Rallye Ourense Ribeira Sacra 2018

Atrás queda, esta última edición do Ribeira Sacra. Unha proba que nos deixou un regusto agridoce, sobre todo se falamos da dupla formada por Pazos / Calvo e o seu Fiesta R2. Pero no caso de Caeiro / Iglesias, estamos súper contentos co seu resultado e os tempos logrados. Caeiro vai ganando confianza e iso nótase (recordemos que é o seu primeiro ano como piloto). Final:  POS 36 XERAL. 6º Copa AMF.  Noraboa rapaces! Aquí vos deixamos o vídeo da cámara a bordo de Miguel e Sergio no tramo de Vilanova – Luintra. 

E agora imos con Pazos / Calvo:

Para estes dous amigos, o rallye empezaba complicado: despois do golpe no pasado Botafumeiro e a falta de 4 días para a proba ourensana, o Fiesta aínda non estaba completamente montado (retrasos nos envíos das pezas).  Nesa mesma semana, xoves pola noite e co coche xa alineado, tiveron problemas cos palieres e as cunas. Probando o coche, rompe de novo un palier… montan outro de serie e alinear de novo, por certo, en Talleres Bugallo, Moraña. O venres, xa en Ourense, un dos amortiguadores traseiros e sen baixar o coche do camión,  queda sen aceite… e era completamente novo! para sair do paso, tiveron que montar outro de serie. Con ese amortiguador de serie enfrontanse ó tramo do venres e conseguen o mellor tempo da súa Agr. e tamén da copa Top Ten B.

A sorpresa chegou no control horario:  non engranaba ningunha marcha.  Coche á grúa e para as asistencias.  Santi Herbón, David Calvo, Toño Gonzalez “Tranganillo” e José Antonio, desmontan o cambio por completo e conseguen poñer o Fiesta a punto ás 3:30 da madrugada.  Aquí vos deixamos a foto:

42501489_2442903492394434_5396829632391544832_n

Sábado pola mañá saen con 30″ de penalización que conseguen remontar nos dous seguintes tramos… pero no terceiro, salta de novo a sorpresa: avería eléctrica. Perden 14 min. 

Continuaron loitando e remontaron todo o que puideron. Despois de estar últimos na clasificación, seguiron marcando primeiros e segundos na súa Agr. e copa, pero de pouco serviu. A día de hoxe o coche está no taller para loitar de novo en Lugo. Estos dous débennos un podium bonito… pero son coma os Lannister de Juego de Tronos: “Siempre pagan sus deudas”

Vémonos en Lugo!

 

7° Rally Ourense Ribeira Sacra.

Imos falar dos nosos representantes no Ribeira Sacra, pero antes deixádenos recordar un par de detalles, porque a pasada fin semana foi moi intensa: Tivemos varios representantes na Subida á Escusa (Miguel Caeiro e Iván Sangiao) e tamén no RallyMix da Gudiña (Abraham Duarte e Francisco Sanmarco/Julio Rodríguez). Ademáis temos que celebrar dous 3° postos:

✓Abraham Duarte. Pos 3° Agr1 no RallyMix da Gudiña.

✓Iván Sangiao. Pos 3° Agr4 na Subida á Escusa. Noraboa mozos!

E agora centrémonos no #RallyRibeiraSacra. Desta volta mandamos a dous equipos:

✓Pazos/Calvo. Dorsal 10. Ford Fiesta R2. Agr3. Copa Pirelli Top Ten B (menos de 1.6l). Saen a defender o liderato despois do abandono no ansiado Botafumeiro.

✓Caeiro/Iglesias. Dorsal 54. Peugeot 106 GTi. Agr4. Copa Pirelli AMF. Siguen en periodo de adaptación. De feito, Caeiro participou na Subida á Escusa e fixo moi bos tempos. Quedou 6° da súa agrupación.

Estaremos pendentes ós tempos e publicaremos os resultados nas nosas contas de Twitter e Facebook. #LumeNejro!

 

 

 

Blog en WordPress.com.

Subir ↑