Caeiro e Iglesias no 49º Rally De Ferrol.

Xa está aquí unha nova edición do fantástico Rallye de Ferrol. Unha proba que se celebra do 20 ó 22 de xullo e que como xa sabedes, é puntuable para o Campeonato de España de Rallys de Asfalto: o CERA.

E para “dar cera”, enviamos a unha dupla inédita dentro da Escudería Cuntis V.T: Miguel Caeiro e Sergio Iglesias (habitual copi de Marcos Maceiras).

Para eles a proba é todo un reto:

  • primeira vez para Caeiro como piloto nunha proba do Nacional.
  • primeira vez que corren xuntos.
  • e  primeira vez que os dous corren cun sistema de notas distinto.

Cando alguén se introduce no mundo dos rallyes, suele participar nas probas grazas ós coñecementos aprendidos de forma oral con outros pilotos (boca a boca), ou incluso de forma autodidacta. Pero cando un empeza a facer bos tempos e a rematar probas de xeito habitual, comeza a semi-profesionalización. Comezan os cursos de pilotaxe, copilotaxe e incluso a incorporar novos xeitos de tomar notas dunha forma máis eficiente. Ese é o motivo polo que Caeiro acude a Ferrol: a incorporación do Sistema de notas de Álvaro Muñiz e Solorzano. E para iniciarse neste sistema, a falta do copi habitual (o amigo Fabeiro 📣) nada mellor que ir acompañado dun copiloto versátil e que respira igualmente con varios sistemas de notas: Sergio Iglesias.

Estaremos atentos á súa evolución durante o Rallye De Ferrol. Nós, o único que esperamos deles é que o pasen ben, que aprendan e que disfruten dunha proba do Nacional.

42281251684_415bd2b6a2_b
Caeiro e Fabeiro no Rally de Narón. Foto: José Alvariño.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: