#OsNosos no Rallye de San Froilán

Aquí estamos outra vez! nova proba do campeonato Galego de Rally e nova entrada no noso blog.

Chega a proba lucense despois do pasado RallyMix de Barbadás, RallyMix onde as esperanzas dos nosos amigos Esteban Cotón e Aaron Alonso acabaron por terra ó ter que abandonar por problemas mecánicos. Dende aquí mandámoslle moito ánimo a esta dupla que figura na parte alta da copa Pirelli K6.

Agora, imos ó choio. Estos son #OsNosos no 43º Rally San Froilan:

#21. Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Ford Fiesta R200. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

Os nosos amigos volven á carga co seu Ford Fiesta nunha nova edición do “Sanfro”. Os bos resultados das probas anteriores e a liña ascendente que levan, anuncian un fin de semana de tempos na parte alta desta copa cunha participación tan longa e interesante coma o seu propio nome. Loitarán de novo por rematar o rally na parte alta da taboa clasificatoria. #PísalleóFiestaComoLlePisasÁBerlingo!

#22. J. Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

“Os compadres” volven á carga no campeonato galego de Rally de Asfalto, logo dun merecido descanso tras o IV RallyMix Cuntis Vila Termal. Son dous membros da nosa escudería con postos de moita responsabilidade na nosa proba e merecían un descanso (e tamén devolver os días pedidos no choio). Dorsal #22 -feira en Cuntis- A lúa está chea e as uvas pañadas. Moi mal se vos ten que dar o día para que non acabedes durmindo solos. E senón, xa sabedes #ParaComerLugo!

#OsNosos no Rallye Mariña Lucense

Aquí estamos de novo! a falta de menos dun mes para a celebración do noso IV RallyMix, os nosos pilotos non paran e xa están preparados para unha nova aventura en terras de Lugo.

Como sempre, antes dunha proba, aquí vos deixamos a lista #OsNosos para esta fin de semana:

#16 Miguel Caeiro / Sergio Iglesias. Peugeot 208 Rally4. Agr2. Copa Pirelli Driver Autia Top Ten B.

Os nosos amigos volven a compartir habitáculo unha vez máis. Se nas anteriores probas foi Cristian Fierro quen acompañaba ó noso Miguelón, desta volta tócalle o turno a Sergio. Intentarán repetir as boísimas sensacións que tiveron no pasado Rallye do Lacón. Chavales! ide ó xeito que a última vez que pasastes por ahí… #OlliñoCaeiro!

#19 Javier Eiras / Álvaro García. Citroën Saxo VTS. Agr4. Copa Pirelli Driver Autia Top Ten B.

Siguen sumando experiencias e coma sempre, intentarán arrimarse o máis posible ós postos de cabeza dentro da Top Ten B. Ausentes no pasado Rallye do Lacón, teñen por obxetivo acabar o Rallye e seguir disfrutando nesta nova cita. #CántameClariñoÁlvaro!

#34 Alejandro Otero / Lara Gómez. Peugeot 106 GTi. Agr4. Copa Pirelli AMF.

Os nosos amigos tentarán traer o coche enteiro e facer un bo papel dentro da AMF, dúas cousas que non son incompatibles. Coma sempre, corren dentro da AMF, unha das copas máis animadas de todo o Campeonato Galego de Rally. #ÁnimoChotas!

#OsNosos no Rallye do Lacón 2021

Fin de semana de carreiras para a nosa escudería: mentres uns queiman calorías na Ruta BTT do Lacón (en Cuntis), outros queimarán gasolina no Rallye do Lacón do Carballiño.

Coma sempre, aquí vos deixamos a lista dos nosos inscritos na proba ourensá, por orde de dorsal:

#37 José Manuel Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2 – AGR3 – Pirelli Driver AUTIA TOP TEN C.

Contan a súa última participación no campeonato Galego de Rallyes, cunha victoria no pasado Rallye de Pontevedra. Desta volta non hai a motivación extra de adicarlle unha victoria ó seu amigo Magariños (D.E.P), pero estamos convencidos que a súa actuación estará a altura unha vez máis. #PazosAtendeÁsNotas!

Alineación de Rodas en Talleres Bugallo – Moraña.

#40 Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Peugeot 208 Rally4 – AGR3 – PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

No pasado Rallye Sur do Condado, tiveron que abandonar por rotura de motor do seu Fiesta R2. Desta volta, probarán fortuna con un 208 de aluguer. Suma e segue para o noso Miguelón acompañado do gran Cristian. #CoidaoQueNonÉteu

#71 Alejandro Otero e Lara Gómez. Citroën Saxo VTS 16V – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Outra nova carreira para seguir exprimindo a tope ese motor PSA. Van medrando pouco a pouco e iso nótase nos tempos. #OlloConEstes!

#87 Víctor Manuel Otero e Jacobo Domínguez – Renault CLIO SPORT – AGR3 – PIRELLI AMF MS.

Como vedes, a nosa carteira de equipos vai medrando pouco a pouco e este ano contamos con estes fieras dentro da agrupación 3 e a copa AMF. Outros que seguen sumando experiencias e facendo actuacións notables. Estaremos moi pendientes dos tempos, chavales! #NonVosEncherDePulpo

#95 – Miguel Suárez e Sergio Iglesias. Peugeot 106 GTi – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Incorporación de última hora de Sergio Iglesias ó equipo de Miguel, que pertence á escudería Pontevedra 1984. Un problema personal impide participar a seu irmán Daniel Iglesias, que será reemplazado polo seu irmán Sergio. #LumeChavales

#OsNosos na XXV SUBIDA Á ESTRADA

Os nosos amig@s da Escudería Estradense celebran este sábado 7 e domingo 8 a súa proba! e ademáis están de aniversario. Nós como veciños, estamos super felices e contentos por eles. E ademáis, estamos encantados de poder botar sempre unha man, eles xa o saben.

A subida á Estrada é unha das mellores do campeonato galego de Montaña, tanto por trazado, como por público e sobre todo por organización. Así que para celebralo, enviamos a dous catro dos nosos mellores talentos:

#22 MIGUEL CAEIRO – SCC CITROËN AX – AGR1

Miguel segue sumando experiencias. Ó noso tío grande non lle chega co Campeonato Galego de Rallye e o de RallyMix, así que sempre que pode, súbese ó seu AX para probar na montaña. Como decía o meniño do anuncio do Citroën AX: #GenialMiguel!

#35 MARCOS MACEIRAS – CITROËN SAXO VTS – AGR4

O noso Marcos conta as súas dúas últimas participacións na Subida á Estrada con dous 1º postos dentro da súa agrupación. O trazado estradense encántalle e de seguro dará o máximo por estar de novo no podium final. #LumeMarcos!

#38 SERGIO IGLESIAS – CITROËN SAXO VTS – AGR4

Habitualmente, o sitio de Sergio é no asiento dos valientes (ou dos tolos, según como se mire), en anos anteriores acompañando a Miguel Caeiro e últimamente de par do seu amigo Marcos Maceiras. Na edición anterior, Sergio xa fixo algún tempo destacable dentro da súa agrupación. Confiamos en que este ano, o siga pasando igual de ben. #DalleSerginho!

#39 JAVIER EIRAS – CITROËN SAXO VTS -AGR4

Outra proba máis para para amigo Javier. Suma e segue. E nós encantados de que o faga baixo o noso escudo. #ConFéJavi!

Con Javier, son catro os pilotos da nosa escudería que participarán no 25º aniversario da Subida á Estrada. Tamén hai ausencias destacatas, como José Manuel Pazos, David Calvo e o patriarca Pepe Mieres, ó que a pandemia truncou os seus plans de re-estrenar o seu fermoso Seat 124 na copa de Históricos patrocinada por Talleres Puentevea. De todos modos, xa vos aseguramos que máis cedo que tarde, poderemos disfrutar de novo de Pepe ó volante dos seu Seat.

I RallyMix Ribadumia: #OsNosos

Aquí estamos de novo! preparados para unha fin de semana de carreiras en Ribadumia. Antes de dar conta dos pilotos da nosa escudería que participarán no evento, queremos mandarlle todo o apoio e o ánimo ós nosos amigos de Tino Racing que organizan o seu primeiro RallyMix e de seguro, a estas horas, teñen os nervios de paseo polo estómago. LUME!!

Tamén noraboa e grazas ó Concello de Ribadumia por apoiar esta modalidade, que encherá Ribadumia de xente esta fin de semana.

Aquí vos deixamos toda a info de GZRALLY.COM sobre o RallyMix de Ribadumia.

Imos ó choio!! Estos son os pilotos da Escudería Cuntis V.T. que participan no I RallyMix Concello de Ribadumia.

#31 – Esteban Cotón/Aarón Alonso. Citroën Saxo VTS. AG2 – PIRELLI K6. Unha dupla que dará que falar. Veñen de conseguir o 2º posto na Pirelli K6 no anterior RallyMix de Piñor.

#41. Miguel Caeiro/Alberto Alonso. Citroën Saxo VTS. AG2 – PIRELLI K6.

Novo compañeiro de aventuras para o noso Caeiro; un home que non se cansa de sumar experiencias e carreiras para, pouquiño a pouco, ir abríndose paso no Campeonato Galego de Rallyes. Estaremos moi pendentes da súa evolución neste fin de semana en Ribadumia.

#42. Gerardo Alfonso/Jessica Magán. Peugeot 206. AG3. Debutaron no pasado RallyMix de Piñor e están a punto para entregarse a fondo nas pistas do RallyMix de Ribadumia. As primeiras carreiras sempre van a full de sensacións novas e situacións inesperadas. Moito ánimo, amigos!

Antonio Fontán “Tranganillo” e David Calvo.

Non son hai que dar conta dos que van correr, senón tamén dos que van traballar para que toda esta maquinaria funcione. Enviamos a dous membros da Escudería Cuntis V.T. Antonio Fontán, o noso comisario deportivo máis implacable tamén participará no RallyMix de Ribadumia, pero como Jefe de parque de pechado.. Ollo con él porque é coma os inspectores de facenda. #HaiQueSerLegales

Tamén o noso presidente David Calvo estará traballando coa organización do RallyMix Ribadumia.

#OsNosos no 3 Rally de Pontevedra “Memorial Miguel Alvarez” 2021

Qué terá este deporte, que arrastra masas nas cunetas e obliga a equipos a gastar horas e cartos arredor de “catro coches con pegatinas”? Que terá? Pensamos os que non o vivimos desde dentro.

Que terá esta leria, que a pesar do falecemento dun amigo nos entrenos dun rallye, te obriga a saír igualmente, para brindarlle á persoa desaparecida aínda que sexa un 5º posto dentro dunha copa menor, ou a simple finalización da proba… qué terá?

E eu, como extraño e alleo a todo isto, miro para eles mentres revisan palieres e frenos un xoves calquera ás 10 da noite e xúrovos, que eu, non o entendo. No fondo, todos se están xogando a vida. Aínda así, persisten no seu empeño.

A posibilidade dun accidente en calquera curva sucia ou nun simple rasante, está ahí… e sábeno. Parvos non son. O accidente recente de Magariños (amigo de varios membros da nosa escudería) está na cabeza. Coméntano en voz alta mentres siguen revisando pasadores, manguitos, algunha que outra abrazadera rebelde… pero continúan. Están tolos? Non sei. Supoño que algún desequilibrado haberá no medio de tanta xente, pero non creo que todos padezan a mesma enfermidade mental.

Para todas e todos, a mellor homenaxe para o seu querido Víctor é sair esta fin de semana e disfrutar dunha proba do Campeonato Galego de Rallyes. “Fixemos unhas pegatinas para tódolos coches: Sempre Magariños! A que molan?”. Pois sí. Por suposto que molan… E estou seguro que si para o ano cambian a decoración dos coches, esa pegata non se move do sitio.

Que terán os rallyes? Nin o sei, nin o entendo. Pero está claro que algo teñen. Mentres sigo investigando, aquí vos deixamos a lista #OsNosos, neste Rally de Pontevedra.

#40 Jose Manuel Pazos / David Calvo – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#43 Miguel Caeiro / Cristian Fierro – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#47 Javier Eiras / Álvaro García – Citroën Saxo / Top Ten Pirelli C.

#82 Marcos Maceiras / Sergio Iglesias – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#89 Alejandro Otero(25) / Lara Gómez – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#100 Victor Manuel Otero / Jacobo Domínguez – Clio Williams / Pirelli AMF MS.

Miguel Caeiro no Rallye Terras da Auga.

Ollo este fin de semana en Arzúa co Rallye Terras da Auga do Campeonato de España de Rallyes de Terra: o CERT.

Como xa sabedes a lista de pilotos encabezada por Nasser Al Atiyah é espectacular… E no medio desa lista está o noso compañeiro Miguel Caeiro a bordo do seu Citroën Saxo preparado para Terra.

O copiloto habitual de Miguel, o amigo Sergio Iglesias, non pode asistir por motivos laborais, así que Ían Quintana acompaña a Miguel nesta aventura.

Os nosos no Rallye Ribeira Sacra.

 

Nova cita do Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto e nova proba na que teremos representación. O Rally Ourense Lugo Ribeira Sacra.

Hai ausencias importantes, como a de Marcos Maceiras e Pazos/Calvo, pero seguimos tendo representantes que aportan importantes novidades. Imos alá:

Miguel Caeiro e Alberto Alonso. Dorsal 14. Peugeot 106 GTi. Agr4. Copa Pirelli Top Ten B e Tecnoshock B. 

O amigo Caeiro segue a sumar experiencias e agardemos que tamén puntos. Recordemos que ven de participar co Suzuki de Egipto Motor no pasado Rallye da Princesa, do Campeonato de España de Rallyes de Asfalto.  A súa regularidade está ahí e este ano xa conta con varias probas rematadas. Algo que non é nada doado… para esta ocasión, conta como copiloto con Alberto Alonso. #SorteRapaces! 68620422_677248026071929_7770883104587120640_n.jpg

Sergio Iglesias e Cristian Fierro. Dorsal 76. Citroën Saxo VTS. Agr4. Copa Pirelli AMF.

O gran Sergio Iglesias leva un ano espectacular. Este ano xa participou en probas do Campeonato Galego de Montaña como piloto e desta volta, súbese ó Saxo para participar no Ribeira Sacra tamén como piloto. Hai que recordar, que Sergio Iglesias é o habitual copiloto de Miguel Caeiro… Así que como vedes, este non é so un equipo de deportistas, senón tamén de amigos. #CuidaditoCosEspellosSergio 

4202ab1e-581f-4e6a-9769-2fb65232f9f1.jpg

Cartel-Rally-de-Ourense-Lugo-Ribeira-Sacra-2019.jpg

 

Olalla Fabeiro na Iª Subida a Dumbria.

photo_2019-05-21-11.30.04.jpeg

Chega unha nova cita do Campeonato Galego de Montaña: A 1ª Subida a Dumbría. 

Nesta proba, á que desexamos larga vida, participará a nova incorporación da Escudería Cuntis Vila Termal: Olalla Fabeiro Iglesias, 21 anos, estudante de Educación Social.  Pilota de Pontecesures con raíces Cuntienses. (Por motivos laborais, a Dumbría non poderán acudir Sergio Iglesias, Marcos Maceiras, nin Miguel Caeiro).

WhatsApp Image 2019-06-06 at 00.10.37.jpeg
Olalla Fabeiro Iglesias

Para que a vaiades coñecendo (porque agora está fichada na nosa escudería), Aquí vos deixamos unha conversa que mantivemos con ela por Whatsapp.

P: Cóntanos Olalla. De onde es e cando te iniciaches no mundo do automobilismo?

R: Na actualidade vivo en Pontecesures, pero a maior parte do tempo pásoa en Cuntis, na casa da miña avoa materna. Dende pequena vou de espectadora ós ralis… últimamente, bastante. O ano pasado, no Terras de Auga, decidimos crear un proxecto para competir o meu tío Santi ó volante e eu cas notas, polo que finalmente a primeira experiencia foi o pasado Rali de Noia no que debutei como copilota. Cheguei ó mundo do motor por influencia familiar… pola parte materna lembro ver a meu tío Toño sempre arredor de coches, a meu pai tamén lle encantan e meu tío Santi xa tivo a oportunidade de correr con anterioridade nunha edición do Albariño. Digamos que o levo no sangue.

P: Entonces en Dumbría… será a primeira vez que te subes no lado esquerdo do coche? 

R: Si, debuto en Dumbría como pilota e oxalá poida facer o campeonato enteiro… pero por desgracia é un deporte moi caro, sobre todo cando unha é estudante jajaja. Agora mesmo non podería estar correndo sen a axuda de meu pai (que se ve reflexado en min á hora de cumplir o soño) e sen meu tío Toño e os dous rapaces da asistencia: Javi e Alberto. Por agora ainda non sei en que subidas participarei, pero gustaríame estar presentes nas máis cercanas.

P:  E que tipo de preparación fixeches para abordar esta aventura?

R: Só fixen en Xaneiro o curso de Copilotxs porque realmente, só tiña eso nos meus plans, agora deuse a oportunidade de saír de pilota e a verdade é que non o dudei nin un segundo. Como dicía antes, neste mundillo fan falla moitos cartos, pero máis para adiante encataríame formarme máis. Tamén me gustaría ter máis coñecementos sobre mecánica, pois todo o que sei é porque mo ensina meu tío ou porque leo e me intereso bastante. Na actualidade estudo o Grao de Educación Social, pero non descarto facer un ciclo de mecánica ó rematalo.

P: Fálanos do teu xoguete, Olalla. Que nos contas dese Opel Astra.

R: Pois o Astra foi unha oportunidade que nos chamou á porta e co que nos fixemos sin dudalo. Personalmente, non pido máis para comezar. En Noia foi a primeira vez que corremos con el, e salvo un fusible que nos deu a lata foi xenial. É un coche antigo, do 1992, é dicir, máis vello ca min jajaja, pero que ten moita menos instalación eléctrica ca os coche actuais e que, por agora, igual está sendo unha vantaxe. Como ben dixen, estou encantada de comezar con el e de facelo xirar.

P: Nós estamos encantados de que formes parte da nosa agrupación, xa que ti e máis Lucía Regueiro, sodes as únicas deportistas en activo da nosa escudería. Gustaríanos que houbese máis pilotas coma ti, non só na nosa escudería, senón en xeral neste mundillo. Que lles dirías ás que miran pasar os coches, pero non se atreven a dar o paso?

R: Claramente, que se é o que lles gusta, adiante! Somos poucas pero somos bravas e realmente, polo de agora, eu só atopei apoios tanto masculinos como femininos. Ademais, que a miña percepción, e pola relación que teño con outras rapazas que tamén forman parte disto é que estamos todas para todas, e ante calquera inxustiza, claro está, saltamos de primeiras. Como anecdota, hai pouco, cando me chegou a licencia, sorprendinme porque realmente pensaba que existía a palabra “Pilota”, agora xa me decatei que non, e aínda que pareza unha tontería, mostrei o meu descontento nas redes sociais. Ó pouco tempo, outras rapazas estaban pintándolle a “A” á palabra “Piloto” das nosas licencias.

P: Pois benvida Olalla! Disfruta a tope desta fin de semana… e xa podes coller un rotulador e escribir nalgunha esquina do Astra o noso grito de guerra: #LumeNejro! 

R: Moitas grazas. Non quería despedirme sen agradecer públicamente o respaldo económico dos meus patrocinadores, xa que sen o seu apoio, isto sería imposible: Grupo Unión y Fuerza, CRP, Maquinaria Lois, Clases Particulares de Inglés Bárbara Bustelo, Tintados Banano, Naumáticos Padrón, Obras e reformas José Guerra Picallo, Recambios Galicia, A.C.D Lampai, Cafetería Sol y Mar, Talleres J. Sanchez, Publi Galega, InforConstenla, H. Cerqueiras, Caprichos, Autoservicios Lens, Construcciones Hermanos Gómez, Rriobó, Bar Ángel o Mambis, Neumaticos Low Cost Milladoiro, Estación de Servicio a Palmeira e a Cantina do Roxo.

WhatsApp Image 2019-06-06 at 00.10.36.jpeg

 

 

 

Os nosos no Rally de Noia.

Xa está aquí a próxima parada do tren que nos leva polo #CGR: o Rally de Noia.

Nesta ocasión, enviamos a dous equipos que participarán baixo a insignia da nosa escudería:

Pazos/Calvo. DORSAL 12. Ford Fiesta R2. COPA Pirelli TOP TENB. Agrupación 3.

Despois dun Rally da Coruña no que remataron na pos 4ª da súa copa, a pesar dos  problemas eléctricos na dirección, afrontan este Rally de Noia con tranquilidade e coa premisa de traer o coche enteiro para a casa. Non queremos ser augafestas, pero as previsións meteorolóxicas anuncian para esta fin de semana moita choiva e vento… o que se traduce en tramos sucios, esvaradíos e moi complicados. Este será un Rally de supervivencia. #CABESIÑA!

FB_IMG_1551504328728
Pazos/Calvo no pasado Rally da Coruña

Caeiro/Iglesias. DORSAL 17. Peugeot 106 GTi. COPA Pirelli TOP TEN B. Agrupación 4.

Veñen de disputar a subida a Marín por separado: Caeiro ó volante dun Citroën AX SCC ex “Chairo” (rematou 3º da súa categoría) e Iglesias cun Citroën Saxo VTS. Para Sergio  foi o seu debut ó volante e rematou cun 8º posto da súa agrupación. A igual que Pazos e Calvo, saben perfectamente que o de Noia vai ser un Rally moi delicado, con tramos sucios, pouca visibilidade por momentos e moi probablemente, con algúns retrasos no seu transcurso (moitos vehículos, mal tempo, posibles saídas de vía…). Para eles tamén será un Rally de paciencia e resistencia e consistencia. #CABESIÑA!!   

Nós coma sempre, estaremos moi pendentes desde o noso Facebook e o noso Twitter para informarvos de todalas noticias que nos vaian chegando. ENJOY!!

FB_IMG_1551504269655
Caeiro/Iglesias no Pasado Rally da Coruña.

 

 

 

 

RallyMix Barbadás “Memorial Gonzalo Belay Jiménez”

Esto non para! ainda non acabamos de asimilar o acontecido no Rallye De San Froilan e xa temos na palestra unha das últimas probas do Campeonato Galego de RallyMix: Barbadás. < pica para +info.

De entrada, mandámoslle unha forte aperta á organización do RallyMix,  a nosa noraboa por esa adicatoria ó gran Gonzalo Belay e tamén pola convocatoria do Primeiro Concurso Fotográfico que leva o nome de tan insigne fotógrafo. Boísima iniciativa!!

RallymixBarbadas2018_Cartel.jpg

Agora imos cos nosos representantes:

Abraham Duarte. Dorsal 3. Agr1. CarCross YaCar.  O noso piloto de CarCross, sae a defender a súa 3º plaza dentro do campeonato. Sae motivado a repetir no podium e ollo porque onte mesmo nos confirmaba, a súa intención de participar na mítica Subida al Garbí. < pica para +info.

touro2018 1483.jpg

Francisco Sanmarco e Julio Rodríguez. Dorsal 40. Ag3. VW Golf. Os nosos amigos seguen sumando experiencias a bordo do seu Golf. Coma sempre, o obxetivo principal é seguir compenetrándose, rematar a carreira e a poder ser, facelo co coche enteiro. Siguen sumando experiencia e resultados para poder encher o coche de pegatinas na vindeira tempada. Gas máquinas!

IMG-20181101-WA0006.jpg

Para rematar esta nota, deixámosvos a última cámara a bordo do noso piloto Abraham Duarte durante o RallyMix  da Gudiña 2018.

40º Rallye San Froilán

Penúltima proba do Campeonato Galego de Rallye de Asfalto: O San Froilán. Despois desta parada únicamente nos queda o Rallye da Ulloa. 

A terras luguesas, enviamos a 3 equipos que representarán á nosa escudería:

Pazos/Calvo: Dorsal 9. Agr3. Copa Pirelli Top Ten B. Chegan a esta proba líderes da súa clasificación na copa, pero a moi pouca distancia dos segundos clasificados. Este será un Rallye decisivo para as aspiracións duns, ou doutros. Un rallye que seguramente se correrá baixo a choiva e que se pode converter nun rallye de supervivencia que marque todo o campeonato. Estaremos moi pendentes.

Caeiro/Iglesias:  Dorsal 53. Agr3. Copa AMF. Pouco a pouco van aumentando o seu entendimento e compenetración. Últimamente están rematando moi ben tódalas probas ás que se presentan. Xa demostraron o seu bo facer no pasado Ribeira Sacra, donde remataron na pos. 36º da Xeral. Os dous participaron na pasada Subida á Estrada, donde Miguel se clasificou 4º da Agr4. e Sergio 1º da modalidade Regularidad 50 co piloto Manuel Piñeiro. Seguen sumando experiencias e xuntos empezan a ser unha dupla competitiva.

Sangiao/Hermida: Dorsal 59. Agr4. Copa AMF. O equipo volve á competición despois da participación do piloto Iván Sangiao na subida á Escusa, donde rematou na pos. 3º da Agr4. Estamos convencidísimos do gran papel que van facer neste San Froilan.

Estaremos moi pendentes durante toda a fin de semana e se a técnica o permite, na vindeira semana ofrecerémosvos algunha cámara interior. Para exemplo, deixámosvos o video da cámara a bordo do noso amigo Marcos Maceiras: 1º clasificado da Agr4 na pasada edición da Subida á Estrada. ENJOY!!

43EF8D28-5DE7-4AFF-B842-03F98452B4AC

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑