Subida á Saleta 2019

Esto non para! Despois dos bos resutados obtidos polos nosos equipos no pasado Rallye de Noia,  (Pazos/Calvo: Pos9° Xeral e 2° Copa Pirelli TopTen B. Caeiro/Iglesias: Pos21° Xeral e 7° Copa Pirelli TopTen B), chega a Subida á Saleta. 

A esta proba do Campeonato Galego de Montaña, enviamos a Marcos Maceiras e Sergio Iglesias. Os dous participarán dentro da Agr4. Na pasada subida a Marín, remataron nestas posicions:

✓Marcos Maceiras. Citroën Saxo VTS. 1° Agr4.
✓Sergio Iglesias. Citroën Saxo VTS. 6° Agr4.

Como novidade, decirvos que Sergio Iglesias participará co Peugeot 106 GTi que está utilizando para o Campeonato Galego de Rally en compañía de Miguel Caeiro, que nesta cita estará ausente.

 

Os nosos no Rally de Noia.

Xa está aquí a próxima parada do tren que nos leva polo #CGR: o Rally de Noia.

Nesta ocasión, enviamos a dous equipos que participarán baixo a insignia da nosa escudería:

Pazos/Calvo. DORSAL 12. Ford Fiesta R2. COPA Pirelli TOP TENB. Agrupación 3.

Despois dun Rally da Coruña no que remataron na pos 4ª da súa copa, a pesar dos  problemas eléctricos na dirección, afrontan este Rally de Noia con tranquilidade e coa premisa de traer o coche enteiro para a casa. Non queremos ser augafestas, pero as previsións meteorolóxicas anuncian para esta fin de semana moita choiva e vento… o que se traduce en tramos sucios, esvaradíos e moi complicados. Este será un Rally de supervivencia. #CABESIÑA!

FB_IMG_1551504328728
Pazos/Calvo no pasado Rally da Coruña

Caeiro/Iglesias. DORSAL 17. Peugeot 106 GTi. COPA Pirelli TOP TEN B. Agrupación 4.

Veñen de disputar a subida a Marín por separado: Caeiro ó volante dun Citroën AX SCC ex “Chairo” (rematou 3º da súa categoría) e Iglesias cun Citroën Saxo VTS. Para Sergio  foi o seu debut ó volante e rematou cun 8º posto da súa agrupación. A igual que Pazos e Calvo, saben perfectamente que o de Noia vai ser un Rally moi delicado, con tramos sucios, pouca visibilidade por momentos e moi probablemente, con algúns retrasos no seu transcurso (moitos vehículos, mal tempo, posibles saídas de vía…). Para eles tamén será un Rally de paciencia e resistencia e consistencia. #CABESIÑA!!   

Nós coma sempre, estaremos moi pendentes desde o noso Facebook e o noso Twitter para informarvos de todalas noticias que nos vaian chegando. ENJOY!!

FB_IMG_1551504269655
Caeiro/Iglesias no Pasado Rally da Coruña.

 

 

 

 

Blog en WordPress.com.

Subir ↑