Xa o decían The Doors: This is the end… my only friend, the end.
Chegou a derradeira proba do Campeonato Galego de Rallye: Comarca da Ulloa 2018. E coma sempre, aquí vos deixamos os equipos que nos representan. Ollo porque os dous equipos teñen opcións no casilleiro final.
- Pazos – Calvo: DORSAL 10. Ford Fiesta R2. Copa Pirelli Top Ten B: téñeno complicado, pero como os conocemos ben, xa vos podemos confirmar que se o coche o permite, darán moita guerra. Rematan a temporada de Rallyes de asfalto loitando e con opcións ó titulo dentro da Pirelli Top Ten B (menos de 1600CC). #olloConEles
- Caeiro – Iglesias: DORSAL 35. Peugeot 106 GTi. Copa Pirelli AMF: Estes dous amigos tamén teñen opcións ó podium final dentro da súa copa (opcións remotas, pero opcións ó fin e ó cabo). Recordemos que é o primeiro ano de Caeiro en competición e ademáis, é o primeiro ano de Iglesias como compañeiro de Caeiro (ainda que NON fixeron xuntos a tempada completa). Chegar á derradeira proba con opcións de facer podium, é digno de aplaudir para un equipo feito na metade da tempada e cun piloto sen experiencia (ollo con Caeiro para o ano, porque aprende a unha velocidade espectacular).
Chegou a fin do campeonato. Como cantaba Jim Morrison: This is the end… or not! porque din as malas linguas -as boas tamén o dixeron-, que as redes sociais arderon esta semana e que os papeis con reclamacións de última hora, poden chegar a límites históricos… ante todo, moita calma. Calma, por favor.
Señores, isto é un deporte. Poñan os seus mellores zapatos, saian á pista e bailen para nós. Fágannos disfrutar con cada trazada, con cada curva. Apuren os cambios de marchas e as frenadas. Mordan a cuneta. Levanten aplausos nas libradas de última hora… e sólo con iso, os afeccionados e afeccionadas, xa nos daremos por satisfeitos. Gracias por unha temporada de rallyes espectacular!