- 4ª parada do campeonato galego de RallyMix: Despois de Cuntis, Touro e Pontedeume, chega Piñor.
E a Piñor mandamos todo o noso apoio (para a escudería organizadora) e un par de bestas bravas que intentarán loitar polo podium nas súas categorías:
– Abraham Duarte: o noso piloto de car cross, que actualmente ocupa a 3ª plaza do campeonato da súa categoría, acude por segunda vez coa súa montura nova. Este flamante Car Cross de Ya-Car, co que xa correu no RallyMix de Pontedeume. Loitará por un dos caixóns do pódium, estamos convencidos.
– José María Fariña e Miguel Porto: a bordo do seu Citroën Saxo, loitarán duramente polos postos de cabeza na Agr3. Estaremos moi pendentes da súa evolución, porque estes rapaces, prometen.
Estaremos tamén moi atentos a Dani Álvarez e Juan Manuel Piñeiro na COPA Pirelli K6 e tamén á sorpresa da semana: Carracedo nun Car Cross. Esta semana a web de Pé á chapa, donde se nos informaba de que o gran Carracedo vai facer a súa primeira carreira a bordo dun car cross. Estamos ansiosos por ver ó noso amigo Javier ós mandos dun cacharro coma este. Abel Jurado, Bamarti, Carracedo… da gusto ver estos nomes ligados ó campeonato de RallyMix.
