5º na Copa Pirelli-Castrol TOP TEN B. POS 19º XERAL. Rally rematado! Felicidades!

– Caeiro e Fabeiro: Aguantaron perfectamente a presión dun Rally tan esixente coma o de Noia e pese ós problemas mecánicos,  acabaro colocando o seu Peugeot 106 no posto 44º da Agr4. e 86º da XERAL. Rally rematado! Felicidades!

E dentro do grupo de amigos que participaban, resaltamos ós amigos Longas e Iglesias, que volveron dar moita caña para rematar 1º AMF e 21º XERAL.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: