Bruno Sport no Rallye do Bierzo.

IMG-20190205-WA0040

Comeza a temporada 2019!

Aínda co sabor que nos deixou na boca a Gala da Federación Galega de Automobilismo (celebrada en Cuntis o pasado sábado), arrancamos a temporada 2019 para un dos nosos equipos: Bruno Sport. Ídevos acostumado a esta denominación, xa que baixo este nome correrán Miguel Caeiro e Sergio Iglesias. Un equipo que este ano non dará tregua ás súas monturas.

IMG-20190202-WA0025.jpg

Co flamante Peugeot 106 GTi recén pintado de cor “Negro Antracita”, participarán dentro da Copa Pirelli Top Ten B do CGR. Co Citroën Saxo VTS, o copiloto Sergio Iglesias, pretende facer o campeonato de Montaña Galego. Así mesmo, con ese vehículo participarán en probas de RallyMix.

Seguramente participarán nalgunha proba do CERA, pero cunha terceira montura aínda por determinar.

Dito esto, e para coller ritmo de competición, os nosos amigos desprázanse esta fin de semana ó Rallye do Bierzo. Unha proba á que según o copiloto Sergio Iglesias, afrontan como “unha forma de testear o 106 e para volver coller forma de cara ó campeonato galego”.

Estaremos moi pendentes deles durante toda a fin de semana a través das redes sociais da nosa escudería.

Un equipo, tres competicións; CGR, CGM e CERA. Lembrade este nome: Bruno Sport. Darán moito que falar nesta tempada 2019.

IMG-20190205-WA0041

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: