Rallye Ourense Ribeira Sacra 2018

Atrás queda, esta última edición do Ribeira Sacra. Unha proba que nos deixou un regusto agridoce, sobre todo se falamos da dupla formada por Pazos / Calvo e o seu Fiesta R2. Pero no caso de Caeiro / Iglesias, estamos súper contentos co seu resultado e os tempos logrados. Caeiro vai ganando confianza e iso nótase (recordemos que é o seu primeiro ano como piloto). Final:  POS 36 XERAL. 6º Copa AMF.  Noraboa rapaces! Aquí vos deixamos o vídeo da cámara a bordo de Miguel e Sergio no tramo de Vilanova – Luintra. 

E agora imos con Pazos / Calvo:

Para estes dous amigos, o rallye empezaba complicado: despois do golpe no pasado Botafumeiro e a falta de 4 días para a proba ourensana, o Fiesta aínda non estaba completamente montado (retrasos nos envíos das pezas).  Nesa mesma semana, xoves pola noite e co coche xa alineado, tiveron problemas cos palieres e as cunas. Probando o coche, rompe de novo un palier… montan outro de serie e alinear de novo, por certo, en Talleres Bugallo, Moraña. O venres, xa en Ourense, un dos amortiguadores traseiros e sen baixar o coche do camión,  queda sen aceite… e era completamente novo! para sair do paso, tiveron que montar outro de serie. Con ese amortiguador de serie enfrontanse ó tramo do venres e conseguen o mellor tempo da súa Agr. e tamén da copa Top Ten B.

A sorpresa chegou no control horario:  non engranaba ningunha marcha.  Coche á grúa e para as asistencias.  Santi Herbón, David Calvo, Toño Gonzalez “Tranganillo” e José Antonio, desmontan o cambio por completo e conseguen poñer o Fiesta a punto ás 3:30 da madrugada.  Aquí vos deixamos a foto:

42501489_2442903492394434_5396829632391544832_n

Sábado pola mañá saen con 30″ de penalización que conseguen remontar nos dous seguintes tramos… pero no terceiro, salta de novo a sorpresa: avería eléctrica. Perden 14 min. 

Continuaron loitando e remontaron todo o que puideron. Despois de estar últimos na clasificación, seguiron marcando primeiros e segundos na súa Agr. e copa, pero de pouco serviu. A día de hoxe o coche está no taller para loitar de novo en Lugo. Estos dous débennos un podium bonito… pero son coma os Lannister de Juego de Tronos: “Siempre pagan sus deudas”

Vémonos en Lugo!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: