Ford Escort RS Turbo

23:50 min da noite. Aparcas diante da casa, tiras do freo de man…  ¿E esos 3 coches vermellos? Nada, unha tontería. Espera: dous Super 5 Turbo… e un Scort RS Turbo! De tontería, nada de nada.

IMG_20170516_235648.jpg

Para os máis novos poderá parecer unha chorrada, pero no seu momento marcaron unha época no sector dos deportivos compactos.

O Ford Escort naceu como resposta ó Golf GTi MKII e de feito, estamos falando dun dos coches máis vendidos da historia. Calzaba un motor 1.6 turbo alimentado que contaba con 132CV.  Discos de freo de 240 mm de diámetro no eixe dianteiro e como novidade contaba con diferencial autoblocante.

Así o anunciaban na tv no ano 1986 en Italia:

A día de hoxe, os poucos exemplares que quedan rondan os 5000 €uropeos… a non ser un exemplar polo que se chegaron a pagar 85.000 machacantes <–

escrt.jpg
Fonte: Motorpasion.com

Que loucura, verdade? Se queres saber algo máis sobre este modelo, recomendámosche que lle botes un ollo a este sensacional artigo de Clásicos Modernos.  <–

 

 

Videos Subida al Fito 2017

Como nos presta Asturias… mimadriña.  Por gastronomía, paraxes e xente, paga a pena.

Esta fin de semana pasada, celebrouse a 46º edición da Subida al Fito, un lugar máxico: 5km 300m de bo asfalto e curvas enlazadas. Historia do automobilismo en España.  Se nunca estiveches nesa zona… estás tardando.

Aquí vos deixamos os vídeos máis vistos desta última edición. Enjoy, Pinfloy!

 

 

Portugal 2017

Tal e como anunciaba o gran Dani Sordo no seu twitter, xa está aquí unha nova edición do Rally de Portugal.

Para nós é a mellor oportunidade de ver probas do mundial, por proximidade e idioma. (Nota: para pedir un café cortado, debes pedir un “pingo”. Sabendo eso e “obrigado”, a nada que che falen “de vagarinho” chegas a Lisboa XD)

Se queres coñecer tramos e horarios, recomendámosche a páxina oficial. Ver Portugal 2017 ✓ Recorda que haberá un tramo Urbano na cidade de Braga. 

Aaaaiii… Sempre nos quedará Portugal. E senón, botádelle un ollo á última edición de Eurovisión jaja. Enjoy!

Screenshot_20170511-103927

 

Subida á Estrada: 7 e 8 de Outubro

Xa é oficial: a Subida á Estrada, organizada polos amigos da Escudería Estradense, queda para os días 7 e 8 de Outubro.

Será a primeira vez que se celebre ó marxe das festas de San Paio, pero seguirá sendo a 2ª subida con máis edicións de Galicia (solo por detrás de Chantada). Bo asfalto, curvas enlazadas… Dios,  como nos gusta a Subida á Estrada!

Estaremos atentos ás novidades que nos ofrezan os nosos amigos, mentres tanto, a disfrutar coa cámara a bordo de Toño Varela na edición do 2012.

 

Subida A Estrada.jpg

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2017/05/10/fijan-dias-7-8-octubre-subida-a-estrada/0003_201705D10C9994.htm

27 de Maio: Rally Terra da Auga

Arzúa, O Pino, Touro e Boimorto.

Xa está aquí unha nova edición do Rally Terra da Auga, terceira proba do Campeonato de España de Rallyes de Terra.

A día de hoxe xa teñen todo afinado para esa fin de semana: 26-27 Maio. Se queres coñecer horarios e tramos, recomendámosche que lle botes un ollo á este enlace da súa web: ver horarios e tramos<–

Ó tratarse do campeonato nacional, ben seguro que poderemos ver máquinas en acción moi similares ás do mundial ou ás que participan no Dakar. De feito, xa hai confirmación de que participarán en modo exhibición, un camión Mercedes Unimog U500 con homologación T4 e un Wildcat, con motor V8  250 CV.

Como dixo o amigo Toño, membro da Escudería Cuntis .V.T: “Todo perfecto: imos o sábado a ver os tramos, pola noite tiramos a Vila de Cruces, que hai concerto de Heredeiros da Crus, Astarot e os Fillos do Estramonio… botamos toda a noite de farra e listo!.”

18238140_818817634932986_6368138077335686017_o.jpg

Paixón polo motor: A Gudiña 2017

Os compañeiros de Hc Competición están creando unha gran expectación coa súa campaña publicitaria. O RallyMix da Gudiña quenta motores con dous vídeos que prometen ter continuidade.

Desde aquí queremos aplaudir públicamente estas iniciativas. Ademais da seguridade e a boa organización, temos que darlle -entre todos- o empaque que se merece o campeonato de RallyMix.

Noraboa HC!!

Video Subida a Oia 2017

Parece que todo o mundo anda pendente do Rally de Canarias e da Rampa da Falperra… oe, que está moi ben! pero nós, ímoslle dedicar algo de tempo a falar da Subida a Oia 2017, desde a nosa humilde tribuna.

De entrada, e según o noso “corresponsal de guerra” -o copi Sergio Iglesias-, a non ser por uns pequenos retrasos nalgunha das pasadas (algo normal e habitual neste tipo de probas polas saídas de pista) a organización estivo de 10. Así que desde aquí un forte abrazo a toda a organización. A seguridade foi excelente e o público estaba moi ben colocado. Forza e a seguir así o ano que ven! 

Aquí vos deixamos as clasificacións da Federación Galega de AUTOMOBILISMO:

E para rematar, un par de videos:  o vídeo da camara a bordo do ganador da Agrupación 4; o noso amigo Fran Pazos. Estas imaxes corresponden á 1ª pasada oficial do domingo, donde fixo o seu mellor tempo.

E agora un dos videos que a esta hora ten máis visitas: os hightlight de MouchoRacing Rally

Enjoy!

IMG-20170508-WA0015.jpg

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑