Ulloa 2018. This is the end… or not!

Xa o decían The Doors: This is the end… my only friend, the end. 

Chegou a derradeira proba do Campeonato Galego de Rallye: Comarca da Ulloa 2018.  E coma sempre, aquí vos deixamos os equipos que nos representan. Ollo porque os dous equipos teñen opcións no casilleiro final.

  • Pazos – Calvo: DORSAL 10. Ford Fiesta R2. Copa Pirelli Top Ten B: téñeno complicado, pero como os conocemos ben, xa vos podemos confirmar que se o coche o permite, darán moita guerra. Rematan a temporada de Rallyes de asfalto loitando e con opcións ó titulo dentro da Pirelli Top Ten B (menos de 1600CC). #olloConEles

42363846_10155689214865404_1034601692542271488_n

  • Caeiro – Iglesias: DORSAL 35. Peugeot 106 GTi. Copa Pirelli AMF: Estes dous amigos tamén teñen opcións ó podium final dentro da súa copa (opcións remotas, pero opcións ó fin e ó cabo). Recordemos que é o primeiro ano de Caeiro en competición e ademáis, é o primeiro ano de Iglesias como compañeiro de Caeiro (ainda que NON fixeron xuntos a tempada completa). Chegar á derradeira proba con opcións de facer podium, é digno de aplaudir para un equipo feito na metade da tempada e cun piloto sen experiencia (ollo con Caeiro para o ano,  porque aprende a unha velocidade espectacular).

42330773_2083748761718333_7407030260002193408_n

Chegou a fin do campeonato.  Como cantaba Jim Morrison: This is the end…  or not! porque din as malas linguas -as boas tamén o dixeron-, que as redes sociais arderon esta semana e que os papeis con reclamacións de última hora, poden chegar a límites históricos… ante todo, moita calma. Calma, por favor.

DsI8hIQWoAUJLRo.jpg large

Señores, isto é un deporte. Poñan os seus mellores zapatos, saian á pista e bailen para nós.  Fágannos disfrutar con cada trazada, con cada curva. Apuren os cambios de marchas e as frenadas. Mordan a cuneta. Levanten aplausos nas libradas de última hora… e sólo con iso, os afeccionados e afeccionadas, xa nos daremos por satisfeitos. Gracias por unha temporada de rallyes espectacular!

41EEFF7C-F556-4C16-AFC3-869A45A34359

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: