#OsNosos No IV RallyMix de Touro

Aquí estamos de novo. Isto non para!! Despois do espectacular fin de semana pasado no Rallye do Lacón (mención especial para o amigo Dani Álvarez, as remontadas de Pazos/Calvo e os tempazos de Miguel Caeiro con Cristian Fierro), agora tócalle o turno ó RallyMix de Touro.

Antes de entrar en materia, deixádenos mandarlle unha aperta ós amigos da escudería #TouroMotor. Que vaia todo ben!

Imos ó choio: Estos son #OsNosos por orde de inscripción:

#44. Esteban Cotón e Aaron Alonso. Citroën Saxo VTS – AGR2 – PIRELLI K6.

A bordo do seu flamante Saxo vermello, Esteban e Aaron intentarán luchar polo podium dentro da Pirelli K6. Non apostamos por ningún resultado fixo, pero sabemos que estarán adiante… incluso pode caer a vitoria. Ante todo #SentidiñoChavales! (e ollo co famoso salto de Touro, que hai máis pasadas que a primeira)

#52. Gerardo Alfonso e Jessica Magán. Peugeot 206 – AGR2.

Terceiro RallyMix para Gerardo e Jessica a bordo do seu 206. Salen convencidos de facer un bo papel dentro da súa agrupación. Seguen adaptándose á terra e non hai nada mellor para isto que o trazado de Touro. Insistimos #OlloCoSalto!

#58. Ivan Sangiao e Alfonso Hermida. Peugeot 106 GTi – AGR2 – PIRELLI K6.

Anda que non tiñamos nós ganas de ver de novo en acción a estes dous amigos… Levan sen correr dende o ano 2018 e este fin de semana teñen dous propósitos: finalizar o RallyMix e arrimarse o máis posible ós postos de cabeza dentro da copa Pirelli K6. Despois de todo o esforzo feito por Iván coas oposicións a mestre, sentarse de novo no coche e velo sorrir, xa é un premio co que nos conformamos. #VaiteÓxeitoMestre!

#OsNosos no Rallye do Lacón 2021

Fin de semana de carreiras para a nosa escudería: mentres uns queiman calorías na Ruta BTT do Lacón (en Cuntis), outros queimarán gasolina no Rallye do Lacón do Carballiño.

Coma sempre, aquí vos deixamos a lista dos nosos inscritos na proba ourensá, por orde de dorsal:

#37 José Manuel Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2 – AGR3 – Pirelli Driver AUTIA TOP TEN C.

Contan a súa última participación no campeonato Galego de Rallyes, cunha victoria no pasado Rallye de Pontevedra. Desta volta non hai a motivación extra de adicarlle unha victoria ó seu amigo Magariños (D.E.P), pero estamos convencidos que a súa actuación estará a altura unha vez máis. #PazosAtendeÁsNotas!

Alineación de Rodas en Talleres Bugallo – Moraña.

#40 Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Peugeot 208 Rally4 – AGR3 – PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

No pasado Rallye Sur do Condado, tiveron que abandonar por rotura de motor do seu Fiesta R2. Desta volta, probarán fortuna con un 208 de aluguer. Suma e segue para o noso Miguelón acompañado do gran Cristian. #CoidaoQueNonÉteu

#71 Alejandro Otero e Lara Gómez. Citroën Saxo VTS 16V – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Outra nova carreira para seguir exprimindo a tope ese motor PSA. Van medrando pouco a pouco e iso nótase nos tempos. #OlloConEstes!

#87 Víctor Manuel Otero e Jacobo Domínguez – Renault CLIO SPORT – AGR3 – PIRELLI AMF MS.

Como vedes, a nosa carteira de equipos vai medrando pouco a pouco e este ano contamos con estes fieras dentro da agrupación 3 e a copa AMF. Outros que seguen sumando experiencias e facendo actuacións notables. Estaremos moi pendientes dos tempos, chavales! #NonVosEncherDePulpo

#95 – Miguel Suárez e Sergio Iglesias. Peugeot 106 GTi – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Incorporación de última hora de Sergio Iglesias ó equipo de Miguel, que pertence á escudería Pontevedra 1984. Un problema personal impide participar a seu irmán Daniel Iglesias, que será reemplazado polo seu irmán Sergio. #LumeChavales

#OsNosos na IX RUTA BTT DO LACÓN – CUNTIS 2021

OLLO! QUE NON TODO VAN SER COCHES!!

Esta fin de semana, unha das asociacións máis potentes da nosa vila, os amigos do Xesteiras Club de Montaña, organizan a súa IX Ruta Btt do Lacón (aprazada anteriormente pola maldita pandemia). Para celebralo, a Escudería Cuntis V.T. envía ós seus mellores corredores (son os mellores, porque o resto solo saben dar pedal si hai un motor con gasolina debaixo do capó).

Así que mentres uns queiman roda e gasolina no Rallye do Lacón no Carballiño, outros estarán queimando calorías polas corredoiras e trialeras que os Xesteiras teñen preparadas. Estos son #OsNosos valentes da Btt:

José Antonio Fontán. Ruta de 44km. O noso amigo “Tranganillo” leva máis de 3 meses de preparación a base de kilometradas pola contorna. Posiblemente sexa a nosa baza máis importante para acabar nunha boa posición. Apostamos forte por él, xa que esta semana tomouna de descanso para estar listo de cara ó Domingo 22. #LumeNejro!

Adolfo Abalo. Ruta 44km. O máis PRO de todos. O noso amigo de Saiar é un dos culpables (por insistencia) desta aventura polas corredoiras cuntienses. Ten peito e pernas para acabar a ruta de sobra, ainda que probablemente faga traballos de coche escoba e iso lle impida rematar a ruta a tempo. A súa frase preferida é “eu vou de romería”. Confiamos en que así sexa. Ten calculado ata o almorzo do día 22. #SaiarRules!

Damián Cortés. Ruta 44km. O noso encargado de prensa da escudería é máis lento que o “cabalo do malo”. Facendo un símil automobilístico, poderíamos decir que as súas pernas van con motor 1.9D atmosférico de PSA. Enrolado nesta aventura por culpa do Sr Fontán, ten como único obxetivo, facer os primeiros 30km sen vomitar nin unha soa vez. #DalleDamián!

Hai máis #biciclistas na escudería Cuntis V.T., pero os compromisos de motor impídenlles participar nesta cita cuntiense: Pazos, Ness, Sierra, Couto ou Mabel, son algúns dos que montan en bicicleta habitualmente, pero como decimos, non poden acudir a esta cita. Ó mellor para o ano… #NuncaSeSabe.

#OsNosos na XXV SUBIDA Á ESTRADA

Os nosos amig@s da Escudería Estradense celebran este sábado 7 e domingo 8 a súa proba! e ademáis están de aniversario. Nós como veciños, estamos super felices e contentos por eles. E ademáis, estamos encantados de poder botar sempre unha man, eles xa o saben.

A subida á Estrada é unha das mellores do campeonato galego de Montaña, tanto por trazado, como por público e sobre todo por organización. Así que para celebralo, enviamos a dous catro dos nosos mellores talentos:

#22 MIGUEL CAEIRO – SCC CITROËN AX – AGR1

Miguel segue sumando experiencias. Ó noso tío grande non lle chega co Campeonato Galego de Rallye e o de RallyMix, así que sempre que pode, súbese ó seu AX para probar na montaña. Como decía o meniño do anuncio do Citroën AX: #GenialMiguel!

#35 MARCOS MACEIRAS – CITROËN SAXO VTS – AGR4

O noso Marcos conta as súas dúas últimas participacións na Subida á Estrada con dous 1º postos dentro da súa agrupación. O trazado estradense encántalle e de seguro dará o máximo por estar de novo no podium final. #LumeMarcos!

#38 SERGIO IGLESIAS – CITROËN SAXO VTS – AGR4

Habitualmente, o sitio de Sergio é no asiento dos valientes (ou dos tolos, según como se mire), en anos anteriores acompañando a Miguel Caeiro e últimamente de par do seu amigo Marcos Maceiras. Na edición anterior, Sergio xa fixo algún tempo destacable dentro da súa agrupación. Confiamos en que este ano, o siga pasando igual de ben. #DalleSerginho!

#39 JAVIER EIRAS – CITROËN SAXO VTS -AGR4

Outra proba máis para para amigo Javier. Suma e segue. E nós encantados de que o faga baixo o noso escudo. #ConFéJavi!

Con Javier, son catro os pilotos da nosa escudería que participarán no 25º aniversario da Subida á Estrada. Tamén hai ausencias destacatas, como José Manuel Pazos, David Calvo e o patriarca Pepe Mieres, ó que a pandemia truncou os seus plans de re-estrenar o seu fermoso Seat 124 na copa de Históricos patrocinada por Talleres Puentevea. De todos modos, xa vos aseguramos que máis cedo que tarde, poderemos disfrutar de novo de Pepe ó volante dos seu Seat.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑