#OsNosos no 3 Rally de Pontevedra “Memorial Miguel Alvarez” 2021

Qué terá este deporte, que arrastra masas nas cunetas e obliga a equipos a gastar horas e cartos arredor de “catro coches con pegatinas”? Que terá? Pensamos os que non o vivimos desde dentro.

Que terá esta leria, que a pesar do falecemento dun amigo nos entrenos dun rallye, te obriga a saír igualmente, para brindarlle á persoa desaparecida aínda que sexa un 5º posto dentro dunha copa menor, ou a simple finalización da proba… qué terá?

E eu, como extraño e alleo a todo isto, miro para eles mentres revisan palieres e frenos un xoves calquera ás 10 da noite e xúrovos, que eu, non o entendo. No fondo, todos se están xogando a vida. Aínda así, persisten no seu empeño.

A posibilidade dun accidente en calquera curva sucia ou nun simple rasante, está ahí… e sábeno. Parvos non son. O accidente recente de Magariños (amigo de varios membros da nosa escudería) está na cabeza. Coméntano en voz alta mentres siguen revisando pasadores, manguitos, algunha que outra abrazadera rebelde… pero continúan. Están tolos? Non sei. Supoño que algún desequilibrado haberá no medio de tanta xente, pero non creo que todos padezan a mesma enfermidade mental.

Para todas e todos, a mellor homenaxe para o seu querido Víctor é sair esta fin de semana e disfrutar dunha proba do Campeonato Galego de Rallyes. “Fixemos unhas pegatinas para tódolos coches: Sempre Magariños! A que molan?”. Pois sí. Por suposto que molan… E estou seguro que si para o ano cambian a decoración dos coches, esa pegata non se move do sitio.

Que terán os rallyes? Nin o sei, nin o entendo. Pero está claro que algo teñen. Mentres sigo investigando, aquí vos deixamos a lista #OsNosos, neste Rally de Pontevedra.

#40 Jose Manuel Pazos / David Calvo – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#43 Miguel Caeiro / Cristian Fierro – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#47 Javier Eiras / Álvaro García – Citroën Saxo / Top Ten Pirelli C.

#82 Marcos Maceiras / Sergio Iglesias – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#89 Alejandro Otero(25) / Lara Gómez – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#100 Victor Manuel Otero / Jacobo Domínguez – Clio Williams / Pirelli AMF MS.

Rallye Recalvi Rías Baixas.

Terceira proba do Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto: Rías Baixas! E ademáis coincidindo co día das Letras Galegas. Feliz día a tod@s!!

Ata alá se desplazan dous equipos da nosa escudería, que retoman a competición despois dos bos resultados obtidos nas dúas primeiras probas: Coruña e Noia.

✓Pazos/Calvo. Ford Fiesta R2. Agr3. Dorsal 14. Acabaron o pasado Rallye de Noia na Pos9° Xeral e 2° Copa Pirelli TopTen B. Loitarán de novo por estar unha vez máis na parte alta da clasificación e o primeiros postos da copa TopTen B, pero sempre cunha premisa:  Acabar o Rally e levar o coche enteiro para a casa. O campeonato é moi longo.

FB_IMG_1551504328728

✓Caeiro/Iglesias. Peugeot 106 GTi. Agr4. Dorsal 17.  En Noia conseguiron a Pos21° Xeral e 7° Copa Pirelli TopTen B. Para eles a premisa é seguir sumando km e arrimarse o máis posible ós postos de cabeza da TopTenB. Sempre con cabeza fría: estamos na 3ª proba dun campeonato largo. Ademáis as previsións meteorolóxicas falan de baixada de temperaturas e probabilidade de choivas. Moito ollo.

IMG-20190407-WA0030

Se queredes máis info sobre os tramos e os horarios recomendamos estas dúas páxinas:

Galiza Rally e Pé á Chapa.

IMG_20190430_202427.jpg

 

XII Subida a Oia

Neste recén estrenado mes de maio, temos 2 citas importantes para o automobilismo deportivo en Galicia: o Rallye Recalvi Rías Baixas e a Subida a Oia. Dúas probas míticas do sur galego que veñen, ademáis, coas inscripcións ata os topes.

Pero centrémonos nesta fin de semana do 4 e 5 de maio, porque en Oia teremos varios equipos representando a nosa escudería.

Miguel Caeiro. Citroën AX SCC. AG1. Despois da súa ausencia na Subida á Saleta e de facer podium na I Subida a Marín dentro da AG1, volve con ganas de seguir sumando experiencias neste segundo ano de competición. Ademáis, esta proba servirá para entrar en ritmo antes do ansiado Rallye Rías Baixas.

55849211_1231007473717701_679501956946853888_n

Marcos Maceiras. Citroën Saxo VTS. AG4. O noso Marcos, leva dúas victorias nas dúas primeiras probas da especialidade de montaña.  Como xa sabedes a súa intención é ir facendo todo o campeonato de montaña e algunha proba de Rally. Será o Rías Baixas o primeiro da tempada? De momento teremos que esperar para sabelo… o que sí que podemos confirmar e que Maceiras estará na subida a Oia para seguir sumando puntos no casilleiro particular.

IMG-20190328-WA0011

Sergio Iglesias. Citroën Saxo VTS. AG4. O noso compañeiro Sergio competirá na súa 3ª proba ós mandos dun coche (recordemos que é o copiloto de Miguel Caeiro no Campeonato de Rallye de Asfalto). Desta volta, e despois de marcar un 3º posto na Subida á Saleta dentro da AG4, Sergio ten que estrenar carrocería nova, así que será unha proba para comprobar que todo está no seu sitio e funciona como é debido. Un Sergio, que precisamente a semana pasada se desplazaba ata Barcelona para disfrutar do WRX en compañía do noso amigo e padriño Albert LLovera. Esperemos que aprenderas algo, Sergio!! sergio llovera.jpg

WhatsApp Image 2019-05-03 at 11.24.04.jpeg

 

Botafumeiro 2018: Sorrisos e bágoas…

Bágoas? Non, tampouco é para chorar. Pero o certo é que o Rali Botafumeiro deixou nos nosos equipos emocións enfrontadas.

Comezamos polos risos:

✓Adrián Martínez e J. Carlos Rodríguez: Peugeot 206 XS. Agrupación 4.

  • Remataron un Rally durísimo acabando na Pos39 da súa Agr. e na Pos76 da Xeral. Son o equipo mellor clasificado da nosa escudería. Empregaron un tempo total de 1h22:57.879. Noraboa rapaces!!

✓Miguel Porto e J. María Fariña: Citroën Saxo. Agrupación 4.

  • Remataron o Botafumeiro colocando o seu Saxo na Pos 42 da súa Agr. e na Pos82 da Xeral. Empregaron un tempo total de 1h26:02.224. Noraboa rapaces!!

 

O resto dos equipos sufriron, uns máis e outros menos, pero sufriron:

✓Sangiao/Hermida: Peugeot 106 GTi. Agrupación 4. Copa Pirelli AMF.

  • Comezaron mandando na xornada do venres. Situaron o seu pequeno peugeot á cabeza da Copa AMF e foron durmir co número 1 ás espaldas. Loitaron durante toda a fin de semana, pero na última pasada polo tramo da Estrada romperon unha rótula da dirección. Cambiarona en 10 min e conseguiron rematar rali. O siguiente tramo foi anulado e aplicaronlles o tempo da pasada anterior. Sacaron o coche do parque pechado antes de tempo e por iso non aparecen na clasificación final. Estamos moi orgullosos da súa actuación nun rali moi complicado.

40065047_273629499916396_8249352906721984512_n

✓Pazos/Calvo: Ford Fiesta R2. Agrupación 3. Copa Pirelli Top Ten B (menos de 1.6L).

  • Saían a defender o seu liderato na Copa Pirelli Top Ten B, pero un golpe na especial do venres facíalles perder tódalas opcións. Os mecánicos de Egipto Motor repararon o coche de madrugada e conseguiron deixalo en condicións óptimas para correr o sábado. Mentres estiveron operativos marcaron uns tempazos dentro da súa categoría. De feito no terceiro tramo do sábado, colocaron o Fiesta na Pos8 e fixeron o mellor tempo da súa copa… pero de pouco sirveu. Apretaron para intentar recuperar tempo perdido, forzando quizais demasiado e apareceron os erros. Saída de pista, bomba de freno de man agarrotada e para casa. Out.

Publicabamos o video na nosa conta de Twitter e así reaccionaban os nosos amigos, entre eles o gran Albert LLovera: Twitter bota

✓Caeiro/Iglesias: Peugeot 106 GTi. Agrupación 4. Copa Pirelli AMF.

  • Os nosos amigos estiveron todo o fin de semana na zona media da tabla e moi ben posicionados na copa AMF. No antepenúltimo tramo tiveron problemas coa caixa de cambios correron únicamente coa 3ª marcha. Egipto motor solucionou o problema e intentaron acabar o rali. O embrague deixounos tirados a falta dun único tramo para rematar. Out.

IMG-20180825-WA0039

Atrás queda un Botafumeiro ó que lle tiñamos moitas ganas, pero que finalmente non saiu como esperabamos… e visto o visto, non fomos os únicos. Vémonos na seguinte cita!! Enjoy, pinflois!!

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Os nosos no Botafumeiro.

Galleta-final-1-1-910x417

Pero que terá o Botafumeiro que nos ten a tod@s tolos d cabeza!? Qué largas se nos fixeron as semanas! Pois tranquilidade porque xa está aquí. E nós como escudería, estamos moi ben representados. Enviamos 5 equipos. Son estos:

Pazos/Calvo: Ford Fiesta R2 Dorsal 10. Agr3. Copa Pirelli Top Ten B. Saen a defender o liderato nunha copa apretada e nun rally que lles encanta. Rapaces, cabeza e calculadora!

✓Caeiro/Iglesias: Peugeot 106 GTi. Dorsal 60. Agr4. Copa Pirelli AMF. Segunda colaboración no ano para estes dous amigos (Recordemos que Iglesias é copi habitual de Maceiras). Están super motivados para esta nova edición do Botafumeiro. Gas, chavales!

Porto/Fariña: Citroën Saxo. Dorsal 78. Agr4 Copa Pirelli AMF. Irán a tope, pero con xeito, para situarse o máis arriba posible da súa copa. Nós confiamos nas súas posibilidades. Lume, rapaces!

Sangiao/Hermida: Peugeot 106 GTi. Dorsal 66. Agr4. Copa Pirelli AMF. Non sabedes o que nos alegramos de ver estes dous nomes na lista de inscritos. Merecen facer un bo rally e estamos seguros de que o conseguirán. Gas e cabeza, mozos!

Martínez/Rodríguez. Peugeot 206 SX. Dorsal 121. Agr4. Estamos convencidos de que farán un bo papel dentro da súa agrupación. Gas, fenómenos!

Botamos en falta na lista ó noso Maceiras e a súa #SarténVoladora, pero o coche segue  no taller… Esperamos velo como mínimo na subida Á Estrada. Tamén estaremos moi atentos ós resultados de algúns amigos como Pazos/Iglesias e o seu Saxo Volador.

Enjoy!! Respetade as cintas de seguridade e ollo coas velutinas!

 

 

 

Duarte e Fariña no 3º RallyMix de Piñor

  • 4ª parada do campeonato galego de RallyMix: Despois de Cuntis, Touro e Pontedeume, chega Piñor.

E a Piñor mandamos todo o noso apoio (para a escudería organizadora) e un par de bestas bravas que intentarán loitar polo podium nas súas categorías:

– Abraham Duarte: o noso piloto de car cross, que actualmente ocupa a 3ª plaza do campeonato da súa categoría, acude por segunda vez coa súa montura nova. Este flamante Car Cross de Ya-Car, co que xa correu no RallyMix de Pontedeume. Loitará por un dos caixóns do pódium, estamos convencidos.

IMG-20180726-WA0008(1)

– José María Fariña e Miguel Porto: a bordo do seu Citroën Saxo, loitarán duramente polos postos de cabeza na Agr3. Estaremos moi pendentes da súa evolución, porque estes rapaces, prometen.

IMG-20180727-WA0029

Estaremos tamén moi atentos a Dani Álvarez e Juan Manuel Piñeiro na COPA Pirelli K6 e tamén á sorpresa da semana: Carracedo nun Car Cross.  Esta semana a web de Pé á chapa, donde se nos informaba de que o gran Carracedo vai facer a súa primeira carreira a bordo dun car cross. Estamos ansiosos por ver ó noso amigo Javier ós mandos dun cacharro coma este. Abel Jurado, Bamarti, Carracedo… da gusto ver estos nomes ligados ó campeonato de RallyMix.

WhatsApp Image 2018-07-26 at 21.49.20
Foto Pé á Chapa.

XII Slalom Concello de Valga

Memorial Xosé R. Santos.

Como di o título, este fin de semana celébrase en Valga -Pontevedra- o XII Slalom Concello de Valga, proba puntuable para o Campeonato Galego de Slalom. A proba está organizada pola Escudería Charly Romeo, á que desde aquí, lle dexexamos o maior dos éxitos.

Ollo porque nesta proba teremos representantes: Pepe “Mieres” e o seu fillo José Manuel “Neno”. Pepe, que é amante dos Slaloms desde moi novo, foi un dos armadanzas daquel Slalom que antigamente se facía no Campo do Barazal, en Cuntis.

Aquí vos deixamos un video da edición do ano pasado e tamén o cartel e os horarios. Enjoy!!

 

Históricos: Seat 600.

Esta fin de semana celébrase a subida a Pontevedra, onde en principio, o noso representante da Escudería ía ser o amigo Pepe “Mieres”. Si, o de #OlloConPepe. Por circunstancias que non veñen a conto,  ó final non vai poder ser.

Estaremos pendentes igualmente da subida a Pontevedra, pero agora imos con esta noticia:  a casa de subastas Catawiki pon a disposición dos usuarios, un lote de Seat 600 para celebrar o 60 aniversario deste peculiar vehículo. 

asdf.jpg
+ info sobre o Seat 600 nesta  páxina da wikipedia <– 

O 600 tamén participou en moitos rallys, e a súa versión máis “heavy” foi a preparación feita pola lexendaria Abarth & Co. Este pequeno e lixeiro coche tivo unha historia de competición casi incríble, con páxinas e páxinas de vitorias. O seu segredo? un peso ridículo e un motor que en principio parecía un cangallo, pero que cando se acercaba ás 10.000 voltas era rapidísimo. Devoraba etapas coma un jabalí no medio dunha leira de millo… aínda que algo dificil de manter na pista.  De feito, chegou a ser tan temido, que foi prohibido en varias carreiras internacionais.

17787c79c5e32bc7f43060b0d39bee3e.jpg
Fonte: Pinterest.

A día de hoxe quedan poucos Abarth orixinais… e moitos dos que se poden ver hoxe en día montan motores de moto tipo Suzuki Hayabusa. Para que vexades como as gasta este pequeno con raíces italianas, aquí vos deixamos  unha cámara interior de Francesco Tignonsini a bordo do seu Abarth 1000.

Sentidiño se ides á subida de Pontevedra!! Enjoy!!

Históricos: Mini Cooper S

Estamos a punto para un fin de semana a tope en Narón, pero antes, imos a recordar toda unha lenda.

Na web do 50º Rally de Ourense, pódense ver fotos de edicións antigas donde aparecen grandes xoias do automobilismo, como por exemplo, o Mini Cooper S.RallyOurense

A historia do Mini Cooper (cando era Mini), escríbese con tinta de ouro. Tivo moitísimo éxito na década dos 60 e convirteuse en lenda viva entre os amantes dos Rallys. Conta con numerosas victorias no seu palmarés e non tivo prácticamente rival ata que apareceron os primeiros Ford Escort Twincam ou o Alpine A110.

Os demáis fabricantes aprenderon das virtudes do Mini e o seu éxito perdurou ata ben comezada a década dos 70. Montaba un motor transversal (algo non habitual nos coches da época), con caixa de 4 velocidades lubricada polo propio aceite motor. Roda pequena e estreita… pero na suspensión estaba gran parte do seu éxito: Conos de goma compactos en lugar dos muelles habituais. Con estos tacos de goma dura, o Mini Cooper tiña un comportamento seco e rebotante, que sumados á posición das rodas en cada esquina do coche, dábanlle ó mini un comportamento moi similar ó de un Kart de competición.

O Mini Cooper S consigueu moitísimas victorias, aínda que as máis destacadas foron as do Rally de Montecarlo, donde acadou a victoria  nos anos  1964, 1965 e 1967.

Sentidiño, se ides ó 30º Rally de Narón! 

Sergio Iglesias no Rally de Ourense 2017.

Ten que ser un subidón moi grande pertencer á Escudería Ourense e ver no cartel deste ano eso do “50º aniversario”.  Desde a nosa posición de novatos na organización dunha proba deportiva, queremos darlle públicamente a noraboa a toda a Escudería Ourense. Chapeau!

RallyOurense.jpg

Nesta nova edición da proba ourensá, a Escudería Cuntis V.T. vai ter representante: Sergio Iglesias. O copiloto de Marcos Maceiras (os dous que xa a liaron o ano pasado na Ribeira Sacra e este ano en Noia), vai disputar a proba acompañando ó piloto Alejandro Fraguas a bordo dun Citroën C2 GT.  Ver lista de inscritos <–

Como din no anuncio, esto non se considera infidelidade… senón que é unha forma de seguir acumulando experiencia no mundo das notas.

A convivencia no habitáculo e a confianza son moi importantes no binomio piloto-copiloto.  Veremos como se desenvolve o noso Sergio en Ourense. Aquí vai a conversa que tivemos con él:

-P: Cóntanos, Sergio. Con qué equipo corres? 

-Sergio: Nesta carreira vou formar parte do equipo Fraguas Sport, do cal participan os 3 coches do equipo: Tito Fraguas e Diego Vázquez no Porsche 944, Alberto Fraguas e Elodie Conde nun Ford Escort MKII e Alejandro Fraguas e máis eu no Citroën C2.

-P: Como conociches a Alejandro? 

-S: Coñecémonos no Rally Ribeira Sacra 2015… caémonos moi ben desde o primeiro momento. 

-P: Cales son as espectativas? algo grande?

-S: A idea principal do equipo é acabar… correr todo o que se poida pero sen asumir grandes riscos. Disfrutar e rematar. 

-P: As notas… e non falo das do colexio. Como levas o tema das notas?

-S: No tema das notas penso que o levo ben, xa que se parecen moito ás que utilizamos Marcos e máis eu. 

P: E o teu piloto Marcos… que opina de todo esto?

-S: A verdade é que Marcos apoioume desde o principio. Díxome que aproveitara a oportunidade e que disfrutara.

-P: Primeira vez que corres con Alejandro Fraguas… que tal de confianza?

-S: Moi ben!  coñezo a Álex e a súa maneira de pensar e penso que pode saír ben. Este mércores saberémolo unha vez comecemos a coller as notas do Rally.

-P: Oe… que vas correr no 50º Rally de Ourense. Impresiona un pouco, non?

-S:  Pois si. Quero darlle as gracias a Diego Vázquez por cederme o seu asiento para esta carreira… e tamén ó equipo Fraguas Sport por contar conmigo para o 50 aniversario do Rally de Ourense. É todo un luxo.  


Pois moita sorte, Sergio! sabes que desde a Escudería Cuntis V.T. estaremos pendentes de vós en todo momento. Disfrutade e facédenos disfrutar.

Para finalizar, aquí vos deixamos esta xoia que atopamos en youtube. Imaxes do Rally de Ourense nos anos 1977 e 78. Eu cada vez que vexo un Lancia Stratos ou un Alpine…. aaaai mamasiña!

Números do Rally de Ourense:

  • Distancia total del recorrido: 605,54 Kms.
  • Número total de tramos cronometrados: 10
  • Distancia total de tramos cronometrados: 212,08 Kms.
  • Número de secciones: 4
  • Número de etapas: 2
  • Número de tramos a reconocer: 5

Para info, horarios e tramos, Rincondelmotor <–

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑