#OsNosos no I RallyMix de Portas.

VIVA O RALLYMIX!!!

Hai que decilo así de alto e así de claro. Encántanos esta disciplina. Estamos namorados dela e xa o dixemos no seu momento: desde Cuntis apostamos pola categoría de RallyMix porque creemos que será o futuro dos Rallyes en Galicia. Pouco a pouco o tempo estanos dando a razón: na vindeira temporada (se a pandemia o permite), na provincia de Pontevedra haberá un boom desta especialidade co RallyMix de Ribadumia, Cuntis, Portas e A Estrada!! As razóns? Ben doado de entender: un solo treito, diferentes superficies, terra, asfalto, o público ben colocado, a espectacularidade dos kart Cross, N5, R5, R2, propulsión… Deixamos aquí aberta unha idea para as nosas escuderías amigas: ¿haberá que facer unha copa para o equipo máis regular nos RallyMix da nosa provincia? Ahí volo deixo.

Antes de meternos ó choio de falar sobre os equipos da Escudería Cuntis V.T. que estarán presentes nesta primeira edición do treito de Portas, deixádenos mandarlle un grandísimo abrazo ó equipo organizador porque temos moi bos amigos metidos no allo. Ademáis, varios membros da nosa escudería estarán botando unha man durante a celebración da proba. Moito ollo co comisario #Tranganillo que é implacable coma os técnicos da itv. >>>>info RallyMix Portas

#44. Miguel Caeiro e Daniel Iglesias. Ford Fiesta R2. Agr3. COPA PIRELLI K6.

O noso Miguelón vai acompañado do amigo Daniel, que á sua vez é irmán de Sergio Iglesias – tamén copiloto de Miguel- (esto xa parece Pasión de Gavilanes). Xa nos dixo Miguel que lle encantou o treito de Portas e sendo de Cuntis, para el será como correr na casa. Agardamos boa clasificación desta dupla -creo que inédita ata o de agora-. #MiguelCambiaMáisDeCopilotoQueDeCalzoncillos.

#48. Esteban Cotón e Aaron Alonso. Citroën Saxo VTS. Agr2. COPA PIRELLI K6.

Pouco queda que decir destes dous… habituais da parte alta da clasificación na súa agrupación e dentro da k6. Confiamos en eles para deixar o estandarte da nosa escudería ben alto nas terras da azucareira. #LumeNejroChotas!

#72. Hugo Eiriz e David Calvo. Suzuki Swift Sport. Agr2.

NOVEDADES CARMIÑA! Ollo a esta conexión. David Calvo, habitual copi de J. Pazos, súbese ó Suzuki do amigo Hugo para deixar impronta nas pistas da parcelaria de Portas e moverlle os marcos a media comarca. Non pensedes que van de domingueros… estaremos pendentes dos tempos porque a cousa promete. #VamosChavalitos!

ANECDOTARIO: Vendo a placa deste primeiro RallyMix en Portas e coa foto da imponente chimenea da azucareira, non podo evitar recordar aquel episodio de euforia protagonizado polo famoso cantante dunha moi famosa orquesta da comarca, que se subiu ó alto da chimenea e desde alá arriba, berrou mentres limpaba o narís: “SI ME SUBÍS MATERIAL, ME TIRO!!”

#CousasQuePasan, #GasolinaDeLaGüena

#OsNosos no Rally de Ribeira Ría de Arousa

Aquí estamos de novo! e preparados para unha fin de semana de moito gas por terras ribeiranas.

Vaia por diante, que ainda que somos de Cuntis, consideramos o Rally de Ribeira coma se estivésemos xogando na casa, xa que a asistencia de moitos dos nosos equipos está feita por Egipto Motor e temos moitos amigos nese lado da ría.

Como sempre, aquí vai a lista dos nosos pilotos por orde de inscripción. #LumeNegro chotas!

#24. Miguel Caeiro e Alejandro Hermida. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA Pirelli Driver Autia Top Ten C (decide o que queirades, pero esta copa ten o nome máis longo que a pitrina de Nacho Vidal)

Os nosos amigos compiten xuntos por primeira vez dentro dun coche e o certo é que vai ser pavero velos xuntos: Miguel é un tipo grande e o amigo Pacha e máis ben todo o contrario. Ainda así, o físico é o de menos e estamos seguros de que a súa actuación neste rally vai brillar tanto coma o sol que prometeu Meteogalicia para esta fin de semana. #FuegoteChotas!

#25. J. Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA Pirelli bla, bla, bla… Top Ten C.

Os compadres volven de novo á carga para intentar sacar a espiña que teñen clavada dende fai 13 anos co San Froilan (en 13 participacións, nunca remataron o rally). Por entrenar non será… máis que nada porque o señor Pazos reparte pienso e demáis manturia para animas pola zona de Ribeira, así que digo eu, que polo menos os cruces seguro que os coñece. #PoloMenosAcabadeChotas!

#29. Javier Eiras e Rubén Boullón. Citroën Saxo VTS. Agr4. COPA Pirelli Driver Autia Top Ten C.

Non sei se o sabedes, pero o apelido EIRAS, ten raíces VIKINGAS. Hai moitos Eiras en Galicia, sobre todo en Padrón, Ribeira, A Estrada… Así que Javier e Rubén, corren na casa (polo menos na dos seus ancestros). #PísalleQueOdínEstáConVós! #ElValhalaPuedeEsperar!

#48. Alejandro Otero e Lara Gómez. Citroën Saxo VTS 16V. AGR4. COPA Pirelli AMF MS.

Alex e Lara salen a Ribeira a dalo todo! Ollo con eles que xa levan varios Rallyes facendo moi bos tempos e estamos seguros de que lles presta o sol para correr. #LumeÁserraDoBarbanza!! (esto non é apoloxía dos incendios, ollo).

#60. Sergio Iglesias, Daniel Iglesias. Citroën Saxo VTS 16V. AGR4. COPA Pirelli AMF MS.

Os dous irmáns participan por primeira vez xuntos nun Rallye. Para min hai un fallo moi grande, nesta asociación: falta o terceiro dos irmáns: Andrés Iglesias. Ben puidestes poñer outro baquet na parte de atrás e competíades os 3 xuntos!

#AcabadeOrallyQueOcocheNonÉvoso.

#OsNosos no Rallye de San Froilán

Aquí estamos outra vez! nova proba do campeonato Galego de Rally e nova entrada no noso blog.

Chega a proba lucense despois do pasado RallyMix de Barbadás, RallyMix onde as esperanzas dos nosos amigos Esteban Cotón e Aaron Alonso acabaron por terra ó ter que abandonar por problemas mecánicos. Dende aquí mandámoslle moito ánimo a esta dupla que figura na parte alta da copa Pirelli K6.

Agora, imos ó choio. Estos son #OsNosos no 43º Rally San Froilan:

#21. Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Ford Fiesta R200. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

Os nosos amigos volven á carga co seu Ford Fiesta nunha nova edición do “Sanfro”. Os bos resultados das probas anteriores e a liña ascendente que levan, anuncian un fin de semana de tempos na parte alta desta copa cunha participación tan longa e interesante coma o seu propio nome. Loitarán de novo por rematar o rally na parte alta da taboa clasificatoria. #PísalleóFiestaComoLlePisasÁBerlingo!

#22. J. Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

“Os compadres” volven á carga no campeonato galego de Rally de Asfalto, logo dun merecido descanso tras o IV RallyMix Cuntis Vila Termal. Son dous membros da nosa escudería con postos de moita responsabilidade na nosa proba e merecían un descanso (e tamén devolver os días pedidos no choio). Dorsal #22 -feira en Cuntis- A lúa está chea e as uvas pañadas. Moi mal se vos ten que dar o día para que non acabedes durmindo solos. E senón, xa sabedes #ParaComerLugo!

#OsNosos no RallyMix de Barbadás.

Chega unha nova edición dunha das probas máis veteranas do campeonato de RallyMix: o VII RALLYMIX Barbadás.

Antes de nada, deixádenos mandarlle unh forte abrazo a toda a escudería Barbadás e todo o ánimo para sacar adiante unha nova edición da súa fantástica proba. Dito isto, imos co noso único representante na proba ourenseana:

#36. Esteban Cotón e Aaron Alonso. AGR2. Citroën Saxo VTS. Copa Pirelli k6.

Os nosos amigos salen á proba ourensana intentando repetir o grandísimo resultado no IV RallyMix Cuntis Vila Termal que os situa nos postos de cabeza da Pirelli K6. Confiamos moitísimo no seu rendemento e nas posibilidades reais que teñen de gañar a copa ó final do campeonato. Como ben sabedes, o RallyMix é unha proba donde se mezcla a velocidade e máis a resistencia. Non rematar algunha das 5 pasadas pode facer que caias na clasificación ata o último posto, pero Esteban e Aaron son expertos en facer chegar o coche á meta en cada pasada. #LumeNejro!!

#OsNosos no Rallye Ourense Ribeira Sacra

Aquí estamos de novo! Aínda nos dura a resaca do noso IV RallyMix Cuntis Vila Termal, pero nós xa estamos comentando e anotando erros, acertos e posibilidades de cara o ano 2021 (e sobre todo botando a sortes a ver quen é o valiente que lle bota a man a unha nevera con tortillas almacenadas desde fai 7 días.)

Chega un dos nosos rallyes de asfalto favoritos: o Ribeira Sacra. Ata alá desplázanse 2 equipos da nosa escudería que intentarán dar o mellor de sí mesmos nun rallye que lles encanta.

#27. Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Ford Fiesta R2. Agr3. COPA Pirelli Autia Top Ten C.

Despois de pasar polo tramo do IV RallyMix e de dúas probas a bordo dun Peugeot 208 de última xeración, o noso Miguel volve ó seu Fiesta R2 para afrontar unha nova proba do Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto. Acompañado unha vez máis por Cristian, intentarán repetir os bos resultados das últimas probas. #LumeNejroChavales!

#64. Marcos Maceiras e Sergio Iglesias. Citroën Saxo VTS. Agr4. Copa Pirelli AMF.

Xuntos de novo. Unha das nosas duplas preferidas: Marcos e Sergio volven ó ataque co seu Saxo, esperando rematar o Rallye na parte alta da AMF. Estaremos moi pendentes dos seus resultados e agardemos que todo saia a pedir de boca. #PísalleMarcos!

#OsNosos no Rallye Mariña Lucense

Aquí estamos de novo! a falta de menos dun mes para a celebración do noso IV RallyMix, os nosos pilotos non paran e xa están preparados para unha nova aventura en terras de Lugo.

Como sempre, antes dunha proba, aquí vos deixamos a lista #OsNosos para esta fin de semana:

#16 Miguel Caeiro / Sergio Iglesias. Peugeot 208 Rally4. Agr2. Copa Pirelli Driver Autia Top Ten B.

Os nosos amigos volven a compartir habitáculo unha vez máis. Se nas anteriores probas foi Cristian Fierro quen acompañaba ó noso Miguelón, desta volta tócalle o turno a Sergio. Intentarán repetir as boísimas sensacións que tiveron no pasado Rallye do Lacón. Chavales! ide ó xeito que a última vez que pasastes por ahí… #OlliñoCaeiro!

#19 Javier Eiras / Álvaro García. Citroën Saxo VTS. Agr4. Copa Pirelli Driver Autia Top Ten B.

Siguen sumando experiencias e coma sempre, intentarán arrimarse o máis posible ós postos de cabeza dentro da Top Ten B. Ausentes no pasado Rallye do Lacón, teñen por obxetivo acabar o Rallye e seguir disfrutando nesta nova cita. #CántameClariñoÁlvaro!

#34 Alejandro Otero / Lara Gómez. Peugeot 106 GTi. Agr4. Copa Pirelli AMF.

Os nosos amigos tentarán traer o coche enteiro e facer un bo papel dentro da AMF, dúas cousas que non son incompatibles. Coma sempre, corren dentro da AMF, unha das copas máis animadas de todo o Campeonato Galego de Rally. #ÁnimoChotas!

#OsNosos No IV RallyMix de Touro

Aquí estamos de novo. Isto non para!! Despois do espectacular fin de semana pasado no Rallye do Lacón (mención especial para o amigo Dani Álvarez, as remontadas de Pazos/Calvo e os tempazos de Miguel Caeiro con Cristian Fierro), agora tócalle o turno ó RallyMix de Touro.

Antes de entrar en materia, deixádenos mandarlle unha aperta ós amigos da escudería #TouroMotor. Que vaia todo ben!

Imos ó choio: Estos son #OsNosos por orde de inscripción:

#44. Esteban Cotón e Aaron Alonso. Citroën Saxo VTS – AGR2 – PIRELLI K6.

A bordo do seu flamante Saxo vermello, Esteban e Aaron intentarán luchar polo podium dentro da Pirelli K6. Non apostamos por ningún resultado fixo, pero sabemos que estarán adiante… incluso pode caer a vitoria. Ante todo #SentidiñoChavales! (e ollo co famoso salto de Touro, que hai máis pasadas que a primeira)

#52. Gerardo Alfonso e Jessica Magán. Peugeot 206 – AGR2.

Terceiro RallyMix para Gerardo e Jessica a bordo do seu 206. Salen convencidos de facer un bo papel dentro da súa agrupación. Seguen adaptándose á terra e non hai nada mellor para isto que o trazado de Touro. Insistimos #OlloCoSalto!

#58. Ivan Sangiao e Alfonso Hermida. Peugeot 106 GTi – AGR2 – PIRELLI K6.

Anda que non tiñamos nós ganas de ver de novo en acción a estes dous amigos… Levan sen correr dende o ano 2018 e este fin de semana teñen dous propósitos: finalizar o RallyMix e arrimarse o máis posible ós postos de cabeza dentro da copa Pirelli K6. Despois de todo o esforzo feito por Iván coas oposicións a mestre, sentarse de novo no coche e velo sorrir, xa é un premio co que nos conformamos. #VaiteÓxeitoMestre!

#OsNosos no Rallye do Lacón 2021

Fin de semana de carreiras para a nosa escudería: mentres uns queiman calorías na Ruta BTT do Lacón (en Cuntis), outros queimarán gasolina no Rallye do Lacón do Carballiño.

Coma sempre, aquí vos deixamos a lista dos nosos inscritos na proba ourensá, por orde de dorsal:

#37 José Manuel Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2 – AGR3 – Pirelli Driver AUTIA TOP TEN C.

Contan a súa última participación no campeonato Galego de Rallyes, cunha victoria no pasado Rallye de Pontevedra. Desta volta non hai a motivación extra de adicarlle unha victoria ó seu amigo Magariños (D.E.P), pero estamos convencidos que a súa actuación estará a altura unha vez máis. #PazosAtendeÁsNotas!

Alineación de Rodas en Talleres Bugallo – Moraña.

#40 Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Peugeot 208 Rally4 – AGR3 – PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

No pasado Rallye Sur do Condado, tiveron que abandonar por rotura de motor do seu Fiesta R2. Desta volta, probarán fortuna con un 208 de aluguer. Suma e segue para o noso Miguelón acompañado do gran Cristian. #CoidaoQueNonÉteu

#71 Alejandro Otero e Lara Gómez. Citroën Saxo VTS 16V – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Outra nova carreira para seguir exprimindo a tope ese motor PSA. Van medrando pouco a pouco e iso nótase nos tempos. #OlloConEstes!

#87 Víctor Manuel Otero e Jacobo Domínguez – Renault CLIO SPORT – AGR3 – PIRELLI AMF MS.

Como vedes, a nosa carteira de equipos vai medrando pouco a pouco e este ano contamos con estes fieras dentro da agrupación 3 e a copa AMF. Outros que seguen sumando experiencias e facendo actuacións notables. Estaremos moi pendientes dos tempos, chavales! #NonVosEncherDePulpo

#95 – Miguel Suárez e Sergio Iglesias. Peugeot 106 GTi – AGR4 – PIRELLI AMF MS.

Incorporación de última hora de Sergio Iglesias ó equipo de Miguel, que pertence á escudería Pontevedra 1984. Un problema personal impide participar a seu irmán Daniel Iglesias, que será reemplazado polo seu irmán Sergio. #LumeChavales

#OsNosos na IX RUTA BTT DO LACÓN – CUNTIS 2021

OLLO! QUE NON TODO VAN SER COCHES!!

Esta fin de semana, unha das asociacións máis potentes da nosa vila, os amigos do Xesteiras Club de Montaña, organizan a súa IX Ruta Btt do Lacón (aprazada anteriormente pola maldita pandemia). Para celebralo, a Escudería Cuntis V.T. envía ós seus mellores corredores (son os mellores, porque o resto solo saben dar pedal si hai un motor con gasolina debaixo do capó).

Así que mentres uns queiman roda e gasolina no Rallye do Lacón no Carballiño, outros estarán queimando calorías polas corredoiras e trialeras que os Xesteiras teñen preparadas. Estos son #OsNosos valentes da Btt:

José Antonio Fontán. Ruta de 44km. O noso amigo “Tranganillo” leva máis de 3 meses de preparación a base de kilometradas pola contorna. Posiblemente sexa a nosa baza máis importante para acabar nunha boa posición. Apostamos forte por él, xa que esta semana tomouna de descanso para estar listo de cara ó Domingo 22. #LumeNejro!

Adolfo Abalo. Ruta 44km. O máis PRO de todos. O noso amigo de Saiar é un dos culpables (por insistencia) desta aventura polas corredoiras cuntienses. Ten peito e pernas para acabar a ruta de sobra, ainda que probablemente faga traballos de coche escoba e iso lle impida rematar a ruta a tempo. A súa frase preferida é “eu vou de romería”. Confiamos en que así sexa. Ten calculado ata o almorzo do día 22. #SaiarRules!

Damián Cortés. Ruta 44km. O noso encargado de prensa da escudería é máis lento que o “cabalo do malo”. Facendo un símil automobilístico, poderíamos decir que as súas pernas van con motor 1.9D atmosférico de PSA. Enrolado nesta aventura por culpa do Sr Fontán, ten como único obxetivo, facer os primeiros 30km sen vomitar nin unha soa vez. #DalleDamián!

Hai máis #biciclistas na escudería Cuntis V.T., pero os compromisos de motor impídenlles participar nesta cita cuntiense: Pazos, Ness, Sierra, Couto ou Mabel, son algúns dos que montan en bicicleta habitualmente, pero como decimos, non poden acudir a esta cita. Ó mellor para o ano… #NuncaSeSabe.

#OsNosos na XXV SUBIDA Á ESTRADA

Os nosos amig@s da Escudería Estradense celebran este sábado 7 e domingo 8 a súa proba! e ademáis están de aniversario. Nós como veciños, estamos super felices e contentos por eles. E ademáis, estamos encantados de poder botar sempre unha man, eles xa o saben.

A subida á Estrada é unha das mellores do campeonato galego de Montaña, tanto por trazado, como por público e sobre todo por organización. Así que para celebralo, enviamos a dous catro dos nosos mellores talentos:

#22 MIGUEL CAEIRO – SCC CITROËN AX – AGR1

Miguel segue sumando experiencias. Ó noso tío grande non lle chega co Campeonato Galego de Rallye e o de RallyMix, así que sempre que pode, súbese ó seu AX para probar na montaña. Como decía o meniño do anuncio do Citroën AX: #GenialMiguel!

#35 MARCOS MACEIRAS – CITROËN SAXO VTS – AGR4

O noso Marcos conta as súas dúas últimas participacións na Subida á Estrada con dous 1º postos dentro da súa agrupación. O trazado estradense encántalle e de seguro dará o máximo por estar de novo no podium final. #LumeMarcos!

#38 SERGIO IGLESIAS – CITROËN SAXO VTS – AGR4

Habitualmente, o sitio de Sergio é no asiento dos valientes (ou dos tolos, según como se mire), en anos anteriores acompañando a Miguel Caeiro e últimamente de par do seu amigo Marcos Maceiras. Na edición anterior, Sergio xa fixo algún tempo destacable dentro da súa agrupación. Confiamos en que este ano, o siga pasando igual de ben. #DalleSerginho!

#39 JAVIER EIRAS – CITROËN SAXO VTS -AGR4

Outra proba máis para para amigo Javier. Suma e segue. E nós encantados de que o faga baixo o noso escudo. #ConFéJavi!

Con Javier, son catro os pilotos da nosa escudería que participarán no 25º aniversario da Subida á Estrada. Tamén hai ausencias destacatas, como José Manuel Pazos, David Calvo e o patriarca Pepe Mieres, ó que a pandemia truncou os seus plans de re-estrenar o seu fermoso Seat 124 na copa de Históricos patrocinada por Talleres Puentevea. De todos modos, xa vos aseguramos que máis cedo que tarde, poderemos disfrutar de novo de Pepe ó volante dos seu Seat.

I RallyMix Ribadumia: #OsNosos

Aquí estamos de novo! preparados para unha fin de semana de carreiras en Ribadumia. Antes de dar conta dos pilotos da nosa escudería que participarán no evento, queremos mandarlle todo o apoio e o ánimo ós nosos amigos de Tino Racing que organizan o seu primeiro RallyMix e de seguro, a estas horas, teñen os nervios de paseo polo estómago. LUME!!

Tamén noraboa e grazas ó Concello de Ribadumia por apoiar esta modalidade, que encherá Ribadumia de xente esta fin de semana.

Aquí vos deixamos toda a info de GZRALLY.COM sobre o RallyMix de Ribadumia.

Imos ó choio!! Estos son os pilotos da Escudería Cuntis V.T. que participan no I RallyMix Concello de Ribadumia.

#31 – Esteban Cotón/Aarón Alonso. Citroën Saxo VTS. AG2 – PIRELLI K6. Unha dupla que dará que falar. Veñen de conseguir o 2º posto na Pirelli K6 no anterior RallyMix de Piñor.

#41. Miguel Caeiro/Alberto Alonso. Citroën Saxo VTS. AG2 – PIRELLI K6.

Novo compañeiro de aventuras para o noso Caeiro; un home que non se cansa de sumar experiencias e carreiras para, pouquiño a pouco, ir abríndose paso no Campeonato Galego de Rallyes. Estaremos moi pendentes da súa evolución neste fin de semana en Ribadumia.

#42. Gerardo Alfonso/Jessica Magán. Peugeot 206. AG3. Debutaron no pasado RallyMix de Piñor e están a punto para entregarse a fondo nas pistas do RallyMix de Ribadumia. As primeiras carreiras sempre van a full de sensacións novas e situacións inesperadas. Moito ánimo, amigos!

Antonio Fontán “Tranganillo” e David Calvo.

Non son hai que dar conta dos que van correr, senón tamén dos que van traballar para que toda esta maquinaria funcione. Enviamos a dous membros da Escudería Cuntis V.T. Antonio Fontán, o noso comisario deportivo máis implacable tamén participará no RallyMix de Ribadumia, pero como Jefe de parque de pechado.. Ollo con él porque é coma os inspectores de facenda. #HaiQueSerLegales

Tamén o noso presidente David Calvo estará traballando coa organización do RallyMix Ribadumia.

#OsNosos no 3 Rally de Pontevedra “Memorial Miguel Alvarez” 2021

Qué terá este deporte, que arrastra masas nas cunetas e obliga a equipos a gastar horas e cartos arredor de “catro coches con pegatinas”? Que terá? Pensamos os que non o vivimos desde dentro.

Que terá esta leria, que a pesar do falecemento dun amigo nos entrenos dun rallye, te obriga a saír igualmente, para brindarlle á persoa desaparecida aínda que sexa un 5º posto dentro dunha copa menor, ou a simple finalización da proba… qué terá?

E eu, como extraño e alleo a todo isto, miro para eles mentres revisan palieres e frenos un xoves calquera ás 10 da noite e xúrovos, que eu, non o entendo. No fondo, todos se están xogando a vida. Aínda así, persisten no seu empeño.

A posibilidade dun accidente en calquera curva sucia ou nun simple rasante, está ahí… e sábeno. Parvos non son. O accidente recente de Magariños (amigo de varios membros da nosa escudería) está na cabeza. Coméntano en voz alta mentres siguen revisando pasadores, manguitos, algunha que outra abrazadera rebelde… pero continúan. Están tolos? Non sei. Supoño que algún desequilibrado haberá no medio de tanta xente, pero non creo que todos padezan a mesma enfermidade mental.

Para todas e todos, a mellor homenaxe para o seu querido Víctor é sair esta fin de semana e disfrutar dunha proba do Campeonato Galego de Rallyes. “Fixemos unhas pegatinas para tódolos coches: Sempre Magariños! A que molan?”. Pois sí. Por suposto que molan… E estou seguro que si para o ano cambian a decoración dos coches, esa pegata non se move do sitio.

Que terán os rallyes? Nin o sei, nin o entendo. Pero está claro que algo teñen. Mentres sigo investigando, aquí vos deixamos a lista #OsNosos, neste Rally de Pontevedra.

#40 Jose Manuel Pazos / David Calvo – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#43 Miguel Caeiro / Cristian Fierro – Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C.

#47 Javier Eiras / Álvaro García – Citroën Saxo / Top Ten Pirelli C.

#82 Marcos Maceiras / Sergio Iglesias – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#89 Alejandro Otero(25) / Lara Gómez – Citroën Saxo / Pirelli AMF MS.

#100 Victor Manuel Otero / Jacobo Domínguez – Clio Williams / Pirelli AMF MS.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑