Caeiro e Iglesias no Rally de Llanes

Menudo ano levan os membros do equipo Bruno Sport: tanto Miguel Caeiro como Sergio Iglesias, non paran de probar novas experiencias, novas competicións, novas monturas… nunha temporada que parece non ter fin para eles.

Sergio Iglesias ven de facer a súa primeira aparición como piloto no pasado Rally Ribeira Sacra, ós mandos dun Citroën Saxo propiedade do mesmo equipo, Bruno Sport. Un Rally que tivo que abandonar por rotura do volante de inercia e no que Miguel Caeiro, rematou na posición 32 da xeral e no máis alto da Copa Technoshock B.

Pois ben, estes dous compañeiros, que non paran… van esta fin de semana a correr no Rallye Villa de LLanes a bordo do Suzuki Swift do equipo Egipto Motor. Un vehículo que xa probaron no pasado Rallye Da Princesa e donde remataron en moi boa posición nun rallye destinado a coñecer o coche.

Campeonato de Montaña, RallyMix, CGRA e agora o Campeonato de España de Rallyes de Asfalto. #SorteRapaces! 

suzuki

 

Os nosos no Rallye Ribeira Sacra.

 

Nova cita do Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto e nova proba na que teremos representación. O Rally Ourense Lugo Ribeira Sacra.

Hai ausencias importantes, como a de Marcos Maceiras e Pazos/Calvo, pero seguimos tendo representantes que aportan importantes novidades. Imos alá:

Miguel Caeiro e Alberto Alonso. Dorsal 14. Peugeot 106 GTi. Agr4. Copa Pirelli Top Ten B e Tecnoshock B. 

O amigo Caeiro segue a sumar experiencias e agardemos que tamén puntos. Recordemos que ven de participar co Suzuki de Egipto Motor no pasado Rallye da Princesa, do Campeonato de España de Rallyes de Asfalto.  A súa regularidade está ahí e este ano xa conta con varias probas rematadas. Algo que non é nada doado… para esta ocasión, conta como copiloto con Alberto Alonso. #SorteRapaces! 68620422_677248026071929_7770883104587120640_n.jpg

Sergio Iglesias e Cristian Fierro. Dorsal 76. Citroën Saxo VTS. Agr4. Copa Pirelli AMF.

O gran Sergio Iglesias leva un ano espectacular. Este ano xa participou en probas do Campeonato Galego de Montaña como piloto e desta volta, súbese ó Saxo para participar no Ribeira Sacra tamén como piloto. Hai que recordar, que Sergio Iglesias é o habitual copiloto de Miguel Caeiro… Así que como vedes, este non é so un equipo de deportistas, senón tamén de amigos. #CuidaditoCosEspellosSergio 

4202ab1e-581f-4e6a-9769-2fb65232f9f1.jpg

Cartel-Rally-de-Ourense-Lugo-Ribeira-Sacra-2019.jpg

 

Blog en WordPress.com.

Subir ↑