#OsNosos no 3 Rally de Pontevedra “Memorial Miguel Alvarez” 2021

Qué terá este deporte, que arrastra masas nas cunetas e obliga a equipos a gastar horas e cartos arredor de “catro coches con pegatinas”? Que terá? Pensamos os que non o vivimos desde dentro.

Que terá esta leria, que a pesar do falecemento dun amigo nos entrenos dun rallye, te obriga a saír igualmente, para brindarlle á persoa desaparecida aínda que sexa un 5º posto dentro dunha copa menor, ou a simple finalización da proba… qué terá?

E eu, como extraño e alleo a todo isto, miro para eles mentres revisan palieres e frenos un xoves calquera ás 10 da noite e xúrovos, que eu, non o entendo. No fondo, todos se están xogando a vida. Aínda así, persisten no seu empeño.

A posibilidade dun accidente en calquera curva sucia ou nun simple rasante, está ahí… e sábeno. Parvos non son. O accidente recente de Magariños (amigo de varios membros da nosa escudería) está na cabeza. Coméntano en voz alta mentres siguen revisando pasadores, manguitos, algunha que outra abrazadera rebelde… pero continúan. Están tolos? Non sei. Supoño que algún desequilibrado haberá no medio de tanta xente, pero non creo que todos padezan a mesma enfermidade mental.

Para todas e todos, a mellor homenaxe para o seu querido Víctor é sair esta fin de semana e disfrutar dunha proba do Campeonato Galego de Rallyes. “Fixemos unhas pegatinas para tódolos coches: Sempre Magariños! A que molan?”. Pois sí. Por suposto que molan… E estou seguro que si para o ano cambian a decoración dos coches, esa pegata non se move do sitio.

Que terán os rallyes? Nin o sei, nin o entendo. Pero está claro que algo teñen. Mentres sigo investigando, aquí vos deixamos a lista #OsNosos, neste Rally de Pontevedra.

#40 Jose Manuel Pazos / David Calvo – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#43 Miguel Caeiro / Cristian Fierro – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#47 Javier Eiras / Álvaro García – Citroën Saxo / Top Ten Pirelli C.

#82 Marcos Maceiras / Sergio Iglesias – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#89 Alejandro Otero(25) / Lara Gómez – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#100 Victor Manuel Otero / Jacobo Domínguez – Clio Williams / Pirelli AMF MS.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑