#OsNosos no I RallyMix de Portas.

VIVA O RALLYMIX!!!

Hai que decilo así de alto e así de claro. Encántanos esta disciplina. Estamos namorados dela e xa o dixemos no seu momento: desde Cuntis apostamos pola categoría de RallyMix porque creemos que será o futuro dos Rallyes en Galicia. Pouco a pouco o tempo estanos dando a razón: na vindeira temporada (se a pandemia o permite), na provincia de Pontevedra haberá un boom desta especialidade co RallyMix de Ribadumia, Cuntis, Portas e A Estrada!! As razóns? Ben doado de entender: un solo treito, diferentes superficies, terra, asfalto, o público ben colocado, a espectacularidade dos kart Cross, N5, R5, R2, propulsión… Deixamos aquí aberta unha idea para as nosas escuderías amigas: ¿haberá que facer unha copa para o equipo máis regular nos RallyMix da nosa provincia? Ahí volo deixo.

Antes de meternos ó choio de falar sobre os equipos da Escudería Cuntis V.T. que estarán presentes nesta primeira edición do treito de Portas, deixádenos mandarlle un grandísimo abrazo ó equipo organizador porque temos moi bos amigos metidos no allo. Ademáis, varios membros da nosa escudería estarán botando unha man durante a celebración da proba. Moito ollo co comisario #Tranganillo que é implacable coma os técnicos da itv. >>>>info RallyMix Portas

#44. Miguel Caeiro e Daniel Iglesias. Ford Fiesta R2. Agr3. COPA PIRELLI K6.

O noso Miguelón vai acompañado do amigo Daniel, que á sua vez é irmán de Sergio Iglesias – tamén copiloto de Miguel- (esto xa parece Pasión de Gavilanes). Xa nos dixo Miguel que lle encantou o treito de Portas e sendo de Cuntis, para el será como correr na casa. Agardamos boa clasificación desta dupla -creo que inédita ata o de agora-. #MiguelCambiaMáisDeCopilotoQueDeCalzoncillos.

#48. Esteban Cotón e Aaron Alonso. Citroën Saxo VTS. Agr2. COPA PIRELLI K6.

Pouco queda que decir destes dous… habituais da parte alta da clasificación na súa agrupación e dentro da k6. Confiamos en eles para deixar o estandarte da nosa escudería ben alto nas terras da azucareira. #LumeNejroChotas!

#72. Hugo Eiriz e David Calvo. Suzuki Swift Sport. Agr2.

NOVEDADES CARMIÑA! Ollo a esta conexión. David Calvo, habitual copi de J. Pazos, súbese ó Suzuki do amigo Hugo para deixar impronta nas pistas da parcelaria de Portas e moverlle os marcos a media comarca. Non pensedes que van de domingueros… estaremos pendentes dos tempos porque a cousa promete. #VamosChavalitos!

ANECDOTARIO: Vendo a placa deste primeiro RallyMix en Portas e coa foto da imponente chimenea da azucareira, non podo evitar recordar aquel episodio de euforia protagonizado polo famoso cantante dunha moi famosa orquesta da comarca, que se subiu ó alto da chimenea e desde alá arriba, berrou mentres limpaba o narís: “SI ME SUBÍS MATERIAL, ME TIRO!!”

#CousasQuePasan, #GasolinaDeLaGüena

#OsNosos no Rally de Ribeira Ría de Arousa

Aquí estamos de novo! e preparados para unha fin de semana de moito gas por terras ribeiranas.

Vaia por diante, que ainda que somos de Cuntis, consideramos o Rally de Ribeira coma se estivésemos xogando na casa, xa que a asistencia de moitos dos nosos equipos está feita por Egipto Motor e temos moitos amigos nese lado da ría.

Como sempre, aquí vai a lista dos nosos pilotos por orde de inscripción. #LumeNegro chotas!

#24. Miguel Caeiro e Alejandro Hermida. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA Pirelli Driver Autia Top Ten C (decide o que queirades, pero esta copa ten o nome máis longo que a pitrina de Nacho Vidal)

Os nosos amigos compiten xuntos por primeira vez dentro dun coche e o certo é que vai ser pavero velos xuntos: Miguel é un tipo grande e o amigo Pacha e máis ben todo o contrario. Ainda así, o físico é o de menos e estamos seguros de que a súa actuación neste rally vai brillar tanto coma o sol que prometeu Meteogalicia para esta fin de semana. #FuegoteChotas!

#25. J. Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA Pirelli bla, bla, bla… Top Ten C.

Os compadres volven de novo á carga para intentar sacar a espiña que teñen clavada dende fai 13 anos co San Froilan (en 13 participacións, nunca remataron o rally). Por entrenar non será… máis que nada porque o señor Pazos reparte pienso e demáis manturia para animas pola zona de Ribeira, así que digo eu, que polo menos os cruces seguro que os coñece. #PoloMenosAcabadeChotas!

#29. Javier Eiras e Rubén Boullón. Citroën Saxo VTS. Agr4. COPA Pirelli Driver Autia Top Ten C.

Non sei se o sabedes, pero o apelido EIRAS, ten raíces VIKINGAS. Hai moitos Eiras en Galicia, sobre todo en Padrón, Ribeira, A Estrada… Así que Javier e Rubén, corren na casa (polo menos na dos seus ancestros). #PísalleQueOdínEstáConVós! #ElValhalaPuedeEsperar!

#48. Alejandro Otero e Lara Gómez. Citroën Saxo VTS 16V. AGR4. COPA Pirelli AMF MS.

Alex e Lara salen a Ribeira a dalo todo! Ollo con eles que xa levan varios Rallyes facendo moi bos tempos e estamos seguros de que lles presta o sol para correr. #LumeÁserraDoBarbanza!! (esto non é apoloxía dos incendios, ollo).

#60. Sergio Iglesias, Daniel Iglesias. Citroën Saxo VTS 16V. AGR4. COPA Pirelli AMF MS.

Os dous irmáns participan por primeira vez xuntos nun Rallye. Para min hai un fallo moi grande, nesta asociación: falta o terceiro dos irmáns: Andrés Iglesias. Ben puidestes poñer outro baquet na parte de atrás e competíades os 3 xuntos!

#AcabadeOrallyQueOcocheNonÉvoso.

#OsNosos no Rallye de San Froilán

Aquí estamos outra vez! nova proba do campeonato Galego de Rally e nova entrada no noso blog.

Chega a proba lucense despois do pasado RallyMix de Barbadás, RallyMix onde as esperanzas dos nosos amigos Esteban Cotón e Aaron Alonso acabaron por terra ó ter que abandonar por problemas mecánicos. Dende aquí mandámoslle moito ánimo a esta dupla que figura na parte alta da copa Pirelli K6.

Agora, imos ó choio. Estos son #OsNosos no 43º Rally San Froilan:

#21. Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Ford Fiesta R200. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

Os nosos amigos volven á carga co seu Ford Fiesta nunha nova edición do “Sanfro”. Os bos resultados das probas anteriores e a liña ascendente que levan, anuncian un fin de semana de tempos na parte alta desta copa cunha participación tan longa e interesante coma o seu propio nome. Loitarán de novo por rematar o rally na parte alta da taboa clasificatoria. #PísalleóFiestaComoLlePisasÁBerlingo!

#22. J. Pazos e David Calvo. Ford Fiesta R2. AGR3. COPA PIRELLI DRIVER AUTIA TOP TEN C.

“Os compadres” volven á carga no campeonato galego de Rally de Asfalto, logo dun merecido descanso tras o IV RallyMix Cuntis Vila Termal. Son dous membros da nosa escudería con postos de moita responsabilidade na nosa proba e merecían un descanso (e tamén devolver os días pedidos no choio). Dorsal #22 -feira en Cuntis- A lúa está chea e as uvas pañadas. Moi mal se vos ten que dar o día para que non acabedes durmindo solos. E senón, xa sabedes #ParaComerLugo!

#OsNosos no Rallye Ourense Ribeira Sacra

Aquí estamos de novo! Aínda nos dura a resaca do noso IV RallyMix Cuntis Vila Termal, pero nós xa estamos comentando e anotando erros, acertos e posibilidades de cara o ano 2021 (e sobre todo botando a sortes a ver quen é o valiente que lle bota a man a unha nevera con tortillas almacenadas desde fai 7 días.)

Chega un dos nosos rallyes de asfalto favoritos: o Ribeira Sacra. Ata alá desplázanse 2 equipos da nosa escudería que intentarán dar o mellor de sí mesmos nun rallye que lles encanta.

#27. Miguel Caeiro e Cristian Fierro. Ford Fiesta R2. Agr3. COPA Pirelli Autia Top Ten C.

Despois de pasar polo tramo do IV RallyMix e de dúas probas a bordo dun Peugeot 208 de última xeración, o noso Miguel volve ó seu Fiesta R2 para afrontar unha nova proba do Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto. Acompañado unha vez máis por Cristian, intentarán repetir os bos resultados das últimas probas. #LumeNejroChavales!

#64. Marcos Maceiras e Sergio Iglesias. Citroën Saxo VTS. Agr4. Copa Pirelli AMF.

Xuntos de novo. Unha das nosas duplas preferidas: Marcos e Sergio volven ó ataque co seu Saxo, esperando rematar o Rallye na parte alta da AMF. Estaremos moi pendentes dos seus resultados e agardemos que todo saia a pedir de boca. #PísalleMarcos!

#OsNosos na IX RUTA BTT DO LACÓN – CUNTIS 2021

OLLO! QUE NON TODO VAN SER COCHES!!

Esta fin de semana, unha das asociacións máis potentes da nosa vila, os amigos do Xesteiras Club de Montaña, organizan a súa IX Ruta Btt do Lacón (aprazada anteriormente pola maldita pandemia). Para celebralo, a Escudería Cuntis V.T. envía ós seus mellores corredores (son os mellores, porque o resto solo saben dar pedal si hai un motor con gasolina debaixo do capó).

Así que mentres uns queiman roda e gasolina no Rallye do Lacón no Carballiño, outros estarán queimando calorías polas corredoiras e trialeras que os Xesteiras teñen preparadas. Estos son #OsNosos valentes da Btt:

José Antonio Fontán. Ruta de 44km. O noso amigo “Tranganillo” leva máis de 3 meses de preparación a base de kilometradas pola contorna. Posiblemente sexa a nosa baza máis importante para acabar nunha boa posición. Apostamos forte por él, xa que esta semana tomouna de descanso para estar listo de cara ó Domingo 22. #LumeNejro!

Adolfo Abalo. Ruta 44km. O máis PRO de todos. O noso amigo de Saiar é un dos culpables (por insistencia) desta aventura polas corredoiras cuntienses. Ten peito e pernas para acabar a ruta de sobra, ainda que probablemente faga traballos de coche escoba e iso lle impida rematar a ruta a tempo. A súa frase preferida é “eu vou de romería”. Confiamos en que así sexa. Ten calculado ata o almorzo do día 22. #SaiarRules!

Damián Cortés. Ruta 44km. O noso encargado de prensa da escudería é máis lento que o “cabalo do malo”. Facendo un símil automobilístico, poderíamos decir que as súas pernas van con motor 1.9D atmosférico de PSA. Enrolado nesta aventura por culpa do Sr Fontán, ten como único obxetivo, facer os primeiros 30km sen vomitar nin unha soa vez. #DalleDamián!

Hai máis #biciclistas na escudería Cuntis V.T., pero os compromisos de motor impídenlles participar nesta cita cuntiense: Pazos, Ness, Sierra, Couto ou Mabel, son algúns dos que montan en bicicleta habitualmente, pero como decimos, non poden acudir a esta cita. Ó mellor para o ano… #NuncaSeSabe.

#OsNosos Rallye A Coruña 2021

Aquí estamos de novo! Chega a 25 edición do Rallye da Coruña e #OsNosos xa teñen todo a punto para disfrutar dun fin de semana de carreiras. OLLO PORQUE HAI NOVIDADES!!!

Imos por número de DORSAL:

#40 Jose Manuel Pazos / David Calvo Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C. “Os dous de sempre”, tal e como se fose a novela do gran Castelao, Mieres e Calvo acuden ó Rallye da Coruña cun Ford Fiesta que abandona as cores azuis , para pasar a unha librea donde o negro e o verde fan que o Fiesta se vexa máis agresivo.

A intención é a de correr e manter o coche intacto. Sempre de menos a máis, estratexia que tan bos resultados lles está dando en Rallyes como o pasado da Coruña, donde incluso melloraron tempos nalgún tramo ó pasar de “seco” na primeira pasada a “mollado e sucio” na segunda. #VamosChavalitos!

#45 Miguel Caeiro / Cristian Fierro  Ford Fiesta R2 / Top Ten Pirelli C. Unha das novidades deste ano, porque habitualmente, Miguel Caeiro corre con Sergio Iglesias. Esta vai ser a primeira carreira de Miguel e Cristian, un copiloto que conta con experiencia dentro da Copa Dacia Sandero do Nacional. Caeiro #VaiteóXeito, que luns hai escuela!

#57 Javier Eiras / Álvaro García Citroën Saxo Gr. A / Top Ten Pirelli C. Dous amigos habituais da escudería Berberecho, que levan compartindo asistencia cos nosos desde hai un par de anos. Vese que a cabina de Egipto Motor fai piña! #OlloConEstes porque son os Campións da Pirelli AMF 2020.

#93 Alejandro Otero(25) / Lara Gómez Citroën Saxo Gr. A / Pirelli AMF. Non sabemos que é o que lles bota Egipto no motor ós seus clientes… pero o que sí sabemos é que consegue unir á xente. Outros amigos da escudería Berberecho que a base de compartir asistencia cos Nosos, corren este ano baixo a nosa insignia. #NonSonMancos e foron subcampeons da Pirelli AMF do 2020.

#96 Marcos Maceiras / Sergio Iglesias Citroën Saxo / Pirelli AMF 🔥🔥🔥 😂

Atención que aquí ven o #FUEGOTE. Despois de dous anos, volven coincidir Maceiras e Iglesias no mesmo aparato. O dúo que tantas alegrías nos dou, volve para disfrutar xuntos dun Rallye da Coruña que se prevé complicado. Complicado porque a xente está quente e según palabras dalgún copiloto “hai tramos que como se mollen un pouco a primeira hora, vai ser unha escabechina”. #MaceirasLunsHaiQueChoiar! Así que disfrutade, pero non nos deades sustos…

#82 Yon Cid / Joaquin Conde Peugeot 206Xs / Pirelli AMF. Outros amigos que se unen á nosa escudería e xa teñen todo preparado para disfrutar dunha fin de semana que se prevé sexa de #Resiliencia.

Así que dito isto, pasádeo ben, pero non lle deades moito choio a EGIPTO!! VÉMONOS ESTA FINDE!!

18-19 Septembro. ESTAMOS DE VOLTA!

E non sabedes a alegría que nos dá. Despois dun ano e pico de sufrimento, non só polas carreiras, senon por toda a xente que sufre por esta pandemia e sobre todo, polos que xa non están.

Pero a vida sigue! e os motores levan agardando todo este tempo para poder ruxir de novo, así que toca ser optimistas cos resultados da vacinación e agardemos que esta nova data de celebración do noso RallyMix non teña que ser cambiada de novo.

Anotádea!! 18 e 19 de Setembro!! IV RallyMix Cuntis Vila Termal. Saúde!!!

Os Nosos no Rallye San Froilán.

Chega unha das citas máis esperadas por pilotos e afición: o 42° Rallye de San Froilán. Unha cita que Chega no medio desta voráxine de datos e cifras sobre o coronavirus, pero que mantén o pulso a esta maldita pandemia. A esta cita acuden dous equipos da nosa escudería: Caeiro/Alonso e Pazos/Calvo.

Os Nosos equipos lucirán os dorsais 20 e 39. Con Pazos/Calvo no seu Ford fiesta R2, dorsal 20 e Caeiro/Alonso co Peugeot 106 GTi e dorsal 39. Pero sobre todo, lucirán un sentido homenaxe a Laura Salvo. #SorteRAPACES!

Miguel Caeiro no Rallye Terras da Auga.

Ollo este fin de semana en Arzúa co Rallye Terras da Auga do Campeonato de España de Rallyes de Terra: o CERT.

Como xa sabedes a lista de pilotos encabezada por Nasser Al Atiyah é espectacular… E no medio desa lista está o noso compañeiro Miguel Caeiro a bordo do seu Citroën Saxo preparado para Terra.

O copiloto habitual de Miguel, o amigo Sergio Iglesias, non pode asistir por motivos laborais, así que Ían Quintana acompaña a Miguel nesta aventura.

Cuntis na #SubidaOia2020

Aquí estamos de novo, a puntiño para disfrutar dunha nova proba do #CampeonatoDeMontaña! Antes de nada, un saúdo para o noso piloto Sergio Iglesias que por motivos laborais non pode acudir a esta cita coas carreiras. #AguanteMaestro!

Para esta edición da Subida a Oia 2020, enviamos a 2 representantes da Escudería Cuntis Vila Termal e a 3 amigos de Boiro (ollo coa xente do Mar que é brava coma as bestas de Sabucedo).

Estos son #OsNosos:

✓Miguel Caeiro. Dorsal #40. Peugeot 106 GTi. Agr4. Despois das boas sensacións na pasada #SubidaSaleta, volve para repetir a bordo do seu inseparable Peugeot. #DalleLumeMighel!

✓Marcos Maceiras. Dorsal #47. Citroën Saxo VTS. Agr4. Marcos ven de ganar na pasada subida á Saleta dentro da súa agrupación. Xa fai tempo que avisamos do potencial do noso Marquiños. Está motivado e pensa en disfrutar… E a nós iso, xa nos fai felices. #SentidoAnimal!

Os nosos pilotos compartirán carpa e experiencias con 3 amigos de Boiro que tamén se suman a esta aventura:

✓Santiago Herbón. #Dorsal33. Renault Clio Williams. Agr2.

✓Alex Otero “Vinteepico”. #Dorsal49. Citroën Saxo VTS. Agr4.

✓Javier Eiras. #Dorsal48. Citroën Saxo VTS. Agr4

Ánimo muchachos e a disfrutar!!!

Os nosos na Subida á Saleta 2020

Como sabedes, este fin de semana, celébrase a subida á Saleta, en Ourense. Se queredes toda a información sobre a proba, os accesos e demáis, recomendámosvos esta entrada na web de GzRally.com <<<<

Imos ó noso: Temos 3 representantes da nosa escudería nesta nova edición dunha proba do Campeonato de Montaña. E ademáis todos participan con vehículos prácticamente iguales e da mesma Agr4.

6141072e-01fa-4054-888e-574b645bf4fe

DORSAL #42. Sergio Iglesias. Citroën Saxo VTS. AGR4. Non sabemos se o noso Sergio irá ó cumpleanos da súa tía… pero o que sí sabemos é que disfrutará e fará disfrutar a todos a bordo do Saxo VTS co que xa se estrenou como piloto en varias probas de montaña do campeonato 2019. #EsoAunhaTíaNonSeLLeFai! #PásaoBenAnimal!

DORSAL #45. Marcos Maceiras. Citroën Saxo VTS. AGR4. O noso Marquiños volve ás andadas no seu Saxo, nunha subida que promete ser en seco e cun asfalto en boas condicións. Conta as súas últimas aparicións neste campeonato con podiums, así que estaremos moi atentos ós seus resultados. #QueimalleOelectrodo!

DORSAL #48. Miguel Caeiro. Peugeot 106 GTi. AGR4. Miguelón (porque é grande en tódolos aspectos), regresa por fin a unha proba de asfalto con ese 106 que tanto nos gusta polo seu sonido e que por fin foi reparado despois do grave accidente do ano pasado no Rallye da Mariña. Atentos a Caeiro porque ganas non lle faltan.  #VaiteÓxeitoMiguel!

DORSAL #41. Alex Otero. Citroën Saxo VTS. AGR4. Tamén coñecido por “Vinteepico”, según o maestro Tranganillo. Este membro da famosa Escudería Berberecho, ven hoxe á Saleta baixo a carpa da nosa Escudería. E ben contentos que estamos! Alex: pola nosa zona hai dous ditos: “Xente de Cuntis, tropa do carallo…” e “Cos de Cuntes, non te xuntes”. Eu xa cho dixen… ti fai como vexas.

72750168-b585-4069-ba5d-dce267e3ccf8.jpg

Preséntase unha boa fin de semana de carreiras en compañía de todo o Staff Técnico da Escudería Cuntis Vila Termal: o comisario Tranganillo, o chispas Adrián e demáis ralea dispoñible… incluso as promesas Lucas e Candela darán consellos ós nosos pilotos. #Gósalo!!

PD: tranquilos, que así non quedo…  a psiquiatría avanzou moito nestos últimos anos.

INFO IV RALLYMIX CUNTIS VILA TERMAL

APLAZADO!

Screenshot_20200312-194033

Nesta entrada atoparás toda a info necesaria para poder disfrutar do noso IV RallyMix. Comezamos!

O IV RallyMix Cuntis Vila Termal, celébrase en Cuntis – Pontevedra, os días 14 e 15 de marzo. Esta modalidade caracterízase por ter un único treito donde se mezclan terra e asfalto (70%-30%) e polo que se fan 5 pasadas; 3 o sábado e 2 o domingo.

En breve colgaremos os horarios. De momento, deixámosvos os accesos a treito (tramo), para que poidades ir estudiando o lugar no que queredes disfrutar deste IV Rallymix, no que por certo, están convidados os irmáns Jan e Nil Soláns.

 

ACCESOS TREITO:

Se picas nos enlaces, levarante a GOOGLE MAPS.

A: Parque de traballo: Rúa Xohán Xesús González.

A: Entrega de trofeos o Domingo ás 16:00h (horario aproximado)

B: Acceso a treito por Noval.

C: Acceso ó tramo por A Bragaña.

D: Acceso a treito por A Igrexa.

E: Acesso a treito por Guimarei.

 

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑