Albert LLovera apadriña o II RallyMix

A Escudería Cuntis V.T. confirmou a semana pasada, a presencia do piloto andorrano Albert Llovera no seu II RallyMix.  Llovera, que se mostrou moi receptivo dende o primeiro contacto, estará aloxado no Hotel Termas de Cuntis, donde ademáis, poderá gozar dos tratamentos que ofrece o establecemento cuntiense.

Nos días previos ó II RallyMix, Llovera ofrecerá dúas conferencias: a primeira será no Colexo Público Don Aurelio;  a segunda, será aberta a todo o público. Esta segunda conferencia, posiblemente se celebre durante a primeira xornada de competición. Así mesmo, Albert Lloverá acompañará ós equipos no parque de traballo donde compartirá experiencias e firmará autógrafos. Moi posiblemente, aprobeite tamén, para saudar ós asistentes ó longo do tramo.

Para dar a coñecer esta boa noticia, a Escudería Cuntis V.T. optou pola publicación dun vídeo de corte humorístico, donde o presidente honorífico da Escudería – Pepe “Mieres” – aprobeita para felicitar as festas do nadal ó mesmo tempo que anuncia a boa nova coa colaboración do propio Albert Llovera.

IMG-20171223-WA0030

Mieres e Calvo están de volta.

 

E para mostra, o vídeo que fixemos co gallo das xornadas de test nun tramo pechado do Concello de Cuntis.

Están de volta e pretenden correr 6 probas do campeonato galego de rally é unha do nacional. Estaremos atentos á evolución. Nesta primeira toma de contacto ó resultado foi moi satisfactorio. Enjoy!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑