Olalla Fabeiro na Iª Subida a Dumbria.

photo_2019-05-21-11.30.04.jpeg

Chega unha nova cita do Campeonato Galego de Montaña: A 1ª Subida a Dumbría. 

Nesta proba, á que desexamos larga vida, participará a nova incorporación da Escudería Cuntis Vila Termal: Olalla Fabeiro Iglesias, 21 anos, estudante de Educación Social.  Pilota de Pontecesures con raíces Cuntienses. (Por motivos laborais, a Dumbría non poderán acudir Sergio Iglesias, Marcos Maceiras, nin Miguel Caeiro).

WhatsApp Image 2019-06-06 at 00.10.37.jpeg
Olalla Fabeiro Iglesias

Para que a vaiades coñecendo (porque agora está fichada na nosa escudería), Aquí vos deixamos unha conversa que mantivemos con ela por Whatsapp.

P: Cóntanos Olalla. De onde es e cando te iniciaches no mundo do automobilismo?

R: Na actualidade vivo en Pontecesures, pero a maior parte do tempo pásoa en Cuntis, na casa da miña avoa materna. Dende pequena vou de espectadora ós ralis… últimamente, bastante. O ano pasado, no Terras de Auga, decidimos crear un proxecto para competir o meu tío Santi ó volante e eu cas notas, polo que finalmente a primeira experiencia foi o pasado Rali de Noia no que debutei como copilota. Cheguei ó mundo do motor por influencia familiar… pola parte materna lembro ver a meu tío Toño sempre arredor de coches, a meu pai tamén lle encantan e meu tío Santi xa tivo a oportunidade de correr con anterioridade nunha edición do Albariño. Digamos que o levo no sangue.

P: Entonces en Dumbría… será a primeira vez que te subes no lado esquerdo do coche? 

R: Si, debuto en Dumbría como pilota e oxalá poida facer o campeonato enteiro… pero por desgracia é un deporte moi caro, sobre todo cando unha é estudante jajaja. Agora mesmo non podería estar correndo sen a axuda de meu pai (que se ve reflexado en min á hora de cumplir o soño) e sen meu tío Toño e os dous rapaces da asistencia: Javi e Alberto. Por agora ainda non sei en que subidas participarei, pero gustaríame estar presentes nas máis cercanas.

P:  E que tipo de preparación fixeches para abordar esta aventura?

R: Só fixen en Xaneiro o curso de Copilotxs porque realmente, só tiña eso nos meus plans, agora deuse a oportunidade de saír de pilota e a verdade é que non o dudei nin un segundo. Como dicía antes, neste mundillo fan falla moitos cartos, pero máis para adiante encataríame formarme máis. Tamén me gustaría ter máis coñecementos sobre mecánica, pois todo o que sei é porque mo ensina meu tío ou porque leo e me intereso bastante. Na actualidade estudo o Grao de Educación Social, pero non descarto facer un ciclo de mecánica ó rematalo.

P: Fálanos do teu xoguete, Olalla. Que nos contas dese Opel Astra.

R: Pois o Astra foi unha oportunidade que nos chamou á porta e co que nos fixemos sin dudalo. Personalmente, non pido máis para comezar. En Noia foi a primeira vez que corremos con el, e salvo un fusible que nos deu a lata foi xenial. É un coche antigo, do 1992, é dicir, máis vello ca min jajaja, pero que ten moita menos instalación eléctrica ca os coche actuais e que, por agora, igual está sendo unha vantaxe. Como ben dixen, estou encantada de comezar con el e de facelo xirar.

P: Nós estamos encantados de que formes parte da nosa agrupación, xa que ti e máis Lucía Regueiro, sodes as únicas deportistas en activo da nosa escudería. Gustaríanos que houbese máis pilotas coma ti, non só na nosa escudería, senón en xeral neste mundillo. Que lles dirías ás que miran pasar os coches, pero non se atreven a dar o paso?

R: Claramente, que se é o que lles gusta, adiante! Somos poucas pero somos bravas e realmente, polo de agora, eu só atopei apoios tanto masculinos como femininos. Ademais, que a miña percepción, e pola relación que teño con outras rapazas que tamén forman parte disto é que estamos todas para todas, e ante calquera inxustiza, claro está, saltamos de primeiras. Como anecdota, hai pouco, cando me chegou a licencia, sorprendinme porque realmente pensaba que existía a palabra “Pilota”, agora xa me decatei que non, e aínda que pareza unha tontería, mostrei o meu descontento nas redes sociais. Ó pouco tempo, outras rapazas estaban pintándolle a “A” á palabra “Piloto” das nosas licencias.

P: Pois benvida Olalla! Disfruta a tope desta fin de semana… e xa podes coller un rotulador e escribir nalgunha esquina do Astra o noso grito de guerra: #LumeNejro! 

R: Moitas grazas. Non quería despedirme sen agradecer públicamente o respaldo económico dos meus patrocinadores, xa que sen o seu apoio, isto sería imposible: Grupo Unión y Fuerza, CRP, Maquinaria Lois, Clases Particulares de Inglés Bárbara Bustelo, Tintados Banano, Naumáticos Padrón, Obras e reformas José Guerra Picallo, Recambios Galicia, A.C.D Lampai, Cafetería Sol y Mar, Talleres J. Sanchez, Publi Galega, InforConstenla, H. Cerqueiras, Caprichos, Autoservicios Lens, Construcciones Hermanos Gómez, Rriobó, Bar Ángel o Mambis, Neumaticos Low Cost Milladoiro, Estación de Servicio a Palmeira e a Cantina do Roxo.

WhatsApp Image 2019-06-06 at 00.10.36.jpeg

 

 

 

Blog en WordPress.com.

Subir ↑