Abraham Duarte – POS5º RallyMix Touro.

O noso piloto de CarCross, Abraham Duarte, estivo nesta nova cita do campeonato galego de RallyMix que se celebrou en Touro a semana pasada. Alí marcouse  un 5º posto no Top 5 final.

Queremos celebrar tamén, a victoria dos nosos amigos Dani Álvarez e Adrián Vázquez. POS 1 AGR 2 e 4º Carrozados.  Noraboa!

Pero volvemos con Abraham: aquí vos deixamos a reproducción dunha pequena conversa telefónica que mantivemos con el:

-P:  Noraboa Abraham! no II RallyMix de Cuntis conseguiches un 4º posto e no II Rallymix de Touro outro 5º posto. Estás ahí arriba, loitando cos da cabeza.

-R: Unha pena… tiven dúas saídas fortes, senón estaría máis arriba. Haberá que seguir traballando duro.

-P: Polo que parece, aumentou o número e tamén o nivel dos participantes en Car Cross.

-R: Si que hai máis competencia, cada ano parece que se anima máis xente a saír nestos aparatos, pero niso non che podo contestar moito porque é a miña segunda carreira nun Car Cross.

-P: Tes pensado facer todo o campeonato?

-R:  Vou intentar facer todo o campeonato… de feito quero estar en Ferrol, pero coincideme algo mal, porque teño unha viaxe moi longa na semana anterior e chego xusto para sentarme no coche e correr. Ademáis, en Ferrol quero estrenar un Car Cross que me están fabricando estes días.  

-P: Boa noticia! máquina nova…  e qué me dis das probas de montaña?

-R: Montaña vou probar a facer algunha… pero a min o que me gusta son os RallyMix, xa sabes, a terra 😉

-P: Para rematar. Qué me dis do trazado de Touro? A xente da nosa escudería que estivo por alí, dixeron que tiña un firme espectacular.

-R: O trazado é impresionante, para min, o mellor de todo o Campeonato.

-P: Gracias Abraham, estaremos atentos a ese Car Cross novo e esperemos que axude a lograr ese primeiro podium da temporada.

-R: Gracias a vós.

Estaremos atentos á estrea do novo Car Cross de Abraham e tamén á súa progresión dentro do campeonato galego de RallyMix. Agora, o video da súa cámara interior no tramo do RallyMix de Touro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: