Sempre positivos, sempre para adiante.

Pois parece ser, según nos comentou e comenta moita xente, que o Rally Recalvi Rias Baixas non estivo ben. Arderon as redes sociais con comentarios referentes a que tivo fallos, que houbo descoordinación, que ós pilotos non lles gustaron tantos kilómetros de enlaces, ou que non se pode parar ou neutralizar un tramo por catro accidentes… en definitiva,  que houbo cousas que non estiveron ben. Pode ser. Non é asunto noso analizar eso.

Pero nós queremos ser positivos. De entrada, como Escudería que organiza unha proba automobilística, deixádenos mandarlle unha aperta a toda a organización. Pero unha aperta ben forte e as GRACIAS.

Gracias a tod@s: desde o que deseñou os tramos, ata os que puxeron as cintas. Desde os que estaban de comisarios, ata os que repartían bocatas. Grazas a calquera das persoas  que forman parte dunha escudería e que loitaron por sacar adiante a proba. A esa xente que na noite do sábado para o domingo, seguía nun cruce co seu chaleco reflectante, esperando impertérritos a que rematara dunha vez a proba.

Toda a nosa gratitude para esa xente que a día de hoxe, segue recibindo tantos paus e que nestes días incluso dubidan se abrir ou non abrir a súa conta de facebook, por non ler tanta crítica destructiva.

Que houbo fallos? parece que si… pero nós preguntamos ¿e quén non os comete a diario? Solo se equivoca o que nunca fai nada. Eles fixeron un rally… pero ninguén dixo que organizar tal cantidade de xente, coches e servizos fose doado.

Non imos entrar a analizar se 150 son moitos coches, ou se houbo moitos km de enlace, ou se o público non respeta, que de eso sempre hai… eses temas para os expertos. Nos falamos da parte humana do asunto. Falamos de persoas.

Así que desde aquí,  e con moito cariño, queremos mandarlle unha aperta forte a toda a organización do Rally Recalvi Rias Baixas. A tod@s e cada unha das persoas que nalgún momento, sacaron tempo da súa vida para loitar polo Rías Baixas.

6_0

placa-rally-rias-baixas-2018

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: