#OsNosos no Rallye de San Froilán

Aquí estamos outra vez! nova proba do campeonato Galego de Rally e nova entrada no noso blog.

Chega a proba lucense despois do pasado RallyMix de Barbadás, RallyMix onde as esperanzas dos nosos amigos Esteban Cotón e Aaron Alonso acabaron por terra ó ter que abandonar por problemas mecánicos. Dende aquí mandámoslle moito ánimo a esta dupla que figura na parte alta da copa Pirelli K6.

Agora, imos ó choio. Estos son #OsNosos no 43º Rally San Froilan:

#21. Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Ford Fiesta R200. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

Os nosos amigos volven á carga co seu Ford Fiesta nunha nova edición do “Sanfro”. Os bos resultados das probas anteriores e a liña ascendente que levan, anuncian un fin de semana de tempos na parte alta desta copa cunha participación tan longa e interesante coma o seu propio nome. Loitarán de novo por rematar o rally na parte alta da taboa clasificatoria. #PísalleóFiestaComoLlePisasÁBerlingo!

#22. J. Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

“Os compadres” volven á carga no campeonato galego de Rally de Asfalto, logo dun merecido descanso tras o IV RallyMix Cuntis Vila Termal. Son dous membros da nosa escudería con postos de moita responsabilidade na nosa proba e merecían un descanso (e tamén devolver os días pedidos no choio). Dorsal #22 -feira en Cuntis- A lúa está chea e as uvas pañadas. Moi mal se vos ten que dar o día para que non acabedes durmindo solos. E senón, xa sabedes #ParaComerLugo!

#OsNosos no Rallye do Lacón 2021

Fin de semana de carreiras para a nosa escudería: mentres uns queiman calorías na Ruta BTT do Lacón (en Cuntis), outros queimarán gasolina no Rallye do Lacón do Carballiño.

Coma sempre, aquí vos deixamos a lista dos nosos inscritos na proba ourensá, por orde de dorsal:

#37 José Manuel Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2 – AGR3 – Pirelli Driver AUTIA TOP TEN C.

Contan a súa última participación no campeonato Galego de Rallyes, cunha victoria no pasado Rallye de Pontevedra. Desta volta non hai a motivación extra de adicarlle unha victoria ó seu amigo Magariños (D.E.P), pero estamos convencidos que a súa actuación estará a altura unha vez máis. #PazosAtendeÁsNotas!

Alineación de Rodas en Talleres Bugallo – Moraña.

#40 Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Peugeot 208 Rally4 – AGR3 – PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

No pasado Rallye Sur do Condado, tiveron que abandonar por rotura de motor do seu Fiesta R2. Desta volta, probarán fortuna con un 208 de aluguer. Suma e segue para o noso Miguelón acompañado do gran Cristian. #CoidaoQueNonÉteu

#71 Alejandro Otero e Lara Gómez. Citroën Saxo VTS 16V – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Outra nova carreira para seguir exprimindo a tope ese motor PSA. Van medrando pouco a pouco e iso nótase nos tempos. #OlloConEstes!

#87 Víctor Manuel Otero e Jacobo Domínguez – Renault CLIO SPORT – AGR3 – PIRELLI AMF MS.

Como vedes, a nosa carteira de equipos vai medrando pouco a pouco e este ano contamos con estes fieras dentro da agrupación 3 e a copa AMF. Outros que seguen sumando experiencias e facendo actuacións notables. Estaremos moi pendientes dos tempos, chavales! #NonVosEncherDePulpo

#95 – Miguel Suárez e Sergio Iglesias. Peugeot 106 GTi – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Incorporación de última hora de Sergio Iglesias ó equipo de Miguel, que pertence á escudería Pontevedra 1984. Un problema personal impide participar a seu irmán Daniel Iglesias, que será reemplazado polo seu irmán Sergio. #LumeChavales

#OsNosos no 3 Rally de Pontevedra “Memorial Miguel Alvarez” 2021

Qué terá este deporte, que arrastra masas nas cunetas e obliga a equipos a gastar horas e cartos arredor de “catro coches con pegatinas”? Que terá? Pensamos os que non o vivimos desde dentro.

Que terá esta leria, que a pesar do falecemento dun amigo nos entrenos dun rallye, te obriga a saír igualmente, para brindarlle á persoa desaparecida aínda que sexa un 5º posto dentro dunha copa menor, ou a simple finalización da proba… qué terá?

E eu, como extraño e alleo a todo isto, miro para eles mentres revisan palieres e frenos un xoves calquera ás 10 da noite e xúrovos, que eu, non o entendo. No fondo, todos se están xogando a vida. Aínda así, persisten no seu empeño.

A posibilidade dun accidente en calquera curva sucia ou nun simple rasante, está ahí… e sábeno. Parvos non son. O accidente recente de Magariños (amigo de varios membros da nosa escudería) está na cabeza. Coméntano en voz alta mentres siguen revisando pasadores, manguitos, algunha que outra abrazadera rebelde… pero continúan. Están tolos? Non sei. Supoño que algún desequilibrado haberá no medio de tanta xente, pero non creo que todos padezan a mesma enfermidade mental.

Para todas e todos, a mellor homenaxe para o seu querido Víctor é sair esta fin de semana e disfrutar dunha proba do Campeonato Galego de Rallyes. “Fixemos unhas pegatinas para tódolos coches: Sempre Magariños! A que molan?”. Pois sí. Por suposto que molan… E estou seguro que si para o ano cambian a decoración dos coches, esa pegata non se move do sitio.

Que terán os rallyes? Nin o sei, nin o entendo. Pero está claro que algo teñen. Mentres sigo investigando, aquí vos deixamos a lista #OsNosos, neste Rally de Pontevedra.

#40 Jose Manuel Pazos / David Calvo – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#43 Miguel Caeiro / Cristian Fierro – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#47 Javier Eiras / Álvaro García – Citroën Saxo / Top Ten Pirelli C.

#82 Marcos Maceiras / Sergio Iglesias – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#89 Alejandro Otero(25) / Lara Gómez – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#100 Victor Manuel Otero / Jacobo Domínguez – Clio Williams / Pirelli AMF MS.

Os nosos no Botafumeiro.

Aparcamos por un momento a nosa III Carreira de Rolos de Herba Seca, para centrarnos na vindeira proba do Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto: O Rali Botafumeiro.

Un Rallye que nos deixa sensacións amargas, se recordamos o acontecido o ano pasado, pero que nos trae moita ilusión para esta nova edición. E moito ollo porque da nosa escudería únicamente queda no garaxe o SEAT 124 de Pepe Mieres (do que xa falaremos ó pasar o verán).

Estes son os nosos representantes por orde de saída:

#15. Peugeot 106 GTi. Miguel CAEIRO e Sergio IGLESIAS. PIRELLI TOP TEN B.

“Pasiño a pasiño, suave, suaveciño” que diría Luis Fonsi… Estes dous amigos están facendo unha temporada fantástica, moi estable e regular. Siguen medrando en cada tramo e xa contan con actuacións salientables en varios Rallyes desta temporada. Miguel Caeiro ven de facer unha moi boa actuación (pese a volcar) no RallyMix de Piñor en compañía da súa copiloto Raquel Fojo. Será un bo rallye este Botafumeiro. #LumeNejro!

FB_IMG_1551504269655

#18. Ford Fiesta R2. J. Manuel PAZOS (MIERES) e David CALVO. TOP TEN B. 

Non sabedes as ganas que tiñamos de ver de novo a estes dous en acción. A mala sorte dunha rotura de motor no pasado Rías Baixas -cando tiñan todo na man para gañar o Rallye- deixounos apartados durante varias probas do Campeonato. Pese a perderse varias delas, os tipos seguen na allada, e non darán o brazo a torcer nun Botafumeiro que consideran coma “O Rallye da Casa”. #SentidiñoMieresQueLunsHaiQueChoiar.

42363846_10155689214865404_1034601692542271488_n

#79. Saxo VTS. Marcos MACEIRAS e M. RAÍDO. PIRELLI AMF.

O noso Colin McRae cuntiense volve ás andadas no #CGR. Nun ano dedicado integramente ó Campeonato de Montaña, Maceiras decidiu non presentarse á Subida de Pontecaldelas para centrarse no Botafumeiro. De copiloto levará a outro cuntiense moi coñecido no mundo do automobilismo galego; Manuel Raído. Estamos segurísimos de que esta novedosa dupla dará moito espectáculo esta fin de semana. #SorteRapaces!

67284370_2323767877876023_266804343385096192_n.jpg

#120. Opel Astra GSi. Santiago FABEIRO e Olalla FABEIRO. 

A nosa Pilota Olalla participará neste Botafumeiro acompañando a seu tío Santiago e baixo a insignia da escudería Galicia Motorsport. Queremos recoñecer o mérito dunha Olalla que sabemos que vai participar nalgún dos tramos ó volante do seu ASTRA. Así que para eles será un Rallye  para disfrutar e seguir sumando experiencias, tanto de copilota como de pilota. #ADisfrutarFamilia!!

WhatsApp Image 2019-06-06 at 00.10.36 Como sempre, intentaremos darvos toda a info posible a través das nosas redes sociais.

#LumeNejro!!

placa-rally-botafumeiro-2019 (1)

Rallye Recalvi Rías Baixas.

Terceira proba do Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto: Rías Baixas! E ademáis coincidindo co día das Letras Galegas. Feliz día a tod@s!!

Ata alá se desplazan dous equipos da nosa escudería, que retoman a competición despois dos bos resultados obtidos nas dúas primeiras probas: Coruña e Noia.

✓Pazos/Calvo. Ford Fiesta R2. Agr3. Dorsal 14. Acabaron o pasado Rallye de Noia na Pos9° Xeral e 2° Copa Pirelli TopTen B. Loitarán de novo por estar unha vez máis na parte alta da clasificación e o primeiros postos da copa TopTen B, pero sempre cunha premisa:  Acabar o Rally e levar o coche enteiro para a casa. O campeonato é moi longo.

FB_IMG_1551504328728

✓Caeiro/Iglesias. Peugeot 106 GTi. Agr4. Dorsal 17.  En Noia conseguiron a Pos21° Xeral e 7° Copa Pirelli TopTen B. Para eles a premisa é seguir sumando km e arrimarse o máis posible ós postos de cabeza da TopTenB. Sempre con cabeza fría: estamos na 3ª proba dun campeonato largo. Ademáis as previsións meteorolóxicas falan de baixada de temperaturas e probabilidade de choivas. Moito ollo.

IMG-20190407-WA0030

Se queredes máis info sobre os tramos e os horarios recomendamos estas dúas páxinas:

Galiza Rally e Pé á Chapa.

IMG_20190430_202427.jpg

 

Os nosos no Botafumeiro.

Galleta-final-1-1-910x417

Pero que terá o Botafumeiro que nos ten a tod@s tolos d cabeza!? Qué largas se nos fixeron as semanas! Pois tranquilidade porque xa está aquí. E nós como escudería, estamos moi ben representados. Enviamos 5 equipos. Son estos:

Pazos/Calvo: Ford Fiesta R2 Dorsal 10. Agr3. Copa Pirelli Top Ten B. Saen a defender o liderato nunha copa apretada e nun rally que lles encanta. Rapaces, cabeza e calculadora!

✓Caeiro/Iglesias: Peugeot 106 GTi. Dorsal 60. Agr4. Copa Pirelli AMF. Segunda colaboración no ano para estes dous amigos (Recordemos que Iglesias é copi habitual de Maceiras). Están super motivados para esta nova edición do Botafumeiro. Gas, chavales!

Porto/Fariña: Citroën Saxo. Dorsal 78. Agr4 Copa Pirelli AMF. Irán a tope, pero con xeito, para situarse o máis arriba posible da súa copa. Nós confiamos nas súas posibilidades. Lume, rapaces!

Sangiao/Hermida: Peugeot 106 GTi. Dorsal 66. Agr4. Copa Pirelli AMF. Non sabedes o que nos alegramos de ver estes dous nomes na lista de inscritos. Merecen facer un bo rally e estamos seguros de que o conseguirán. Gas e cabeza, mozos!

Martínez/Rodríguez. Peugeot 206 SX. Dorsal 121. Agr4. Estamos convencidos de que farán un bo papel dentro da súa agrupación. Gas, fenómenos!

Botamos en falta na lista ó noso Maceiras e a súa #SarténVoladora, pero o coche segue  no taller… Esperamos velo como mínimo na subida Á Estrada. Tamén estaremos moi atentos ós resultados de algúns amigos como Pazos/Iglesias e o seu Saxo Volador.

Enjoy!! Respetade as cintas de seguridade e ollo coas velutinas!

 

 

 

Blog en WordPress.com.

Subir ↑