Sen tempo para actos sociais, nin presentacións en público, arranca a temporada de Rallyes para os equipos da nosa escudería. A primeira parada é o Rallye da Coruña.
Alí enviamos a dous dos nosos equipos, que curiosamente este ano compiten na mesma copa: Pirelli Driver Top Ten B.
✓ Equipo BRUNO SPORT. Miguel CAEIRO e Sergio IGLESIAS. Peugeot 106 GTi:
Despois dun ano 2018 de adaptación (era o primeiro ano de Miguel como piloto e a primeira vez que corrían xuntos), este equipo afronta o 2019 apuntando alto e prometendo loitar polos postos de cabeza. Teñen un calendario moi apretado e dúas monturas moi similares para facer probas de Montaña, Rallyes, algún RallyMix e 5 probas do Nacional de Rallyes. Estaremos moi atentos á súa evolución e resultados.
✓ J. Manuel PAZOS e David CALVO. Ford Fiesta R2:

O ano pasado foi o ano da volta ó Campeonato Galego de Rallyes. Despois dunha temporada moi regular, aínda que con algún cero, conseguiron acabar 2° da Copa Pirelli Top Ten B e primeiros de agrupación. Con esta gran motivación afrontan de novo o 2019 prometendo loitar pola súa copa a bordo do Fiesta que tantas alegrías nos dou. Unha copa que a priori, semella que aumentou exponencialmente o nivel tanto de pilotos como vehículos. E senón botádelle un ollo á inscripción de Coruña…
Estaremos tamén moi atentos ós resultados dos nosos amigos e veciños de Caldas Daniel Álvarez e Adrián Vázquez montados na súa #BalaAzul.

Durante o ano, nós dedicarémonos a informar puntualmente de tódalas probas nas que participen os nosos pilotos e copilotos. Tomade asento porque o 2019 promete ser espectacular!.
Moita sorte equipos!! #lumenejro!!
